31/7/09
CONVOCATORIA CONXUNTA GRUPO MOTOR E COMISIÓN (GAP).
CHARLA INFORMATIVA EN DONIÑOS SOBRE OPs.
sobre os orzamentos participativos convocada
para mañá en Doniños polas entidades veciñais
O encontro celebraráse a partir das sete da tarde
no local social da Asociación San Román de Doniños
Ferrol, 31 de xullo de 2009.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, anunciou esta mañá que o local da Asociación San Román de Doniños acollerá mañá sábado unha charla informativa sobre o proceso de orzamentos participativos.
Neste contexto, o responsable das políticas participativas da Administración local avanzou que na xuntanza participarán representantes das Asociacións San Román de Doniños, Xunta Veciñal de Doniños e a Asociación O Prioriño, integrantes todas elas do Grupo Motor.
Máis polo miúdo, o edil de Participación destacaba o relevante traballo que están a facer as entidades veciñais na divulgación dos orzamentos participativos a través do buzoneo nas vivendas da parroquia. Tamén a través dun proceso de sensibilización entre a veciñanza.
Finalmente, Manuel Santiago destacaba que a participación cidadá constitúe un dos eixos da acción do goberno que lidera Vicente Irisarri. Un modo de incorporar dun xeito activo as voces da cidadanía na toma de decisións.
30/7/09
XUNTANZA E DOCUMENTO DA COMISIÓN.-
29/7/09
DOCUMENTO DA COMISIÓN DE CONTROL PARA O SR. ALCALDE.
A Comisión de Control Cidadá Provisional, reuniuse este Martes, día 28 de Xullo ás 7, 30 horas da tarde, co obxecto de debater e analizar os resultados derivados do proceso do Regulamento de Participación Cidadá.
Debemos mencionar que os homes e mulleres que traballan desde hai mais dun ano na elaboración de todos os procesos de Participación Cidadá, son na súa maioría membros do tecido asociativo os cales están realizando un esforzo altruísta e continuado co único fin de dotar a cidadanía de Ferrol dun instrumento de alto valor social; A DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.
Sr. Alcalde, querémoslle expresar a nosa queixa e malestar motivada a unha falta de rigor na aplicación do verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ ante a cal débense requirir a disposicións de máis medios humanos e materiais co fin de lograr unhas óptimas condicións.
Mediante este documento, os membros da Comisión de Control Provisional, demandámoslle un maior compromiso do goberno que Vtde. lidera co fin de optimizar os recursos necesarios.
Con este Documento, a Comisión de Control está demandando que se cumpran varias iniciativas e compromisos contemplados no propio Regulamento, ademais doutras propostas que consideramos necesarias.
1 .- Reivindicamos unha maior atención para o proceso de Participación Cidadá, sobre a cal emanará todos os procedementos como son os Orzamentos Participativos deste ano 2009 e un Regulamento Xeral de Orzamentos definitivo. Para este último haberá unha CONVOCATORIA SOCIAL , despois do verán, co fin de avalialo e debatelo.
2 .- Entendemos que a PARTICIPACIÓN CIDADÁ debe ser CONVOCADA cando concorra calquera nova ORDENANZA de ámbito social, como ocorre na actualidade coa Ordenanza de Limpeza, Plan Urban ou Turismo.
3 .- DOTAR de máis PERSOAL CUALIFICADO a oficina de Participación Cidadá e abrir unha Oficina de Atención a cidadanía.
4 .-Cumprimento do acordo de celebracións de Xornadas Formativas para políticos, funcionarios e cidadanía.
5 .- Comezar as xestións oportunas para poñer en marcha o VALEDOR DA CIDADANÍA.
6 .- Nomeamento oficial das persoas que conforman a actual COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO REGULAMENTO.
7 .- Apertura inmediata do prazo de solicitudes de Subvencións deste ano 2009, compromiso de 60.000 €, para as actividades das entidades veciñais.
8 .- Incorporación das persoas que formaron parte do GAP NOS Grupos Motores das experiencias piloto dos Orzamentos Participativos.
Ferrol a 28 de Xullo de 2009.
- SR. ALCALDE –PRESIDENTE- CONCELLO DE FERROL.-
REPRESENTANTE DA A.VECIÑAL DE CARANZA DENUNCIA CRITICA APLICACIÓN DOS OPs.
Concello de excluílas do proceso
REDACCIÓN >FERROL
27/7/09
CRÍTICA DE EU - ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.-
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O CARÁCTER INTERVENCIONISTA E BUROCRATIZADOR DO BORRADOR DE AUTORREGULAMENTO DE OP,S.
A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL, YOLANDA DÍAZ, CONSIDERA INDISPENSABLE PROPICIAR A MEIRANDE PARTICIPACIÓN E PLURALIDADE NA ELABORACIÓN DO DEVANDITO AUTORREGULAMENTO.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera necesario diante da elaboración do autorregulamento para os Orzamentos Participativos ( OP,s ) o propiciar a meirande participación na súa elaboración nun traballo feito co eixo director de involucrar a todas e todos os veciños. Esquerda Unida quere unha participación tan plural como o é a nosa sociedade.
Esquerda Unida, que fai da participación cidadá un sinal chave dos procesos de transformación social e ampliación e profundización da praxe democrática, considera que a consolidación do proxecto piloto que vaise realizar nestes meses esixe que interveña no proceso toda a nosa cidadanía interesada, sen que se poida restrinxir porque se vaia realizar nuns barrios. O proceso ten que ser unha escola cidadá para todas e todos, porque o vindeiro ano teremos que estendelo ao conxunto da cidade, sinala Yolanda Díaz, Voceira do Grupo.
A cidade de Ferrol non se debe permitir o despilfarro de desaproveitar a experiencia e coñecemento adquiridos polos integrantes do GAP que ao longo de ano traballaron na elaboración do Regulamento de Participación Cidadá. O noso Grupo Municipal quere insistir na valía e necesidade de incorporalos aos traballos de elaboración do autorregulamento.
Esquerda Unida reclama que o texto pase polo movemento veciñal e asociativo para que que sexa verdadeiramente participado. Temos a certidume que o traballalo van eliminar as reservas mentais que delata e o tortuoso camiño de trabas que se lle pon a participación no texto.
Esquerda Unida salienta o carácter desenfocado do documento: adícase unha parte excesiva para codificar os requisitos e tempos para se inscribir e para participar ( capítulo X ), cando apenas se avanza nos criterios que teñen que posuír as propostas veciñais para a súa priorización. Facilitar e incentivar a participación , non restrinxila ou dificultala, subliña a Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz.
Estas anotacións que fai Esquerda Unida teñen un único obxectivo: axudar a que o proceso piloto saia ben e non se trunque polo descoñecemento ou polos medos sen fundamento.
26/7/09
AVALIACION DAS CIDADES
españois con menor nivel de transparencia.
DAVID RUIBAL GARCÍA > FERROL
25/7/09
PROCESO ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.-
O goberno local organiza o proceso
para os orzamentos participativos
REDACCIÓN > FERROL
21/7/09
Regulamento Orzamentos Participativos
Como grupo de traballo relativo ao proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá, e en resposta á vosa demanda de ser coñecedores/as e parte activa doutros procesos (en especial dos orzamentos participativos), achegamos o borrador de Regulamento de Orzamentos Participativos.
Este documento foi traballado polo "grupo motor", no que están representados/as veciños/as a título particular e asociacións de diversa natureza (veciñais, de mulleres, culturais, comerciantes...) dos 5 barrios nos que se comeza a experiencia piloto (San Xurxo, Doniños, Santa Mariña do Vilar, San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira - O Bertón). Asimesmo, difúndese tamén entre a oficina técnica (persoal técnico representativos das 6 áreas funcionais do concello) e os 5 grupos municipais. Durante as primeiras asembleas de diagnóstico que se van a realizar no rural (San Xurxo-Doniños) e no urbano (3 barrios) o borrador será validado.
Está pendente perfilar o papel do GAP (reunión este mércores) como seguimento aos procesos de participación e o papel dos grupos políticos (xa que foi cancelada a sesión de traballo con eles por motivos da súa axenda). De todos modos, o espazo das asembleas está pensado para aportar ideas (con outras persoas/entidades "alleas" aos barrios), igualmente a fase de recollida de propostas cidadás está aberto a persoas non empadroadas ou traballadoras dos barrios.
Podedes aportar as vosas suxestións con anterioridade á celebración das asembleas, para optimizar o tempo destes espazos. Falamos máis polo miúdo de todos estes temas (sería convinte nunha sesión específica para poder centrarnos o mércores nas fases pendentes do Regulamento)
Un saúdo,
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
Cambio de data_Regulamento Participación Cidadá
Debido a que diversas entidades non poden asistir o xoves 23 á reunión do Regulamento, adiantamos a data para o mércores 22 ás 20,00 horas; na sala de recepcións, 1º andar do concello.
- A proposta da orde do día é a seguinte:
- Fase de achegas (unha vez aprobado inicialmente o RPC no pleno o pasado día 9).
- Foro cívico, comisión de seguimento e papel do GAP.
- Accións de comunicación.
Área de
Participación
Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en
Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º
andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 /
Móbil:696.112.691
20/7/09
CONCELLEIRO DE PARTICIPACION CIDADÁ.-
¿ Cre que a experiencia dos orzamentos participativos terá continuidade máis aló deste mandato?
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - GRUPO MOTOR
Un grupo motor impulsará no verán
os orzamentos participativos
O que diferencia aos Orzamentos Participativos de Ferrol doutras experiencias similares é que os veciños poden formular proxectos relacionados con calquera das áreas do Concello: Obras, Benestar, Cultura... Ademais, estes serán prioritarios entre as actuacións do Concello.
14/7/09
HISTORIA - INTERVENCIÓN PLENO- 27 OUTUBRO-08
Ferrol 27 de outubro de 2008.
Sr Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, veciñas e veciños de Ferrol, ¡ Boas tardes ¡.
No nome das nove entidades que solicitamos intervir neste Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol ( AV de Caranza, AV O Rosario-Inferniño, AV de Covas, AV Prioriño, AV San Pablo de Catabois, ADEGA, Ateneo Ferrolán e AV de Esteiro- Fontelonga), queremos DEMANDAR a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha por este Concello de Ferrol desde a Concellería de Participación Cidadá no presente ano 2008.
Hai máis entidades que xa nos amosaron o seu apoio como a Xunta Veciñal de Doniños, AV de Valón, AV San Salvador de Serantes, AV da Zona Centro e a Asociación Cultural "Lefre de Caldereta" e outras máis o irán facendo ó longo da semana.
Non vimos a ser portavoces de ningún grupo político, non vimos a censurar nin a atacar a ningún grupo municipal, todos eles nos merecen o maior respecto .
Vimos, exclusivamente, a que se recoñeza o traballo que vimos desenvolvendo, de maneira consensuada, desde o mes de maio na elaboración dunha ferramenta de participación cidadá: O novo Regulamento, e agardamos que hoxe non sexa o día no que no Concello de Ferrol morra ou se mate, por intereses partidarios, a participación cidadá .
DEMANDAMOS dos cinco grupos municipais o apoio ó proceso de participación cidadá e agardamos que Vostede, sr. Alcalde, faga o mesmo.
Non se converta vostede, sr Alcalde, na persoa que desde a Alcaldía de Ferrol, matou a participación do tecido asociativo da cidade na vida municipal, sería para vostede, sr Alcalde, un triste logro..
Se algún grupo municipal pretende utilizarnos no seu favor, está fondamente trabucado.
Se algún medio de comunicación, como sucedeu o sábado e o domingo, ve no noso comportamento e nas nosas demandas algún apoio á algún partido político, trabúcase moito máis.
So vimos aquí a demandar que os partidos políticos cumpran o que prometen nas campañas electorais: Gobernar para os cidadáns e as cidadás e sobre todo cos cidadáns e as cidadás.
Non vimos aquí a cuestionar a lexitimidade dos grupos municipais, nin moito menos os queremos suplantar, pero queremos que se aprobe urxentemente o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, elaborado e consensuado por máis de 70 entidades asociativas e por cidadáns e cidadás a título persoal, que fomos quen , por riba das nosas moitas maneiras de ver a vida , de chegar a un documento de todos e de todas, documento que , previo informe xurídico do Secretario Municipal, foi apoiado polos grupos municipais na xuntanza que mantivemos con eles.
Queremos que se poñan en marcha as asembleas de barrio e de parroquia.
Queremos que se poñan en marcha os consellos sectoriais.
Queremos que se poña en marcha o Consello da Cidade e o Valedor Veciñal.
Queremos que se poida intervir nos Plenos e nas Comisións Informativas.
Queremos, sobre todo, no 2009 que se poñan en marcha os Orzamentos Participativos, que unha experiencia piloto nun barrio ou parroquia ou nunha área de goberno municipal poña en marcha os orzamentos participativos.
Como saberán vostedes no veciño concello de Fene, vano facer con 240.000 euros, 120.000 na parroquia de San Valentín e 120.000 na parroquia de Sillobre. En Ferrol a cantidade terá que ser sensiblemente maior.
Non dubide, sr. Alcalde, de que chegaremos a un acordo de en que barrio ou en que parroquia se fai a experiencia piloto, nós sabemos e queremos o consenso e xa o temos demostrado ó longo do proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.
Agardamos e demandamos dos Grupos Municipais, e sobre todo de Vostede sr. Alcalde, que hoxe non se aprobe un Regulamento de Administración e Goberno do Concello de Ferrol, que vaia contra o proceso participativo, nin contra o froito dese proceso o Regulamento de Participación Cidadá, deixando baleiro de contido e convertendo en papel mollado.
Se isto sucedese, sr Alcalde, se hoxe morre ou matan a participación cidadá, saiba Vostede que o tecido asociativo non imos ficar nin mudos e moito menos imos ficar quedos.
Nós non nos pronunciamos sobre quen ten que gobernar a cidade, non é a nosa competencia.
Nós demandamos a continuidade da participación cidadá na vida municipal de Ferrol.
Nós tamén formamos parte da cidade e colaboramos día a día na construción da mesma, no noso tempo libre, restandoo das nosas afeccións e roubándollo ás nosa familias , con moito esforzo e de maneira gratuíta, como non pode ser doutro xeito.
O tecido asociativo non pode ser só o río no que pescan os partidos políticos cando conforman as súas candidaturas as eleccións municipais, non somos entidades de usar e logo tirar, somos e temos vocación de ser moito mais.
Somos o tecido asociativo máis importante e máis vivo de toda Galicia e sempre que nos deixan ou nolo piden estamos dispostos a participar co noso traballo e co noso esforzo.
Non hai moitos días, sr Alcalde, e neste mesmo Salón de Plenos do Concello de Ferrol, Vostede recoñecía o importante labor desenvolvido por moitas entidades asociativas na elaboración do Plano Estratéxico de Servizos Sociais de Ferrol, posto en marcha desde a Concellería de Benestar Social, foron moitas horas, moito traballo e moito esforzo. Que non se pretenda hoxe deixarnos mudos.
Nun sistema democrático os comportamentos ególatras, irrespectuosos e "caudillistas", están fóra de tempo e de lugar, Ferrol non os precisa e nós nin os practicamos nin os toleramos.
Queremos, xa para rematar, DEMANDAR dos Grupos Municipais do Concello de Ferrol, que non aproben ningún Regulamento de Administración e Goberno, que limite, menosprece ou minusvalore a participación cidadá.
DEMANDAMOS para o exercicio do 2009 orzamentos participativos, cunha partida económica importante.
DEMANDAMOS a aprobación e posterior desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá , elaborado, de maneira consensuada e sen ningún dirixismo político, polo tecido asociativo.
Agardamos que os cinco Grupos Municipais aposten decididamente pola participación cidadá e agardamos que Vostede, Sr Alcalde, faga o mesmo.
¡ Moitas grazas !
Xosé Miguel López Pérez, en nome do GAP
HISTORIA DO GAP -
Antecedentes ...
Xosé V. Gago
O defensor, unha figura similar á existente en concellos como Selecta, Málaga ou Parla, será elixido polo pleno por un período de ata cinco anos, será veciño de Ferrol e a súa misión consistirá en asesorar, mediar e intervir nas relacións entre os cidadáns e a administración local de Ferrol.
O defensor poderá investigar «actos ou condutas municipáis» que afecten a persoas ou grupos cidadáns, dirixir recomendacións e recordar deberes ao persoal cidadán e os seus superiores para «corrixir actos inxustos» ou lograr melloras nos servizos municipais, emitir informes a petición do pleno local e divulgar os resultados das súas investigacións e o informe anual sobre o funcionamento da institución.
O borrador tamén consagra a obrigación do Concello a responder aos escritos dos veciños, a posibilidade de que estes interveñan no pleno e a creación de tres órganos, aos que hai que sumar os xa existentes consellos sectoriáis.
Tres novos organismos
O primeiro novo organismo son as asembleas de barrio, que se reunirán catro veces ao ano, estarán presididas por un membro do goberno local e a elas poderán acudir todos os veciños maiores de 16 anos do barrio ao que se circunscriban.
O segundo organismo son os foros cívicos, que debaterán asuntos relacionados con máis dunha concellería e redactarán informes e propostas sobre a materia á que estean dedicados e fiscalizarán o seu cumprimento. Estarán formados por representantes das concellerías e asociacións veciñais afectadas polo tema do foro.
Para rematar, o Consello da Veciñanza estará formado por representantes de todos os partidos, as asembleas de barrio e os consellos sectoriais. Estará presidido polo alcalde.
A normativa tamén consagra a iniciativa popular. Os veciños poderán presentar propostas ao pleno, previo paso pola Secretaría Xeral do Concello, se van asinadas por polo menos do 10% da poboación empadroada con máis de 16 anos, unhas 6.700 persoas.
HISTORIAL - CREACIÓN DO GRUPO DE ANÁLISE E PROPOSTAS (GAP)
Javier Galán crea o Grupo de Análise e
A Concellería prevé a aprobación do documento polo pleno no mes de xuño.
O proceso de elaboración e definición do futuro Regulamento de Participación Cidadá entrou esta semana nunha segunda fase ao constituírse a comisión de seguimiento –integrada por representantes dos partidos políticos con presenza na vida municipal– e o Grupo de Análise e Propostas (GAP), que hoxe mércores, 28 de maio, quedará configurado no Concello polo tecido asociativo.
O avance foi presentado onte pola mañá polo titular do área, Javier Galán, cara ao compromiso de que o regulamento sexa unha realidade no próximo mes de xullo, cando o aprobe o pleno da corporación municipal.
Ao longo das últimas semanas, a empresa contratada para estudar as necesidades do entramado asociativo ferrolán procedeu á realización de entrevistas e reunións cun total de 18 entidades. Ábrese agora un período no que, tras colgarse na web do Concello a proposta de regulamento, o conxunto de entidades asociativas poderá realizar aportacións e alegacións cara á definición do documento.
O edil subliñou onte o "entendemento" entre os partidos políticos que xa se evidenciou no marco da creación da comisión de seguimento. "Se está na idea de chegar a un punto de encontro, a pesar de que hai diferentes formas de entender a participación", dixo.
Reunión no Concello - A constitución do GAP é, a partir de agora, o elemento de referencia do proceso que ten que conducir ao achegamento ás entidades da propia actividade municipal.
Para isto están convocadas este mércores, a partir das 20.00 horas, no salón de plenos do Concello.
O conxunto do seu traballo ten que dar os seus froitos o 19 de xuño, data na que concluirá o prazo para as aportacións á proposta do Regulamento de Participación Cidadá.
O paso final abordarse entre o 20 e 21 do mesmo mes, coa celebración dunha asemblea cidadán para ratificar o texto.
Habilidades participativas -A outra gran fronte de referencia no traballo atinxe ao personal municipal e mesmo aos responsables políticos.
Javier Galán concretou así que entre os días 5 e 6 de xuño abordaránse nunhas xornadas a realización dun programa encamiñado a potenciar as "habilidades participativas" de ambos os dous colectivos.
Proposta
Entre outros aspectos, o borrador do regulamento aborda cuestións relacionadas cos dereitos dos cidadáns en materias como a información, a audiencia pública ou a intervención nos plenos, así como a creación de órganos que contribúan a canalizar a súa participación na vida pública mediante consellos sectoriais, asembleas de barrio, foros cívicos ou o Consello da Veciñanza.
Concellaría Participación Cidadá.-
--
11/7/09
PRENSA - OPINION DE YOLANDA DÍAZ.-
PARTICIPACIÓN
Adiante imos, sen medo, para facer realidade en Ferrol a utopía posible da democracia participativa.
PRENSA - ENTREVISTA CONCELLEIRO PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-
«O proceso ábrese a todos, non só aos
movementos asociativos»
O socialista Manuel Santiago tomou en outubro do ano pasado a testemuña de EU para levar a bo porto o regulamento de participación cidadá que antonte aprobou a corporación local por unanimidade de todos os partidos.
-O pleno de Ferrol deu esta semana un gran paso cara á participación, pero ¿cal é agora a maior prioridade?
-Todo é prioritario porque non queremos que o regulamento quede en papel mollado. Pero o primeiro é reunir un foro cívico para comunicar o proceso. É certo que na súa elaboración traballaron unha chea de asociacións e veciños, pero non todos os 75.000 habitantes de Ferrol.
-Do mesmo xeito que no caso dos orzamentos participativos, o proceso do regulamento ábrese a todos os veciños, non só aos movementos asociativos. E queremos que todos teñan a oportunidade de achegar cousas.
-¿Van realmente por separado os orzamentos e a participación cidadá?
-¿Onde lle gustaría ver o proceso nun futuro inmediato?
-Quixese que nun par de anos estean consolidados en toda a cidade os orzamentos participativos.
PRENSA - DIFERENTES ORGANOS E MECANISMOS DO REGULAMENTO.
Comisión de suxestións- Asembleas de barrio -
Consellos sectoriais - Foros cívicos-
Consello da veciñanza .-
Os veciños terán un abanico de recursos para estreitar o control
á actividade política.
O Regulamento de Participación Cidadá dá vida a media ducia
de órganos civís
O proceso de participación cidadá superou un punto sen retorno. «¡Xa non hai marcha atrás!», sentenciaron políticos e entidades durante a aprobación inicial do regulamento, no pleno extraordinario do pasado xoves, para mostrar o seu desexo unánime de avanzar na democracia «do século XXI».
Trátase dun proceso complexo que non fixo máis que empezar. «Puxemos unha primeira pedra», sinalaba onte respecto diso o concelleiro de Participación Cidadá, o socialista Manuel Santiago, pero queda aínda por finalizar a construción desa estrutura que ten, como finalidade, aumentar a intervención dos cidadáns na vida pública.
Superado o pleno do xoves, a vía administrativa prosegue agora coa exposición pública do regulamento e, de non existir alegacións a ese documento, levará novamente ante os membros da corporación para ser aprobado definitivamente.
Agora, tanto o Concello como o Grupo de Análise e Proposta no que participaron ata setenta entidades ferrolás de todo tipo para redactar o documento, seguirán desenvolvendo os órganos que contempla ese regulamento, que establece ata media ducia de recursos aos que todo veciño poderá acudir para exercer os seus dereitos ante a administración local.
A figura do Foro Cívico é un recurso que xa foi utilizado durante o proceso de redacción do regulamento de participación cidadá. Trátase dunha convocatoria xeral á cidadanía que servirá de órgano de debate e formulación de propostas, ademais de ofrecer un seguimento de todos os procesos ou da execución, por exemplo, dos orzamentos participativos.
O Valedor foi tamén a figura máis cuestionada durante os últimos meses, xa que foi necesario solicitar informes xurídicos á Federación Española de Municipios e Provincias para determinar o método de elección dese novo cargo.
PRENSA - MEMBROS DO GRUPO DE ANALISE E PROIPOSTAS PRESENTAN O NOVO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-
«Os vintecinco representantes da cidadanía cremos neste proceso, fe neste regulamento e todos estamos convencidos do que imos facer para que isto funcione». Con esta intervención deu onte o alcalde por finalizado o pleno no que, en palabras do concelleiro da área, Manuel Santiago, «por consenso total» de políticos e cidadáns, deuse aprobación ao novo regulamento de participación cidadá; un documento, apostilou, «do século XXI».
A sesión comezou cun discurso acordado polo grupo redactor do regulamento e no que os representantes veciñais Xosé Miguel López Pérez e Xosé Manuel Sanxoán Caamaño celebraron «a aposta pola democracia participativa» que onte levou á súa máxima expresión o Concello de Ferrol.
Aínda que tamén criticaron que ese documento «estivo paralizado durante meses polo Secretario».
Nun liña filosófica paralela, o portavoz do PP, José Manuel Rei Varela, destacou que «debemos ser rebeldes contra o pensamento único» e avisou de que «non chega con aprobar un regulamento, senón que é fundamental escoitar ás persoas».
Tamén Juan Fernández (IF) e Elia Rico (BNG) mostraron o seu apoio ao documento, o terceiro do que dispón Ferrol desde que, en 1986, púxose en funcionamento «un dous primeiros de España», remachou o edil Manuel Santiago.
Ao termo da sesión, o secretario municipal explicou que o seu primeiro informe fora emitido o 12 de marzo deste ano. «Había sete irregularidades e quedaron en unha», dixo. Pero, en calquera caso, ese regulamento, argumentou, «estivo na miña mesa só tres meses».
O comité de Urbaser solapó os primeiros minutos do pleno cunha protesta laboral.
-La Voz de Galicia.-
PRENSA - INTERVENCION PLENO- REGULAMENTO
Diario de Ferrol.-