29/2/12

Convocatoria cidadá.-


COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO R.P.C.


CONVOCATORIA TECIDO ASOCIATIVO.-

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), órgano nomeado polo Pleno Municipal ten a función e responsabilidade cidadá de implantar os órganos do Regulamento de Participación Cidadá así como impulsar os procesos participativos e actualizar os concellos sectoriais.

Dende o pasado día 30 de Novembro celebrouse un FORO CÍVICO no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero cos resultados xa coñecidos, esta Comisión de Control decide celebrar reunións co tecido asociativo e os grupos políticos da oposición.

A xuntanza co tecido asociativos, colectivos e persoas individuais fixémola o pasado día 9 de Febreiro co resultado de ampliar a unha segunda convocatoria masiva a todo o movemento asociativo e colectivos para o día 29 de febreiro.

Outra xuntanza foi cos grupos políticos da oposición (PSOE, EU, BNG) este pasado día 16 de febreiro na casa do concello.

Os análises da situación actual dos procesos participativos coinciden en cualificalos como moi grave posto que a participación cidadá tal e como a concibimos non existe. Lembramos que pedimos a intervención do Sr. Alcalde para apartar desta concellaría de Participación Cidadá ao actual titular, Sr. Vilariño.

Denunciamos a constante NEGATIVA deste concelleiro de Participación Cidadá en facilitar os informes técnicos ante os repetidos requirimentos que reclaman a Comisión de Seguimento dos OP,s-2009 e a Comisión de Seguimento dos OP,S-2010, polo que sería moi grave que o goberno suprimira, alterara ou modificara as PROPOSTAS aprobadas pola ASEMBLEA de CIDADE celebrada o pasado 18 de Decembro-2011.

Facemos responsable ao Concelleiro de Participación Cidadá, Sr. Vilariño, de apropiarse e usurpar a Democracia Participativa, usurpando e privando o desenvolvemento da Participación Cidadá e a falta de consignación presupostaria dos Orzamentos Participativos.

Esta Comisión de Control Provisional do RPC, acordamos facer unha CONVOCATORIA a todas as entidades socias, veciñais, colectivos e persoas co obxecto de manter unha reunión o vindeiro mércores, día 29 de Febreiro ás 20 h. no local da Asociación veciñal de Esteiro.


Ferrol, a 20 de Febreiro de 2012.


- A Comisión de Control.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario