30/12/10

OPs-2010 AO PLENO DO DÍA 4 XANEIRO-11

As propostas cidadás a financiar con cargo aos
Orzamentos Participativos 2010, a pleno o día 4.
O alcalde, Vicente Irisarri, presentou esta mañá xunto co edil Manuel Santiago os 25 proxectos que se financiarán con cargo aos 1.650.000 euros do proceso de 2010

Ferrol, 28 de decembro de 2010.-
O alcalde, Vicente Irisarri, compareceu esta mañá xunto co concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, para dar conta das 25 propostas que foron aprobadas na Asemblea de Cidade para ser executadas con cargo aos 1.650.000 euros correspondentes ao proceso de Orzamentos Participativos de 2010 e que serán levadas ao pleno extraordinario do vindeiro 4 de xaneiro para ser aprobadas.

Un proceso pioneiro en Galicia que, tal e como subliñou o rexedor, é xa unha realidade viva, non un proxecto, que se ten convertido nun sinal de identidade do goberno socialista e cuxa continuidade asegurou de cara ao vindeiro ano ao ser un proceso polo que está a apostar a cidadanía de Ferrol independentemente da súa cor política.

O acto desta mañá, no que tamén participaron representantes do Grupo Motor e da Comisión Provisional de Seguimento dos Orzamentos Participativos, serviu tamén para dar a coñecer o grao de execución das 14 propostas que foran aprobadas na primeira experiencia de Orzamentos Participativos que se iniciou nos barrios de Santa Mariña, San Xoán e San Pablo de Catabois -na zona urbana- e Doniños e San Xurxo -na zona rural-. Destas, que sumaron na súa totalidade un investimento de 350.000 euros, cinco están xa rematadas, e o resto, pendentes ou en vías de execución.

Xa polo miúdo, o edil Manuel Santiago informou de que o pleno de Ferrol someterá a debate e aprobación estas 25 novas propostas cidadás que se financiarán con cargo aos 1.650.000 euros dos Orzamentos Participativos nos barrios antes citados e en Ferrol Vello, Canido, Esmelle e Covas. De recibir o visto bo da corporación municipal que preside Vicente Irisarri, os proxectos propostos entrarían en fase de contratación -xunto coa súa cuantía económica, inclúense na proposta de orzamentos xerais para deste xeito asegurar a súa execución no vindeiro ano-.

Estes son os seguintes:

-Continuación do carril bici ata o cruce da estrada de Lobadiz e beirarrúas ata a estrada xeral (145.000 euros),

- Mellora de acceso a Internet na zona rural (100.000 euros),

-Melloras e cambio na pavimentación das pistas do polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira (65.000 euros),

-Arranxar beirarrúas de Vila de Area á Vila da Igrexa e colocación de varandas (57.000 euros),

- Colocación de puntos de luz desde paseo marítimo á Vila de Area (45.000 euros),

-Acondicionamento de cunetas na zona rural (120.000 euros),

-Comedor social en San Pablo (49.500 euros),

-Recollida e limpeza de fosas sépticas en San Xurxo e Doniños (156.000 euros),

-Alumeado na estrada principal do paseo marítimo de Doniños (58.860 euros),

- Recollida e limpeza de fosas sépticas en Covas e Esmelle (180.880 euros),

-Axilización de inventariado para a recuperación de fontes, lavadoiros e camiños públicos (7.800 euros),

-Programas de atención a persoas maiores (97.000 euros),

- Programa de prevención da delincuencia (30.960 euros),

-Parque urbano no Campo de Tiro de Catabois (294.000 euros),

- Formación de monitores de tempo libre (5.000 euros),

-Aparcadoiros nas praias de Covas (41.020 euros),

- Parque biosaudable en San Xoán (12.000 euros),

-Realización dunha experiencia piloto de animación sociocultural na zona rural dos Orzamentos Participativos (106.000 euros),

- Construción dun parque biosaudable e infantil no solar anexo ao Local Social de Covas (16.700 euros),

- Posta en valor dos montes do Concello:recuperación da flora autóctona (8.000 euros),

- Fomento do transporte en bicicleta en Ferrol Vello e Canido (6.000 euros),

- Plan de Ordenación forestal da zona rural (23.000 euros),

- Acondicionamento e pasarela peonil na lagoa de Doniños (13.000 euros),

- Plan de limpeza de solares de Ferrol Vello (6.000 euros),

- Bandas sonoras na rúa Celso Emilio Ferreiro e estrada alta do Porto (1.350 euros).

-----------------------------------------------


Respecto aos 14 proxectos dos Orzamentos Participativos de 2009, o concelleiro Manuel Santiago avanzou que cinco están xa rematados. Estes son o proxecto de descentralización cultural Culticipando, que se desenvolveu en dúas fases (na zona rural e urbana), Acondicionamento de ríos e fontes (rehabilitación da fonte e lavadoiro de Fontemaior), Fomento da participación cidadá (realización de cinco foros cívicos) e Sinalización e mellora da visibilidade dos cruces en Doniños.

En canto aos proxectos iniciados ou pendentes de execucións, estes son a recollida municipal de 50 fosas séticas en San Xoán, Santa Mariña e San Pablo -o prazo de solicitude para adherirse ao mesmo remata o 15 de xaneiro-, a construción dun parque saudable en San Pablo, a construción dun parque infantil tamén en San Pablo e o acondicionamento de zonas verdes e parques en San Pablo.

Finalmente, están pendentes o parque saudable en Santa Mariña -atópase en fase de contratación os equipamentos para o parque, unha vez que a AVV de Santa Mariña cedeu ao Concello os terreos para a súa instalación-, a Limpeza, sinalizacion e promoción de rutas de sendeirismo (pendente de adxudicación), Sinalización parroquial con materiais adaptados ao contorno (pendente de adxudicación), Rede de sumidoiros na rúa Toxos, en San Xoán (redactado o proxecto) e Fomento da Actividade agroforestal (está pendente e prevese o seu inicio para o primeiro trimestre de 2011).

A este respecto, Ana Beceiro, en representación da Comisión de Seguimento dos Orzamentos Participativos, amosou a súa satisfacción polo grao de desenvolvemento destas propostas, situación que anima á dita Comisión a seguir traballando de cara ao 2011. Así mesmo, Manuel Fernández, do Grupo Motor, destacou a participación cidadá no proceso e agradeceu ao Concello a oportunidade que brindou á cidadanía para elixir o destino dos Orzamentos Participativos, ao tempo que subliñou o feito de que as propostas de 2010 estivesen moi repartidas nos diferentes barrios.

O alcalde, Vicente Irisarri, e o edil Manuel Santiago agradeceron pola súa banda o esforzo dos veciños e veciñas que participaron nestes procesos nos que se elixiron proxectos axeitados á realidade, tal e como significou Irisarri, quen amosou estar satisfeito pola cidade de Ferrol neste proceso. Un proceso que, afirmou, non é de ninguén en concreto senón da cidadanía.


Saúdos; Gabinete de Comunicación

28/12/10

ASEMBLEA DE CIDADE - APROBACIÓN DE PROPOSTAS




PROPOSTAS APROBADAS

Asemblea de Cidade

(18.12.2010)

Nº / Denominación das propostas / Orzamento


1 .- Continuación carril bici ata o cruce da estrada de Lobadiz, e beirarrúas ata a estrada xeral. - 145.000,00 €.


2 .- Mellora de acceso a internet na zona rural. - 100.000,00 €.

3 .- Melloras e cambio na pavimentación das pistas do Polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira. - 65.000,00 €.

4 .- Arranxar beirarrúas de Vila de Area á Vila da Igrexa e colocación de varandas.- 57.000,00€



5 .- Colocación de puntos de luz desde paseo marítimo á Vila de Area. - 45.000,00 €.

6 .-Acondicionamento cunetas (zona rural). - 120.000,00 €

7 .- Comedor social no barrio de San Pablo. - 49.500,00 €.

8 .- Recollida e limpeza de fosas sépticas (San Xurxo-Doniños). - 156.000,00 €.

9 .- Alumeado na estrada principal do paseo marítimo de Doniños. - 58.860,00 €.

10 .- Recollida e limpeza de fosas sépticas (Covas-Esmelle). - 180.880,00 €.

11 .-Axilización de inventariado para recuperación de fontes, lavadoiros e camiños públicos. 7.800,00 €.

12 .-Programas de atención ás persoas maiores. - 97.000,00 €.

13 .- Programa de prevención da delincuencia. - 30.960,00 €.

14 .- Parque urbano no Campo de Tiro (Catabois). - 294.000,00 €.

15 .- Formación de monitores de tempo libre. - 5.000,00 €.

16 .- Aparcadoiros nas Praias de Covas. - 41.020,00 €.

17 .- Parque biosaudable (San Xoán). - 12.000,00 €.

18 .- Realización dunha experiencia piloto de animación sociocultural na zona rural dos OP.
106.000,00 €.

19 .- Construción dun parque biosaudable e infantil no solar anexo ao Local Social de Covas.
16.700,00 €.

20 .- Posta en valor dos montes do concello: recuperación de flora autóctona. - 8.000,00 €.

21 .- Fomento do transporte en bicicleta (Ferrol Vello-Canido). - 6.000,00 €.

22 .- Plan de ordenación forestal da zona rural. - 23.000,00 €.

23 .- Acondicionamento e pasarela peonil na lagoa de Doniños. - 13.000,00 €.

24 .- Plan de limpeza de solares de Ferrol Vello. - 6.000,00 €.

25 .- Bandas sonoras na R/Celso Emilio Ferreiro e estrada alta do porto. - 1.350,00 €


ferrol.es

19/12/10

ASEMBLEA CIDADE -OPs-2010



Nove barrios de Ferrol repartíronse

democraticamente 1.650.000 euros




Domingo, 19 de Decembro de 2010.


Nove barrios ferroláns repartíronse onte democraticamente 1.650.000 euros.
A Asemblea de Cidade que se celebrou onte en FIMO para decidir sobre o destino do orzamento participativo do presente exercicio 2010 contou co voto de 287 veciños.
Como resultado, executaranse 24 das 56 propostas presentadas e os fondos repartiranse entre infraestruturas, servizos ou iniciativas culturais.
Os responsables da Asemblea de Cidade destacaron que o resultado foi "moi repartido".
A reunión comezou coa presentación das propostas, a súa defensa por parte dos seus impulsores e o debate, cos presentes, para aclarar dúbidas. A continuación produciuse a votación, que estivo amenizada por unha actuación da Banda de Música de Ferrol.
De máis a menos votadas, as propostas que saíron adiante e que xa que logo acometeranse con cargo aos orzamentos participativos son:
- o carril bici ata o cruzamento da estrada de Lobadiz (145.000 €);

- a mellora do acceso a internet na zona rural (100.000 €);

- a pavimentación e adecuación de pistas na zona do CEIP de San Xoán de Filgueira (650.000 €);

- beirarrúas desde Vila de Area a Vila dá Igrexa, en San Xurxo (57.000 €);

- instalación de puntos de luz en Vila de Area (450.000 €);

- carril-bici de Fontá a Outeiro (475.000 €);

- posta en marcha dun comedor social no centro cívico de San Pablo (49.500 €);

-limpeza de fosas sépticas en San Xurxo e Doniños (156.000 €);

- alumado na estrada principal do paseo de Doniños (58.860 €);

- limpeza de fosas sépticas en Covas-Esmelle (180.880 €);

- axilización do inventario para a recuperación de fontes e lavadoiros (7.800 €);

- programa de atención a persoas maiores (97.000 €);

- prevención da delincuencia na zona de San Pablo (30.960 €);

- parque urbano no campo de tiro de Doniños (294.000 €);

- formación de monitores de tempo libre (5.000 €);

- aparcadoiros na zona de Covas (41.020 €);

- parque biosaludable en San Xoán de Filgueira (120.000 €);

- experiencia piloto de animación sociocultural en Covas, Esmelle, San Xurxo e Doniños (106.000 €);

- parque biosaludable e infantil en Covas (16.700 €);

- posta en valor de montes (8.000 €);

- fomento do uso da bicicleta en Ferrol Vello e Canido (6.000 €);

- acondicionamento de pasarela peonil en Doniños (13.000 €);

- limpeza de solares en Ferrol Vello (6.000 €) ;

- bandas sonoras na rúa Celso Emilio Ferreiro (1.350 €).

Diario de Ferrol.-

FORO CÍVICO - MODELO CIDADE

17/12/10

ASEMBLEA DE CIDADE.-




Máis de 1.200 veciños están chamados a

votar na Asemblea de Cidade para elixir

as propostas a financiar cos 1.650.000 euros

dos Orzamentos Participativos 2010

Venres, 17 de decembro de 2010
O edil Manuel Santiago avanza que se celebrará este sábado en FIMO entre as 16.30 e as 20.00 horas e para poder exercer o dereito ao voto hai que inscribirse no Rexistro de Votantes.

Anuncia que as propostas se poden consultar nos locais sociais dos barrios, na web www.ferrol.es e no departamento de Participación Cidadá. @s veciñ@s poderán anotarse ao inicio da Asemblea para defender algunha das propostas ou formar parte da Comisión de Seguimento que velará polo seu cumprimento.

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, anunciou que un total de 1.258 persoas están chamadas a votar na Asemblea de Cidade que se celebrará este sábado na Feira Internacional de Mostras (FIMO) e na que os veciños e veciñas de Ferrol poderán elixir aquelas propostas seleccionadas previamente nas asembleas de barrio para ser executadas con cargo ao 1.650.000 euros dos Orzamentos Participativos.
A dita Asemblea desenvolverase entre as 16.30 e as 20.00 horas e con este motivo as propostas estarán expostas para poder ser consultadas pola cidadanía. ¿Onde? Nos locais sociais dos barrios, na web municipal (www.ferrol.es) e no propio Departamento de Participación Cidadá (primeiro andar do pazo municipal).

O edil Manuel Santiago invitou á cidadanía a asistir a esta Asemblea de Cidade que dará a oportunidade aos veciños e veciñas de debater cales son as súas necesidades prioritarias e decidir deste xeito o destino dunha parte do orzamento municipal a través dos Orzamentos Participativos.

Un proceso pioneiro en Galicia que se iniciou en 2009 nos barrios de San Xoán de Filgueira, San Pablo de Catabois e Santa Mariña -na zona urbana- e nas parroquias de San Xurxo e Doniños -na zona rural-.
No 2010 o proceso ampliouse a Covas, Esmelle, Ferrol Vello e Canido, polo que son 9 os barrios que se beneficiarán das iniciativas e proxectos máis votados na Asemblea de Cidade.

A este respecto, lembrou a necesidade de acudir provisto do DNI ou outro documento identificativo como o carné de conducir ou o pasaporte para poder votar as propostas. E ao fío disto, subliñou que só poderán exercer o dereito ao voto aquelas persoas que se inscribiran anteriormente no Rexistro de Votantes ou o fagan mesmo antes do comenzo da dita Asemblea de Cidade -ata o momento, son 1.258 as persoas inscritas-.

O edil de Participación Cidadán anunciou así mesmo que antes do seu comenzo a cidadanía terá a oportunidade de comunicar se quere facer a defensa dalgunha das propostas que foron seleccionadas previamente para ser votadas nas asembleas de zona de Covas-Esmelle, Ferrol Vello-Canido, Doniños-San Xurxo e San Pablo, Santa Mariña e San Xoán.

Tamén ao inicio da mesma deberase comunicar se se desexa participar na Comisión de Seguimento das propostas dos Orzamentos Participativos de 2010.

Xa polo miúdo, e respecto ao desenvolvemento da Asemblea de Cidade, o edil Manuel Santiago avanzou que tras as inscricións no Rexistro de Votantes e para intervir en defensa de propostas concretas, iniciarase a asemblea, na que intervirán a técnica de Participación Cidadá, Maica Rodríguez, membros do Grupo Motor e representantes da Mesa de Propostas, que farán unha presentación xeral das propostas que se someterán a votación. Posteriormente, as persoas apuntadas para intervir poderán presentar os seus argumentos pedindo o voto para a súa proposta.

O inicio da votación está previsto para as 18.30 horas e o remate, para ás 19.00 horas.
A partires dese momento o equipo técnico realizará o reconto dos votos ao tempo que haberá actividades musicais para amenizar o proceso.

O resultado darase a coñecer a partir das 19.45 horas e a continuación informarase da proposta de relación de persoas apuntadas ao inicio da Asemblea de Cidade para formar parte da Comisión de Seguimento correspondente ao ano 2010.

-ferrol.es

20/11/10

PRESENTACION DOS FOROS CÍVICOS.



O Concello de Ferrol activa os Foros Cívicos


recollidos no Regulamento de Participación Cidadá


Xoves, 4 de novembro de 2010


Serán un total de cinco e celebraranse no Centro Cultural Carvalho Calero nos meses de novembro e decembro.


A democracia participativa, as políticas de xuventude, a posta en valor do patrimonio e o medio ambiente ou as novas tecnoloxías son algunhas das temáticas que se abordarán.


O edil Manuel Santiago e membros das comisións de seguimento e control destacaron a importancia destes órganos como instrumentos de reflexión e participación.

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, anunciou a constitución dos cinco foros cívicos que foran aprobados ao abeiro do proceso de Orzamentos Participativos de 2009, proceso pioneiro en Galicia en cuxa primeira experiencia participaron os barrios de San Xoán de Filgueira, San Pablo de Catabois e Santa Mariña -na zona urbana- e as parroquias de Doniños e San Xurxo -na zona rural-.

Os ditos foros aprobáronse no seno da asemblea urbana por un importe de 18.000 euros e activaranse este mesmo venres no Centro Cultural Carvalho Calero.

Na súa presentación o edil estivo acompañado por integrantes da Comisión de Seguimento de Orzamentos Participativos e da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá: Pilar Rodríguez, Luis Espiñeira, Andrés Rodríguez, Luis Taboada e Ana Beceiro.

Todos eles destacaron a necesidade destes órganos de reflexión e debate ao constituír unha ferramenta de participación cidadá de grande importancia para o conxunto de todo o tecido asociativo. ¿As súas temáticas? Democracia participativa, as políticas de xuventude, a posta en valor do patrimonio e o medio ambiente, as novas tecnoloxías e o aforro enerxético e o ordeamento urbanístico, entre outras.

A este respecto, o edil Manuel Santiago avanzou que serán cincos os foros que se celebrarán ao longo dos meses de novembro e decembro. Este foron acordados nos dous grupos de traballo dos Orzamentos Participativos e do Regulamento de Participación Cidadá, os cales deseñaron conxuntamente as actividades. Ademais, subliñou que os ditos foros cívicos están contemplados no Regulamento de Participación, no que se recolle a súa función. Neste senso, Manuel Santiago explicou que os foros cívicos son órganos de reflexión e debate cidadá, de formulación de propostas e de control da execución das mesmas cando sexan aprobadas polo Concello de Ferrol.

Así mesmo, permiten a participación cidadá en cuestións que afectan a máis dunha área ou sector de actividade municipal. Son, polo tanto, órganos de carácter transversal ou interdepartamental que teñen entre os seus cometidos promover a colaboración entre asociacións, persoas expertas e vinculadas ás temáticas que se aborden nos foros.

Outra das súas funcións é canalizar a participación directa na xestión municipal dos asuntos que afecten a máis dunha área orgánica da actividade municipal, das persoas e das entidades afectadas ou interesadas, establecendo os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

Tamén participar na toma de decisións sobre as medidas a adoptar polo Concello na temática do foro escoitando e debatindo as demandas cidadás e elaborando propostas en forma de dictames e informes.

Finalmente, controlarán a execución, por parte do Concello, das actuacións que tivese aprobado a partires dos informes emitidos polo foro.

Tal e como explicou o concelleiro Manuel Santiago, cada un dos cinco foros programados centrarase nunha temática específica que afecta a máis dunha área orgánica de actividade e pretenden, por tanto, canalizar a participación directa na xestión municipal da cidadanía.

O calendario dos foros cívicos coas súas temáticas é o seguinte:


- VENRES 5 DE NOVEMBRO. “Democracia participativa. Promoción da participación cidadá no tecido social e administrativo. Corresponsabilidade”.


- SÁBADO 6 DE NOVEMBRO. “As políticas de xuventude e a participación cidadá”.


- VENRES 19 DE NOVEMBRO. “Posta en valor do patrimonio e o medio ambiente”.


- SÁBADO 20 DE NOVEMBRO. “Novas tecnoloxías, aforro enerxético e enerxías alternativas”.


- VENRES 17 DE DECEMBRO. “O modelo de cidade que queremos. Ordenamento urbanístico e compromisos sostibles coa cidadanía”.


Respecto ao lugar e horario de celebración, todos eles serán no Centro Cultural Carvalho Calero, ubicado na Praza do Inferniño.

Os venres desenvolveranse de 18.00 a 21.00 horas e os sábados, de 11.00 a 14.00 horas.

O concelleiro Manuel Santiago fixo un chamamento á participación cidadá neste foros cívicos, un aspecto no que tamén incidiu Ana Beceiro, membro da Comisión Provisional de Control do Regulamento. Neste senso, fixo unha invitación especial á participación no foro que se celebrará este venres sobre democracia participativa, xa que nel se poderá acordar o modelo de ampliación a novos barrios do proceso de Orzamentos Participativos do 2011.

Pola súa banda, Luis Espiñeira, integrante da mesma Comisión, valorou moi positivamente a posibilidade que teñen os veciños e veciñas de participación na elaboración da política municipal coa posta en marcha de novos órganos contemplados no Regulamento, xa que deste xeito se camiña de cara a unha xestión compartida entre o Concello e a cidadanía.

ferrol.es

XUNTANZA DA COMISION DE CONTROL COS GRUPOS POLÍTICOS.

A Comisión Provisional de Control do Regulamento


de Participación reuniuse cos grupos políticos


municipais para impulsar o seu desenvolvemento.


Mércores, 27 de outubro de 2010.

O edil Manuel Santiago anunciou que a Comisión mantivo un encontro cos representantes políticos.

A creación da figura do Defensor da Cidadanía ou da Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións son algunhas das necesidades que se plantexarán na reunión.

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou de que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá mantivo un encontro coas cinco forzas políticas con representación na corporación municipal.

Foi no pazo muncipal e o seu obxectivo era acadar darlle un impulso ao desenvolvemento do dito Regulamento e facilitar a posta en marcha dalgunhas das figuras contempladas neste documento, tales como o Defensor da Cidadanía ou a Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións, entre outras.

A finalidade, tal e como subliñou o edil, é traballar en conxunto para que este Regulamento de Participación Cidadá se desenvolva o mais rapidamente posible. E ao fío disto, o concelleiro Manuel Santiago destacou que xa se teñen dado pasos ao respecto.

O último deles, a xuntanza que a Comisión Provisional de Control, integrada por once persoas do anterior Grupo de Análise e Propostas (GAP) do proceso de Orzamentos Participativos 2009 mantivo a semana pasada cos representantes municipais de Facenda e Turismo; Muller e Benestar Social; Recursos Humanos; Medio Ambiente, e Participación Cidadá.

Nela adoptáronse diversos acordos como o deseño e posta en marcha dun formulario para a recollida de queixas e suxestións que estaría dispoñible na web municipal e a creación dunha carpeta (física) específica no Rexistro Xeral do Concello para tramitar as queixas e suxestións directamente co departamento de Participación Cidadá.

Así mesmo, incidiuse na necesidade de crear a figura do Defensor da Cidadanía como garante do estudo e seguimento dos problemas dos cidadáns e cidadás ante a Administración municipal. A este respecto, o edil Manuel Santiago informou de que está pendente o estudo de viabilidade da Oficina do Defensor da Cidadanía.

Estes foron algúns dos aspectos que se abordaron na xuntanza que se celebrou no Concello e na que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá transmitiu as súas demandas e inquedanzas en relación aos orzamentos da área de Participación Cidadá aos grupos políticos municipais.

Entre estas, a necesidade de incrementar o orzamento desta área para axilizar a aplicación do dito Regulamento.

A posta en marcha do Rexistro Municipal de Cidadáns para darlle á cidadanía a opción de colaborar na acción municipal a través dos órganos de participación vixentes en cada área ou o impulso dos consellos sectoriais municipais vixentes foron outros aspectos nos que fixeron fincapé os once integrantes da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá e que trasladaron aos grupos con representación na corporación.

Respecto a este último punto, o concelleiro Manuel Santiago subliñou o interese da dita Comisión por darlle un pulo a estes consellos tanto en canto á frecuencia como mediante a incorporación aos mesmos tanto do movemento asociativo como de cidadáns a título individual.

ferrol.es

A COMISION TÉCNICA PRIORIZA 80 PROPOSTAS

A Comisión Técnica inicia o cálculo orzamentario das 80 propostas que se someterán a votación na Asemblea de Cidade do próximo 27 de novembro
Luns, 25 de outubro de 2010
As delegacións da Mesa de Propostas están priorizando as iniciativas aplicando os criterios do Regulamento.
O edil Manuel Santiago destaca que os Orzamentos Participativos de Ferrol presentaranse na Coruña nunhas xornadas enmarcadas nun proxecto europeo sobre democracia local e participación
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, avanzou que a Asemblea de Cidade na que se votarán as propostas que serán financiadas con cargo á partida de 1.650.000 euros reservada ao proceso de Orzamentos Participativos de 2010 se celebrará o 27 de novembro.
Será neste encontro cando os veciños e veciñas elixan de entre as 80 propostas que se someterán a votacións aquelas a executar nos nove barrios e parroquias seleccionadas neste proceso pioneiro en Galicia: San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira, Santa Mariña, Ferrol Vello e Canido -na zona urbana- e Doniños, San Xurxo, Covas e Esmelle -na zona rural-.
E ao fío disto, o edil informou de que, tras a celebración este mércores do encontro entre os coordinadores das Mesas de Propostas que foron elixidos nas Asembleas de Zona e os integrantes da comisión técnica dos Orzamentos Participativos, a dita comisión iniciou a fase de cálculo orzamentario das 80 propostas que irán á Asemblea de Cidade.
E ao fío disto, puntualizou que se terán en conta as 10 propostas máis votadas en cada Asemblea de Zona (Covas-Esmelle, Ferrol Vello-Canido, Doniños-San Xurxo e San Pablo de Catabois, Santa Mariña e San Xoán de Filgueira) como propostas de reserva no caso de que a suma total do conxunto non chegue aos 1.650.000 euros dos Orzamentos Participativos 2010.
Así mesmo, o concelleiro Manuel Santiago subliñou que xa comenzaron as sesións de traballo para priorizar as iniciativas coas delegacións da Mesa de Propostas. Nestas xuntanzas estanse a aplicar os criterios recollidos no Regulamento de Orzamentos Participativos 2010, no que se priman as propostas que afecten a nivel de investimento e mantenemento.
Entre estas, aquelas que eviten o grao de abandono dun barrio, o seu illamento en comunicacións e infraestruturas e a mellora da fisionomía urbana. Tamén a atención ás necesidades básicas e calidade de vida.
Respecto ás propostas de actividades e programas, primaranse aqueles proxectos que atendan a determinados colectivos como son o de mulleres, persoas con diversidade funcional ou de persoas desfavorecidas, entre outros.
Estas sesións iniciáronse no CEIP de San Xoán de Filgueira e Bertón coas propostas relativas ás zonas de San Pablo, Santa Mariña e San Xoán e na Aula de Ecoloxía Urbana, coas referentes aos barrios de Ferrol Vello e Canido. Tamén celebráronse as xuntanzas de traballo correspondente ás parroquias de Doniños e San Xurxo (no local da Asociación de Veciños desta última parroquia) e a de Covas e Esmelle (neste caso, no local da Asociación de Veciños de Covas).
Finalmente, o edil de Participación Cidadá destacou que a experiencia de Orzamentos Participativos de Ferrol presentarase nunhas xornadas enmarcadas no proxecto europeo “Democracia local y participación ciudadana”, organizadas pola Fundación Democracia y Gobierno Local e a Deputación Provincial da Coruña.
Será o próximo 28 de outubro na Coruña.
ferrol.es

25/10/10

XUNTANZA CONCELLEIR@S - COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL R.P.C.



Reunión da Comisión provisional de control


do Regulamento de Participación Cidadá e


representantes de diversas concellerías


Data: 20.10.2010.
Lugar: Sala de comisións, Casa do Concello de Ferrol.
Hora: 19,30 horas.

Persoas asistentes á sesión:

Como representantes cidadás da comisión:

§ - Xosé Manuel Sanxoan Caamaño.
§ - Ana Beceiro Mosquera.
§ - Magdalena González Grandal.
§ - José María Fontao Pita.
§ - Luis María Tabeada González.
§ - José Espiñeira Rivas.

Como representantes das concellerías implicadas:

- Ramón Veloso (como concelleiro delegado das áreas de Turismo, de Facenda e de
Modernización Municipal)
- María López Fernández (como concelleira delegada das áreas de Muller e de Benestar
Social)
- María Sandra Ríos Bouza (como concelleira delegada de RR.HH)
-Rafael Beceiro (como concelleiro delegado de Medio Ambiente)
-Manuel Santiago Pérez (como concelleiro delegado de Participación Cidadá e Normalización Lingüística)


Orde do día e desenvolvemento da sesión
A sesión ten por obxecto 2 asuntos a tratar entre a comisión e os/as representantes das distintas concellerías:

A activación e actualización dos consellos sectoriais, co obxecto de adaptalos ao Regulamento de Participación Cidadá (RPC).

-A posta en marcha de determinados órganos contemplados no RPC (en especial a oficina de queixas e suxestións e a figura do defensor/a da cidadanía)
-A valoración de necesidades orzamentarias e orgánicas para a posta en marcha de novos órganos de participación e de atención á cidadanía.

Comeza a sesión realizando unha explicación do seu obxecto e instando á necesidade de constituir os foros cívicos, dada a súa próxima celebración en novembro-decembro.

En relación ao desenvolvemento do RPC, faise especial fincapé:

No impulso dos 5 consellos sectoriais vixentes (Muller, Benestar Social, Turismo, Medio Ambiente, Lingua[1]), a nivel de frecuencias na celebración das sesións, e coa incorporación tanto do movemento asociativo –e a creación de vicepresidencias- como de cidadáns a título individual na súa composición.

Por parte dos/das concelleiros/as que coordinan os consellos sectoriais hai dispoñibilidade para adecualos á normativa do RPC.

Neste sentido, acórdase poñer en marcha o rexistro de cidadáns para a participación, dándolle a opción á cidadanía a colaborar na acción municipal a través dos órganos de participación vixentes en cada área e momento.

No que respecta á composición dos consellos relativa aos representantes das entidades veciñais, aclárase que é competencia das propias entidades resolver os problemas que se derivan do funcionamento irregular da Federación de AA.VV. e acórdase facer unha reunión para poñer ao día a representación nestes consellos.

Acordase que, dende Participación Cidadá, se remita ás 5 áreas que coordinan consellos sectoriais, as normas que figuran no RPC.

Dende a Comisión de Control infórmase sobre a necesidade da creación da Oficina de suxestións e reclamacións e tamén da Comisión que defenda os dereitos da cidadanía na súa relación coa administración local -Comisión de suxestións e reclamacións-.

Ante estas peticións, a Concelleira delegada de Persoal -RRHH propón crear unha oficina que centralice estas cuestións e que funcionaría como un rexistro propio dependente da Concellería de Participación Cidadá (tal como se recolle no RPC), cos recursos dos que dispón actualmente. Esto facilitaría os trámites para a súa creación ao non ter que facer ningunha modificación orzamentaria.

Tamén se acorda facer as xestións para crear a Comisión de suxestións e reclamacións, aínda que, ao ter que ser aprobado en Pleno, deberá contar coa aprobación dos resto dos Grupos Municipais.

Infórmase tamén da necesidade de crear a figura do Defensor/a - Valedor/a da Cidadanía como garante do estudio e seguimento dos problemas dos cidadáns ante a administración municipal.

Non obstante, queda pendente o estudo de viabilidade da oficina do defensor/a da cidadanía.

Asimesmo, a Comisión manifesta a necesidade de ampliar o orzamento da concellería de Participación. Este tema, e o asunto anterior, serán tratados na reunión cos grupos municipais.

Lémbrase que esta sesión de traballo entre a comisión provisional de control do RPC e os 5 grupos municipais, está convocada para o 26.10.10 ás 19,30 horas no salón de recepcións.

Acordos tomados-

Deseño e posta en marcha dun formulario para a recollida de queixas e sugestión, dispoñible na web municipal. Creación dunha carpeta (física) específica en Rexistro Xeral para a tramitación de queixas e suxestións directamente co departamento de Participación Cidadá.
Posta en marcha do rexistro municipal de cidadáns.
Aprobación e divulgación.

Cuestións pendentes (en relación aos acordos tomados)

Incorporar na sesión da comisión informativa de participación cidadá a iniciativa de posta en marcha do rexistro municipal de cidadáns para a participación, como paso previo ao pleno.

Reunión co persoal técnico e político dos consellos sectoriais para a actualización do funcionamento interno dos mesmos, unha vez que se publicite o rexistro municipal de cidadáns para a participación.

Ideación dun procedemento administrativo para a tramitación de queixas e suxestións e unha aplicación informática para a posta en marcha.


Cuestións resoltas á entrega desta acta

Divulgación dos acordos tomados na sesión aos medios de comunicación a través do gabinete de prensa.
Oficio dirixido ás concellerías, solicitando a actualización dos regulamentos de funcionamento interno de cada consello sectorial, coa finalidade de que se adapten ao Regulamento de Participación Cidadá, en especial no apartado de composición dos consellos.

Entréganse exemplares do RPC (publicacións)

[1] Non se ten en conta nesta análise ao Consello Escolar Municipal, que posúe unha normativa propia de carácter autonómico para a celebración das súas sesións e o desenvolvemento da súa actividade.


- Comisión de Control Provisional do R.P.C .-


15/10/10

VINDEIRAS ACTUACIÓNS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ-




O Concello activa o Programa de Fomento


da Participación Cidadá aprobado no marco


dos Orzamentos Participativos organizando


cinco foros cívicos.

· O edil Manuel Santiago avanza que se celebrarán en novembro e decembro sendo a súa temática as políticas de xuventude, medio ambiente, aforro enerxético ou o modelo de cidade.

· Os foros debatirán diferentes liñas de actuación nas distintas áreas que serán presentadas ao Concello para ser executadas.

· A Comisión provisional de control de Participación Cidadá reunirase coas concellerías que xestionan consellos sectoriais para incorporar a cidadáns e cidadás como participantes.

Ferrol, 11 de outubro de 2010.-

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou esta mañá do inicio do Programa de Fomento da Participación Cidadá que será financiado con cargo aos Orzamentos Participativos de 2009, un proceso pioneiro en Galicia que na súa primeira experiencia piloto ofreceu aos veciños e veciñas de Ferrol a oportunidade de decidir onde investir unha partida de 350.000 euros dos orzamentos xerais.
Segundo avanzou o edil, o dito proxecto contempla a celebración, nos meses de novembro e decembro, de cinco foros cívicos que terán como temática as políticas de xuventude, as novas tecnoloxías e o aforro enerxético, o modelo de cidade, a posta en valor do patrimonio ou a democracia participativa.

O seu investimento é de 18.000 euros e a intervención trascenderá ao conxunto da cidade.

As datas para a celebración destes encontros de debate foi acordada nunha xuntanza de traballo entre os integrantes da Comisión de Seguimento dos Orzamentos Participativos e da Comisión provisional de control do Regulamento de Participación Cidadá.

Estas, xunto coa temática que se abordará en cada un dos foros programados, son as seguintes:

1 .- Venres 5 de novembro:

-Foro cívico de democracia participativa.


Neste encontro valorarase o modelo de consolidación dos Orzamentos Participativos e a súa ampliación no ano 2011.


2 .- Sábado 6 de novembro:

- Foro cívico de políticas de xuventude e participación cidadá.


3 .- Venres 19 de novembro:

- Foro cívico de posta en valor do patrimonio e o medio ambiente.


4 .- Sábado 20 de novembro:

-Foro cívico de novas tecnoloxías, aforro enerxético e enerxías alternativas.

5 .- Venres 17 de decembro:

- Foro cívico sobre o modelo de cidade.

Todos estes foros celebraranse ás 18.00 horas os venres e ás 11.00 horas os sábados e a día de hoxe se está a valorar a viabilidade de realizalos en dependencias da Universidade da Coruña ou en centros municipais.

A súa duración será de aproximadamente dúas horas e media.

Tal e como explicou o concelleiro Manuel Santiago, os ditos foros cívicos servirán para debatir en mesas temáticas os documentos referentes ás diferentes áreas para chegar finalmente a un acordo sobre diversas liñas de actuación, tras ser postos en común no plenario. No seo destes foros os participantes traballarán sobre posibles propostas de actuacións para presentar ao Concello de Ferrol coa finalidade de que sexan executadas.

Para iso, e para garantir o control dos acordos tomados, constituirase unha comisión de seguimento coas persoas participantes nos mesmos -estase a estudar a posibilidade de crear unha única comisión común a todos os foros ou unha por cada un deles-.

Paralelamente crearase un Rexistro de Cidadáns co obxecto de que poidan participar en diferentes órganos hoxe vixentes como é o caso dos consellos sectoriais municipais, na Comisión de Control do Regulamento, etc.-

E ao fío disto, o edil de Participación Cidadán informou de que a Comisión provisional de control do Regulamento de Participación Cidadán acordou manter unha xuntanza con todas as concellerías que xestionan consellos sectoriais -Muller, Benestar Social, Turismo, Medio Ambiente e Lingua- para que estes sexan actualizados e poidan incorporar cidadáns a título individual como participantes nos mesmos.

Tamén para mellorar a periodicidade das sesións.

-Esta xuntanza terá lugar o mércores 20 de outubro ás 19.30 horas.

Así mesmo, decidiuse manter unha xuntanza coas Concellerías de Facenda e de Persoal co obxectivo de poñer en marcha diversos órganos de participación, como o Valedor da Cidadanía e a Oficina de Queixas e Suxestións.


Tamén acordouse manter un encontro coas cinco forzas políticas para presentarlles as súas demandas e inquedanzas en relacións aos orzamentos municipais da área de Participación Cidadá e o cumprimento do Regulamento de Participación Cidadá.

As intervencións no pleno é un dos exemplos.


-Participación Cidadá.-

PREPARACIÓN DOS FOROS CIVICOS.



CONVOCATORIA REUNIÓN PREVIA


AO FORO CÍVICO DE DEMOCRACIA


PARTICIPATIVA


Convocamos á súa asociación á reunión que se celebrará o mércores 28 de outubro ás 19,30 h na sala de recepcións (1º andar da Casa do Concello).

O tema a tratar en dita reunión é a democracia participativa, co obxecto de realizar unha reflexión de partida que sirva de base á celebración do Foro Cívico, que se realizará sobre esta temática no mes de novembro.

¿Que son os Foros Cívicos?

O Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, aprobado por unanimidade o día 9 de xullo de 2009 no Pleno Municipal, establece os Foros Cívicos como un dos dispositivos a través dos que se fomentará e canalizará a participación.

En concreto, detalla que os Foros terán a función de "permitir a participación cidadá en cuestións que afectan a máis dunha área ou sector de actividade municipal".

¿Que temáticas abordan?

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol pretende desenvolver, no presente ano 2010, un total de cinco Foros Cívicos que aborden as seguintes temáticas de interese para a cidadanía ferrolá: democracia participativa, xuventude, medio ambiente e patrimonio, enerxías renovables e urbanismo.

¿En que consiste esta reunión previa?

Para a elaboración dun documento base que favoreza un debate ordenado e construtivo en ditos foros, realizaranse entrevistas previas a responsables políticos, técnicos e membros do tecido asociativo. Estas entrevistas permitirán identificar as diferentes perspectivas sobre os temas, así como aquelas cuestións que teñen un maior interese dentro de cada unha das temáticas. A partir delas elaborarase un documento de traballo que se presentará no Foro Cívico correspondente.

Agradecemos a súa asistencia e solicitamos nos confirme a mesma no teléfono ou correo electrónico do Departamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol.


(981.944.219 ou participacion@ferrol.es).


Un saúdo, Área de participación cidadá
Casa do Concello.
Praza de Armas, s/n.
15402 Ferrol
Tel: 981.944.015
981.944.219
Ext. 202


12/10/10

--

--

IMPULSO ORGANOS DO REGULAMENTO DE P.C.

O Concello pon en marcha os
foros cívicos de participación.
Martes, 12 de Outubro de 2010.
Os meses de novembro e decembro levarán a cabo cinco foros cívicos dedicados ás políticas de mocidade, novas tecnoloxías e aforro enerxético, modelo de cidade, posta en valor do patrimonio e democracia participativa.
Trátase da posta en marcha do programa de fomento de participación cidadá que será financiado con cargo aos orzamentos participativos de 2009, nos que os veciños da cidade decidiron en que investir unha partida de 350.000 euros.
A este proxecto destinaranse 18.000 euros e a intervención transcenderá ao conxunto da cidade e non a un barrio en concreto, como sucede con outros proxectos.
As datas para a celebración dos encontros (días, 5, 6, 19 e 20 de novembro e 17 de decembro) foi acordada nunha reunión de traballo entre os integrantes da Comisión de Seguimento dos Orzamentos Participativos e da comisión provisional de control de regulamento de participación cidadá.
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, explicou que estes foros cívicos servirán para debater en mesas temáticas os documentos referentes ás diferentes áreas para chegar a un acordo sobre liñas de actuación, tras ser postas en común no plenario.
No seo destes foros os participantes traballarán sobre posibles propostas de actuacións para presentar ao Concello, co fin de que sexan executadas.
Para isto, e para garantir o control dos acordos tomados, constituirase unha comisión de seguimento coas persoas participantes nos mesmos.
Tamén está previsto crear un Rexistro de Cidadáns co obxectivo que poidan participar en diferentes órganos como os consellos sectoriais municipais, comisión de control do regulamento, etc.
Neste sentido, a Comisión provisional de control do regulamento acordou manter unha reunión con todas as concellarías que xestionan os consellos sectoriais para que se actualicen e incorporen a cidadáns.
O encontro está previsto para o mércores 20 de outubro ás sete e media da tarde.
Así mesmo, decidiuse manter unha reunión coas concellarías de Facenda e de Persoal co fin de pór en marcha o Valedor da Cidadanía ou a Oficina de queixas e suxestións.

Diario de Ferrol.-

5/10/10

ASEMBLEA OPs.2010- SAN XOÁN- STª MARIÑA - SAN PABLO

A Asamblea de Cidade precederá ao pleno

de novembro, onde se prevé aprobar as

propostas a financiar cos Orzamentos

Participativos 2010.




Martes, 5 de outubro de 2010.
O goberno local valora a alta participación na Asamblea de San Pablo, Santa Mariña e San Xoán celebrada o sábado. Un programa de atención aos maiores, unha unidade de servizos sociais en San Pablo e un parque biosaudable en San Xoán, as propostas máis votadas por 137 veciñ@s

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, fixo un balance moi positivo da Asemblea de Cidade dos barrios de San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira e Santa Mariña que se celebrou o pasado sábado no pavillón polideportivo do CEIP de San Xoán.

Esta foi a derradeira asembla convocada ao abeiro do proceso de Orzamentos Participativos 2010, un proceso pioneiro en Galicia que dará a oportunidade aos veciños e veciñas de Ferrol de elixir onde investir os 1.650.000 euros da partida reservada este ano aos Orzamentos Participativos.
Nesta ocasión, e tras os votos emitidos por un total de 137 veciños e veciñas, as tres propostas máis votadas foron a posta en marcha dun programa de atención ás persoas maiores, a creación dunha unidade de servizos sociais en San Pablo e dun parque biosaudable en San Xoán.
Xa polo miúdo, o edil Manuel Santiago valorou a alta cifra de participación acadada nesta asemblea, que foi a máis numerosa das catro celebradas, seguida da de Covas-Esmelle, con 133 votantes; Doniños-San Xurxo (122) e Ferrol Vello-Canido (45).
En xeral, subliñou a alta implicación dos veciños e veciños neste proceso e incidiu no desexo do equipo de goberno local de seguir traballando nesta liña para acadar a maior implicación posible dos cidadáns e cidadás nos Orzamentos Participativos. E ao fío disto, e en relación con esta asemblea de San Pablo, San Xoán e Santa Mariña, adiantou as vinte propostas que foron seleccionadas para elevar á Asemblea de Cidade -cuxa celebración se prevé para o mes de novembro- xunto coas 60 elixidas nas tres asembleas de zona anteriores.
Estas son as seguintes:
1.- Programa de atención ás persoas maiores.
2.- Unidade de servizos sociais en San Pablo.
3.- Parque biosaudable en San Xoán.
4.- Centro de día en San Xoán.
5.- Policía de barrio en San Pablo.
6.- Parada de autobús no barrio de San Xoán.
7.- Comedor social no barrio de San Pablo.
8.- Humanización das rúas interiores do barrio de San Xoán.
9.- Parque urbano no Campo de Tiro de Catabois.
10.- Formación de monitores deportivos e culturais para formar a mozos desempregados e con risco de exclusión social.
11.- Desdobramento do bus pola estrada de San Pedro e paradas en Santa Mariña e San Xoán.
12.- Accesos para persoas discapacitadas en beirarrúas nos barrios.
13.- Reparación polideportivo do colexio de San Xoán.
14.- Construción dun parque na parcela municipal da rúa Río Xubia.
15.- Dotación de beirarrúas: Camiño do Paredón.
16.- Arranxo do Camiño Campo de Chao desde o colexio ao Camiño do Paredón.
17.- Feiróns, feiras medievais e mercadillos en San Xoán.
18.- Limpeza sumidoiros en San Xoán.
19.- Programa de prevención da delincuencia.
20.- Ampliación do local social do barrio de San Xoán.
O edil Manuel Santiago informou de que as próximas accións relativas ao proceso de Orzamentos Participativos consistirán na entrega das propostas a cada departamento municipal ao que estas se vinculan para elaborar os proxectos básicos e o cálculo orzamentario. Isto será necesario, tal e como subliñou, para que poidan ser elevadas á Asemblea de Cidade de novembro as 80 propostas finais, así como ao pleno do mes de novembro para que poidan ser aprobadas.
A dita Asemblea de Cidade será a que decida as propostas que se levarán adiante co orzamento dispoñible. Así mesmo, neste espazo elixirase aos integrantes da Comisión que velará polo seguimento das propostas que serán executadas.
E ao fío disto, o edil de Participación Cidadá puntualizou que se terán en conta as 10 propostas máis votadas en cada Asemblea de Zona (Covas-Esmelle, Ferrol Vello-Canido, Doniños-San Xurxo e San Pablo de Catabois, Santa Mariña e San Xoán de Filgueira) como propostas de reserva no caso de que a suma total do conxunto non chegue aos 1.650.000 euros dos Orzamentos Participativos 2010.
Finalmente, e respecto aos 14 proxectos aprobados no proceso de Orzamentos Participativos de 2009, o concelleiro Manuel Santiago anunciou que se está a traballar no seu desenvolvemento.
Así, indicou que tras rematar a primeira parte do proxecto de descentralización cultural Culticipando comenzará a nova programación do último trimestre do ano. Tamén se está planificando coa Comisión de Seguimento a charla informativa que se celebrará no marco do programa de fomento da actividade agroforestal e anunciou que nun prazo de 15 días poderanse iniciar as obras do parque biosaudable en San Pablo.
Respecto ao de Santa Mariña estase pendente da asemblea de veciños para a cesión do espazo e xa se pechou o calendario da celebración dos foros cívicos que se celebrarán ao abeiro do programa de fomento da participación cidadá.






web.ferrol.es

4/10/10

OPs SAN XOÁN - SAN PABLO - SANTA MARIÑA -

San Xóan, San Pablo e Santa Mariña

piden programas para os maiores.

Domingo, 03 de Outubro de 2010.

O pavillón polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira foi onte o escenario da cuarta e última asemblea de zona dentro do proceso de orzamentos participativos de 2010 do Concello de Ferrol.

Na reunión, na que se elixiron as vinte actuacións preferentes para os barrios de San Xoán, San Pablo de Catabois e Santa Mariña, dunha listaxe de 64 propostas previamente seleccionadas pola comisión técnica municipal, a que máis apoios recibiu foi a demanda de ;programas de atención ás persoas maiores, con 63 votos.




O encontro de onte foi o segundo con maior participación, só superado polo celebrado nas parroquias de Covas e Esmelle. Aínda que eran 331 os veciños chamados a participar neste conclave, finalmente asistiron ao mesmo 148 persoas, das cales emitiron o seu voto 136.

Xunto coa proposta de programas dirixidos á Terceira Idade, as outras catro iniciativas que tiveron un maior respaldo dos veciños foron, por esta orde:

- a posta en marcha dunha unidade de servizos sociais en San Pablo:
- dotar dun parque biosaludable ao barrio de San Xoán, ambas con 57 votos;
- a construción dun centro de día en San Xóan, con 54 sufraxios;
- a creación da policía de barrio en San Pablo, con 52.
- A habilitación dunha parada de autobús en San Xoán e Santa Mariña ;
- o desdobramento do bus de liña pola estrada de San Pedro;
- a reparación do polideportivo do colexio de San Xoán,
- a apertura dun comedor social no barrio de San Pablo;
- a transformación do antigo campo de tiro de Catabois nun parque urbano, foron outras das actuacións seleccionadas pola asemblea.

- Hai que destacar que unha das propostas, o acondicionamento da praza da igrexa de San Xoán quedou fóra da listaxe definitiva nunha segunda votación a man alzada, despois de que na primeira esta quedase empatada a 27 sufraxios coa ampliación do local social deste mesmo barrio e coa demanda dun plan de prevención da delincuencia na zona.

Coa asemblea de onte, que clausurou o alcalde, Vicente Irisarri, péchase unha nova fase da segunda experiencia de orzamentos participativos que se desenvolve en Ferrol.

O seguinte paso será a Asemblea de Cidade, que terá lugar en novembro e á que levasen as 80 propostas elixidas nas catro asembleas de zona (20 por encontro).
Nela decidiranse as actuacións que se executarán con cargo aos 1,6 millóns de euros reservados este ano polo Concello para os orzamentos participativos.

Diario de Ferrol.-

28/9/10

ASEMBLEA OPs.- SAN XURXO - DONIÑOS.-


Os veciños de San Xurxo e Doniños

demandan o arranxo de cunetas


Domingo, 26 de Setembro de 2010-
A terceira das asembleas de zona dos orzamentos participativos, celebrada onte para as parroquias de San Xurxo e Doniños, escolleu como actuación prioritaria para acometer, con cargo á partida de 1.650.000 euros que se destina este ano para este fin;

- o acondicionamento de cunetas nestas zonas;

- a recollida e limpeza de fosas sépticas;

- a construción doutras;

- a rede de saneamento

- a habilitación dun carril-bici entre Fontá, Outeiro e San Xurxo foron algunhas das 20 intervencións máis votadas polas 121 persoas que participaron na elección (tres dos votos emitidos foron nulos).

- Oito das propostas foron debatidas pola asemblea e unha delas, a relativa á construción dun muro de contención no castro, ata foi defendida a través dunha proxección audiovisual, a pesar do cal non quedou seleccionada entre as 20 que pasarán á asemblea de cidade.

A maioría das iniciativas que se someteron a votación gardaban relación con reparacións e melloras en estradas e con obras de saneamento. O alcalde, Vicente Irisarri, e outros membros da corporación asistiron á reunión, que se prolongou por espazo de dúas horas.

Entre as tres asembleas de zona realizadas cóntase xa con 60 propostas para ser debatidas na de cidade, a falta da última reunión de barrio, que terá lugar o dous de outubro ás 17.30 horas no polideportivo do CEIP de San Xoán.

Será na asemblea de cidade onde se decidan as actuacións finais e, posteriormente, contarase con listaxe de reserva integrado polas dez propostas máis votadas en cada asemblea, por se se dese o caso de que a suma total do conxunto non chegue aos 1,6 millóns de euros con que se conta.

Con estes pasos consolídase un proceso pioneiro en Galicia que, por segundo ano consecutivo, permite que a cidadanía participe da elección das actuacións que se desenvolverán na cidade.

Máis de 1.000 persoas estaban chamadas ás urnas no total de asembleas.


Diario de Ferrol.-

ASEMBLEA OPs. FERROL VELLO - CANIDO.



A asemblea de barrio de Ferrol Vello

e Canido decántase polo saneamento

Sábado, 25 de Setembro de 2010

A primeira asemblea de votación de propostas para desenvolver con cargo á partida de orzamentos participativos na zona urbana celebrouse onte para os veciños de Ferrol Vello e Canido e contou coa presenza do alcalde, Vicente Irisarri.

Como no caso da desenvolvida para Covas e Esmelle a semana pasada, o saneamento foi a opción máis votada. De feito, a propia asemblea presentou unha defensa do proxecto xustificando a súa necesidade.

Na reunión tamén resultaron elixidas como iniciativas con maior respaldo;

- a eliminación de chatarra en dominio público;

- o baleirado de fosas sépticas en Canido;

- as beirarrúas para Celso Emilio Ferreiro;

- a instalación de bandas sonoras nesta mesma rúa e na estrada alta do Porto.

Entre as 20 propostas que se debaterán despois na asemblea de cidade está tamén unha que daría uso público á antiga Fábrica de Lapis, un edificio abandonado sempre no centro do debate.

-Os scouts defenderon "contando ata con material audiovisual" unha intervención no inmoble para dedicalo aos mozos e a iniciativa quedou en oitavo lugar na votación. A agrupación optou por presentar esta idea logo dun debate no que participaron os propios nenos da organización.

- A rehabilitación de inmobles;

- a habilitación de novos aparcadoiros;

- o proxecto denominado "Recoñecemento de Ferrol Vello" tamén están entre as 20 propostas seleccionadas.

Só 57 persoas participaron nesta votación, a pesar de que antes da celebración da asemblea inscribíronse duascentas. A reunión tivo lugar no Aula de Ecoloxía Urbana do parque municipal Raíña Sofía e as 20 propostas seleccionadas saíron de entre as 45 que se presentaron para optar a ser financiadas con cargo á partida de 1.650.000 euros que este ano se reserva aos orzamentos participativos.

O encontro serviu tamén para elixir a Mesa de Propostas, integrada por dez persoas e que traballará cos técnicos para estudar a viabilidade das opcións e elevalas á asemblea de cidade.

Hoxe celebrarase outro destes encontros, neste caso en San Xurxo, para os veciños desta parroquia e os de Doniños.

Na asemblea, convocada para as 17.30 horas, están inscritas 170 persoas, ademais das que poidan participar antes de que dea comezo, e o número de iniciativas que se someterán a votación será de 45.

- Entre elas figuran un plan de ordenación forestal da zona rural;

- un centro de asistencia social;

- obras de saneamento;

- un aparcadoiro en Penencia;

- reparación de beirarrúas;

- asfaltado de camiños;

- mellora do acceso a internet;

- melloras no alumado;

- as restauración das campás da igrexa de Doniños.

- a colocación de semáforos na estrada de Valón.

A última asemblea de zona terá lugar o 2 de outubro no polideportivo do CEIP San Xoán de Filgueira, ás 17.30 horas.

Neste caso o número de propostas son 66, de modo que o total entre as catro reunións é de 201.

Xa en novembro, explicou o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, debateranse as 80 propostas seleccionadas (20 por cada encontro) na asemblea de cidade.


Diario de Ferrol.-

20/9/10

ASEMBLEA - OPs EN COVAS - ESMELLE



O saneamento, principal opción
dos veciños de Covas e Esmelle.



19 de Setembro de 2010

Os veciños de Covas e Esmelle inclináronse masivamente pola realización de obras de saneamento na asemblea de Orzamentos Participativos que se celebrou onte no local social da primeira das parroquias.


O acto, no que participaron 140 persoas, contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri; o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago; e o sociólogo e científico do Instituto de Estudos Avanzados-CSIC Ernesto Ganuza, que se atopa na cidade como observador do proceso de Orzamentos Participativos.
Entre as 45 propostas que os veciños tiñan ás súas disposición para elixir as que consideran máis adecuadas para optar a ser financiadas con cargo aos 1.650.000 euros reservados para o proceso deste ano, resultaron elixidas vinte.

Trátase, por esta orde;
- a recollida e limpeza de fosas sépticas;

-a rede de saneamento;

-a construción dun centro de día para maiores aproveitando varios emprazamentos, entre os

que figuran Prior e a Cooperativa;

-as beirarrúas desde o cruzamento de Vilar ata Prior;

- a habilitación dun parque biosaludable e infantil no solar anexo ao local social de Covas.

- as opcións de melloras no acondicionamento do local social desta parroquia, consistentes en
insonorización e climatización;

- instalación dun punto limpo en Covas;

- habilitación de pasos de peóns elevados en Covas e Esmelle;

- ampliación da zona urbanizable nos núcleos de ambas as parroquias;

- a limpeza e asfaltado de pistas e estradas.

- A listaxe complétase coa conversión do cuartelillo de Prior en Aula da Natureza e Albergue
Xuvenil;

- as obras de acometida do saneamento responsabilidade do Concello;

- beirarrúas desde o local de Esmelle ata A Cocheira;

- aparcadoiros nas praias de Covas;

- posta en valor dos montes do Concello, coa recuperación da flora autóctona;

- cubrición da pista polideportiva de Covas;

- accesos para discapacitados ás praias;

- estudo técnico sobre os posibles usos dos cuarteis do Exército;

- melloras nas dotacións da pista polideportiva de Covas;

- e, empatados no posto número 20, a reparación da estrada de Ponzos e o acondicionamento
dos accesos ao areal de Santa Comba, coa ordenación do tráfico e o aparcadoiro.

O experto Ernesto Ganuza manifestou que a dinámica da asemblea foi moi áxil, transparente e ben organizada, de forma que os veciños saíron de alí sabendo o que ocorreu. Este científico está analizando dez experiencia deste tipo de España, entre elas a de Ferrol.

Diario de Ferrol .-

15/9/10

DEBATE OP´s - ERNESTO GANUZA



O experto en Orzamentos Participativos Ernesto Ganuza impartirá na Biblioteca Central unha charla sobre os procesos activos en España e noutros países europeos.


· O alcalde recibe este venres ao sociólogo, coordinador científico da investigación internacional impulsada polo Instituto de Estudos Sociais Avanzados- CSIC, na que participa o Ferrol.


· O edil Manuel Santiago invita á cidadanía a asistir ao acto, que se celebrará ás 19.30 horas con entrada libre e gratuíta.


· Ganuza participará como observador na asamblea de zona que se celebra o sábado en Covas para votar as primeiras propostas que se financiarán con cargo á partida de 1.650.000 euros.


Ferrol, 15 de setembro de 2010.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, invitou aos cidadáns e cidadás a asistir este venres á Biblioteca Municipal da Praza de España á charla que ofrecerá ás 19.00 horas o doutor en Socioloxía e grande experto nacional en procesos de orzamentos participativos Ernesto Ganuza Fernández.

Previamente, pola mañá, será recibido polo alcalde da cidade, Vicente Irisarri, para posteriormente comparecer ante os medios de comunicación co obxecto de informar acerca do proxecto de investigación promovido polo Instituto de Estudos Sociais Avanzados e Consello Superior de Investigacións Científicas (IESA-CSIC) sobre orzamentos participativos, un proceso no que Ferrol foi pioneiro en Galicia.


Neste estudo, tal e como lembrou o edil Manuel Santiago, participará o Concello de Ferrol xunto con outros 50 municipios de países de América (Brasil, EE.UU), de Europa (Reino Unido, Francia, Alemania e España), así como de África e Asia. O dito estudo internacional estará coordinado científicamente polo propio Ernesto Ganuza, cuxa visita á urbe naval brindaralle a oportunidade de coñecer polo miúdo o proceso de orzamentos participativos que por segundo ano consecutivo ten en marcha o Concello de Ferrol e no que están implicados os barrios de Santa Mariña, San Pablo de Catabois, San Xoán, Ferrol Vello e Canido –na zona urbana- e Doniños, San Xurxo, Covas e Esmelle –na zona rural-.

O concelleiro de Participación Cidadá destacou esta mañá a importancia de poder contar na cidade coa presenza de Ernesto Gamuza, dada a súa ampla experiencia nestes procesos de democracia participativa tanto a nivel nacional como internacional.


A este respecto, subliñou que na actualidade este experto investigador no IESA-CSIC desenvolve o seu traballo nos eidos da participación cidadá, a deliberación e a investigación participativa. Así mesmo, ten colaborado na posta en marcha dos orzamentos participativos en diversas cidades e participado en investigacións que sobre os ditos procesos se están a levar a cabo en países tanto de Europa como América. Durante os últimos anos, Ernesto Ganuza coordinou as dúas primeiras enquisas deliberativas que se realizaron en España e escribiu numerosos artigos sobre participación, deliberación e democracia.

De parte da súa experiencia neste eido falará aos cidadáns e cidadás que se acheguen este venres ata a Biblioteca Central –a entrada ao acto é libre e gratuíta-.

Na súa intervención, Ganuza fará un repaso polos diferentes procesos de orzamentos participativos que a día de hoxe están en marcha tanto en España como no resto de Europa, falará de como se artellan e desenvolven, dos diferentes grupos creados ao abeiro dos mesmos para o seu desenvolvemento ou de como se artella a participación cidadá, entre outros aspectos.


Así mesmo, aproveitará a súa estadía na cidade para facer de observador no proceso de orzamentos participativos que está en marcha no Concello de Ferrol e que esta fin de semana afronta un novo paso: o inicio das asambleas de zona que se celebrarán entre o 18 de setembro e o 2 de outubro para que os veciños e veciñas voten as propostas que serán levadas á Asamblea de Cidade, prevista para o mes de novembro.

A este respecto, o concelleiro Manuel Santiago informou de que este sábado, ás 17.30 horas celebrarase a asamblea de zona de Covas-Esmelle, na AVV de Covas.


Nela están chamadas ás urnas un total de 1.068 persoas que previamente se inscribiran no Rexistro de Votantes aberto ao abeiro do proceso de participación cidadá.


A estas poderanse sumar, antes do inicio da asemblea, aquelas outras persoas que desexen votar as propostas –un máximo de 10 por persoa- para ser financiadas con cargo aos 1.650.000 euros reservados este ano ao proceso.


Nesta primeira asamblea de zona someteranse a votación un total de 45 propostas, das que se elixirán 20ao finalizar as catro asambleas contarase coas 80 propostas que definitivamente serán levadas á Asamblea de Cidade-.

A continuación, as datas e lugares de celebración das asambleas de zona:


DATA - ZONA - HORA - LUGAR

Sábado 18
de setembro


Covas-Esmelle
17,30 h .- AVV Covas


Venres 24
de setembro


Ferrol Vello-Canido
19,30 h .-Aula Ecoloxía Urbana (Parque Raíña Sofía)

Sábado 25
de setembro

Doniños-San Xurxo
17,30 h .- AVV San Xurxo


Sábado 2
de outubro


San Pablo de Catabois-Santa Mariña-San Xoán
17,30h.-Pavillón polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira



Saúdos;

Gabinete de Comunicación