3/3/12

EU - Crítica política á Participación Cidadá.-

Esquerda Unida demanda transparencia

e democracia nas asembleas de barrio .

Sábado, 03 de Marzo de 2012.
 redacción > ferrol .


O grupo municipal de Esquerda Unida demanda ao goberno un "xiro radical" no que se refire ás políticas de participación cidadá. EU asegura que están bloqueadas no seu desenvolvemento, sen información de cara á cidadanía e cun "dirixismo atroz" por parte do goberno.

Por estas razóns, o edil Javier Galán demanda "garantías, transparencia e democracia" como elementos que deben configurar o tempo da participación cidadá.

Así mesmo, Galán advirte de que vai fiscalizar nas próximas comisións a situación dos acordos da asemblea de cidade que se organizou o pasado 18 de decembro-2010, xa que a súa agrupación entende que é indispensable facer un seguimento exhaustivo das actuacións que o PP leva a cabo neste ámbito.

O grupo municipal de EU critica que o goberno local néguese a "manter un diálogo e colaboración coa Comisión de Control provisional do Regulamento de PC, que é a expresión elixida para de xeito transitorio coordinar as tarefas de desenvolvemento destas políticas".

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario