É un proceso que non ten marcha
atrás goberne quen goberne?
O concelleiro de Participación Cidadá, Manolo Santiago, afirma que o proceso de participación veciñal que se está xestando na cidade cos orzamentos participativos e o novo regulamento, ?non ten referencia en Galicia e está á vangarda no conxunto de España?.
¿ Cre que a experiencia dos orzamentos participativos terá continuidade máis aló deste mandato?
O proceso non ten marcha atrás e agás que sexan os propios veciños os que deixen que decaiga é irreversible, goberne quen goberne nun futuro o Concello. Estamos pasando da democracia representativa a través dos partidos políticos á da participación de todos.
Teme que o movemento asociativo senta desprazado no seu papel de interlocutor co Concello ao ser os veciños a título individual os que decidan que se fai co diñeiro?
Todo o contrario. Este proceso reactivarao e será unha oportunidade para implicar aos veciños na vida do barrio e facilitar a renovación destas entidades. É unha oportunidade para que as asociacións se revitalicen e as directivas non se anclen á cadeira. Ademais, este proceso tende a facilitar que os veciños se coñezan entre si coa súa participación nas asembleas.
¿ O regulamento e os orzamentos participativos, que cambios levarán no Concello?
Suporá un cambio no xeito de traballar da administración, que ten que modernizar a súa estrutura, sobre todo no que se refire á atención aos veciños. Temos a necesidade de facer reformar, pero hai que ir paso a paso e non atropelladamente porque non é un proceso dun día nin dun ano. Unha das novidades ás que leva esta proceso é a implantar nun futuro unha oficina única de atención cidadá, para que as persoas que se dirixen ao Concello non teñan que deambular polos despachos.
¿ Haberá algunha campaña durante o verán para dar a coñecer os orzamentos participativos?
Faremos un buzoneo nos domicilios e, nas parroquias rurais seleccionadas para esta primeira experiencia, aproveitaremos as festas patronais para informar sobre a mesma. Creo que será un xeito novo de facer chegar a todos os veciños esta iniciativa.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario