31/8/09

CONVOCATORIA OPs.-

-Estimados/as veciños/as,
O próximo mércores 2 de setembro ás 19,00 horas imos manter unha nova sesión no local social da A.VV. O Cruceiro de Valón.
Sería convinte que puidésemos avanzar sobre os seguintes puntos:
- Criterios de priorización de propostas en función do que traballou cada barrio e o GAP.
- Que órgano aproba o regulamento (intentaremos traer a esta sesión tamén as achegas dos diferentes grupos políticos)
- Datas das asembleas.
- Xestión dos locais sociais para depositar a ficha do rexistro de participantes.
Apertas,
Área de Participación Cidadá
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar.
15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691

28/8/09

GRUPO MOTOR - OPs.

Ferrol Venres 28 de Agosto de 2009

- Cidadáns e entidades decidirán quen

elixirá os proxectos dos orzamentos

REDACCIÓN > FERROL
As persoas maiores de 16 anos empadroadas nas zonas de Santa Mariña, San Pablo de Catabois, San Xoán, Doniños e San Xurxo, as que traballen ou teñan un negocio nestes barrios e as que sexan propietarias dalgún, local, terreo ou segunda vivenda nestas zonas poderán votar e valorar as propostas dos cidadáns de face a investir en determinados proxectos as contías dedicadas aos orzamentos participativos.
Estes acordos, adoptados xa o pasado 5 de agosto, ratificáronse na reunión mantida o pasado mércores en Valón e á que asistiron membros do Grupo Motor e representantes do GAP.
O edil Manuel Santiago explicou que se expuxo a posibilidade de incorporar criterios de priorización, un debate que estará aberto até o próximo 2 de setembro, no que cada barrio presentará as súas propostas.
Diario de Ferrol.-
-------------------------------------------------------------------------
Os veciños poderán votar nos orzamentos
participativos desde os 16 anos



Os representantes do Grupo Motor da experiencia piloto de orzamentos participativos que este ano ensaiarán nos barrios de Santa Mariña, San Pablo, San Xoán, Doniños e San Xurxo, así como os integrantes do Grupo de Análise e Proposta (formado por entidades de todo tipo, promotor e redactor do regulamento de participación) decidiron, nunha reunión durante a semana pasada os requisitos que se deberán cumprir para poder votar as propostas presentadas.

Nese sentido, e segundo anunciaron desde o Concello, terán dereito a voto aqueles veciños maiores de 16 anos que estean empadroados nas parroquias nas que se desenvolve o proxecto piloto. Tamén terán esa posibilidade quen traballasen ou tivesen un negocio na zona, así como os propietarios de locais, terreos ou segundas vivendas.

Ademais, propúxose priorizar dalgún xeito aqueles barrios que mostran maiores déficits.

El Concello convoca para esta tarde, ás 19 horas, unha reunión no local da Xunta Veciñal de Doniños para explicar todos estes puntos.
La Voz de Galicia.-

27/8/09

2ª CHARLA INFORMATIVA - DONIÑOS

2ª CHARLA INFORMATIVA.
-ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS-
-ANALISE DAS NECESIDADES DA PARROQUIA-
FALAN:
-María Fernández , Asoc. Mulleres Rurais de Doniños.
- Mª José Fernández, Asoc. San Román.
- Magdalena Gonzalez, Asos. Prioriño.
- Pilar Díaz, Asoc. Xunta Veciñal de Doniños.
Día 28 de Agosto, ás 7 h. da tarde,
no LOCAL SOCIAL
ASOC. XUNTA VECIÑAL DE DONIÑOS.

26/8/09

REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN PERIODO DE ALEGACIÓNS.

O Regulamento de Participación Cidadá

entra en fase de exposición pública.


O novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, que foi aprobado inicialmente no pleno do pasado 9 de xullo, entrou en fase de exposición pública, segundo publicou onte o Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A normativa, que regulará as relacións entre os veciños e a administración municipal, pode ser consultado no taboleiro de anuncios do Concello e tamén na páxina web municipal (www.ferrol.es).

Todos os interesados en presentar reclamacións e suxestións sobre o regulamento poderán facelo nun prazo de 30 días hábiles.
A normativa será logo debatida de novo polo pleno municipal, que procederá á súa aprobación definitiva para a súa posterior entrada en vigor.
La Voz de Galicia.-

24/8/09

Convocatoria Orzamentos Participativos - 26 Agosto-09

Estimados/as veciños/as;
Continuamos co traballo relativo ao proceso de Orzamentos Participativos; como sabedes na reunión do Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta, acordamos manter unha nova Xuntanza este Mércores 26 de agosto; será no local social da A.VV. do Cruceiro de Valón, ás 19, 00 horas.
Trataremos os seguintes puntos:
* Validar os acordos da última reunión e pechar o borrador do Regulamento de Orzamentos Participativos 2009, determinando quen valida o documento (Grupo Motor e GAP) e/ou Asemblea.
* Datas da planificación ou plano de traballo.
Unha aperta,
Área de Participación Cidadá E DEPORTES

Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá

Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol

Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691

participacion@ferrol.es

7/8/09

REUNIÓN GRUPO MOTOR OPs + COMISION PROVISIONAL RPC


Os orzamentos participativos ábrense

a toda a cidadanía.







A reunión, no local social de Valón, congregou ao grupo motor e ao antigo Grupo de Análise e Propostas.






D. A.
REDACCIÓN > FERROL
O local social de Valón acolleu o pasado mércores unha reunión sobre os orzamentos participativos. Membros de diversas asociacións dos cinco barrios ferroláns que se beneficiarán desta primeira experiencia avanzaron nas normas que rexerán a aplicación da mesma.

Ademais dos membros do grupo motor -órgano veciñal que se encargará de animar a participación veciñal-, ao encontro asistiron os integrantes do Grupo de Análise e Propostas (GAP), agora denominado Comisión de Control Provisional do novo Regulamento de Participación Cidadá.
Desta forma, este colectivo intégrase no proceso, a petición propia e co respaldo dos representantes dos barrios nos que este ano se centran os orzamentos participativos: Doniños e San Xurxo, na zona rural; e Santa Mariña, Catabois e San Xoán, na urbana.

O encontro, que tamén contou coa presenza do concelleiro e a técnica de Participación Cidadá, Manuel Santiago e Maica Rodríguez, serviu para regular que persoas poderán presentar propostas e votalas despois nas asembleas de barrio das que sairán os proxectos que se financiarán cos 350.000 euros que o Concello dedica este ano a este fin.

Así, poderán tomar parte deste proceso calquera veciño de Ferrol, non só dos cinco barrios nos que se desenvolverá este proxecto piloto. O único requisito é que estean empadroados no municipio e sexan maiores de 16 anos. Tamén terán dereito a propor actuacións e a emitir a súa opinión sobre as que se presenten aquelas persoas, que aínda non estando censada na urbe naval, teñan intereses nas zonas seleccionadas para pór en marcha estas contas participativas: propietarios de vivendas, comerciantes, etc.

En ambos os casos, os interesados en participar na toma de decisións deberán inscribirse nun rexistro entre o 1 e o 18 do próximo mes de setembro.
Este trámite pode levar a cabo ben nas asociacións veciñais e demais entidades dos cinco barrios seleccionados ou no propio Concello.
O prazo de presentación de iniciativas quedou establecido, ademais, do 19 ao 30 de outubro.
Desde a Concellaría de Participación Cidadá desenvolverase, previamente, unha campaña de buzoneo centrada nestas zonas para animar aos veciños a implicarse no proceso.
A finais de agosto, o grupo motor, o antigo GAP e os representantes do Concello manterán unha nova reunión para definir que baremos serán os que se terán en conta á hora de priorizar as propostas veciñais.

Diario de Ferrol.-

3/8/09

CHARLA EN DONIÑOS - ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

O Concello achega a Doniños a dinámica

dos orzamentos participativos







Os veciños de Doniños asistiron a un acto sobre participación


JORGE MEIS
REDACCIÓN > FERROL



Achegar ós veciños en xeral e non só ós representantes das diferentes parroquias o que son e para que serven os orzamentos participativos é o obxectivo que buscou a xuntaza levada a cabo onte no local da asociación veciñal de San Román de Doniños.

Foron as propias entidades veciñais as que convocaron esta reunión co obxecto de informar ós veciños sobre a maneira na que poden participar para decidir en qué se pode investir o gasto público nesta parroquia ferrolá.

Así, como se lembrará, Doniños é, xunto con San Xoán, San Xurxo, Santa Mariña e San Pablo, unha das zonas que integran o Grupo Motor, que engloba ós barrios e entidades nos que se porá en marcha a iniciativa pioneira dos orzamentos participativos.

Representantes de San San Román, Xunta Veciñal e Asociación O Prioriño xunto con persoal técnico municipal, foron os encargados de explicar polo miúdo o modelo de participación e traballar unha primeira dinámica de grupo co fin de identificar os principais problemas da parroquia.

Divulgación
Neste sentido, o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, destacou a importancia do traballo que están a levar a cabo as entidades veciñais na divulgación dos orzamentos participativos a través do buzoneo nas vivendas da parroquia e mediante un proceso de sensibilización entra a veciñanza.

Coa posta en marcha destes orzamentos ponse de manifesto, segundo o edil, “o dereito das entidades sociais e dos cidadáns a decidir sobre os asuntos públicos a prol dunha xestión máis eficiente e eficaz dos recursos públicos municipais e sobre calquer partida orzamentaria”.

Deste xeito, coa posta en marcha deste proxecto, o concelleiro Manuel Santiago considera que os cidadáns están acadando un peso importante, xa que foron eles mesmos os que elixiron en que barrios comezar coa experiencia e non o goberno local, como é o habitual neste tipo de experiencias de políticas participativas que se levan a cabo a nivel estatal.

Diario de Ferrol.-