27/11/11

CONVOCATORIA FORO CÍVICO - 30 NOVEMBRO-2011


     Dende a concellaría de Participación Cidadá poñémonos en contacto con vostede, e con a entidade que representa, para informarlle da actuación municipal no ámbito de participación cidadá como son o deselvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e a posta en marcha do proceso dos Orzamentos Participativos.

Un dos pilares sobre o que se formula a Participación Cidadá é o de implicación e participación dos distintos colectivos e entidades que conforman o mundo asociativo ferrolán. É por iso que informámoslle da convocatoria do Foro Cívico que terá lugar o mércores, 30 de Novembro no Salón de actos do Centro Sociocultural Carvalho Calero, ás 19,30 h-21,30 h.

A Orde do día contempla as seguintes cuestións:


* Recepción de persoas asistentes ao Foro. 19,30 h.

* O desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá. 19,40 h.

* Situación dos Orzamentos Participativos e presentación do novo modelo. 20,00 h.

* Propostas de zonas asemblearias e calendario de traballo. 20.20 h.

* Posta en común e debate. 20,30 h.


De cara un mellor desenvolvemento do Foro, achegarémoslle nos próximos días o documento de presentación da sesión de traballo.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.


Ferrol, a 24 de novembro de 2011.


- José Manuel Vilariño Anca.-

- Concelleiro de Participación Cidadá.-

25/11/11

MOCIÓN DE PARTICIPACIÓN PLENO MUNICIPAL.-


O pleno mostrou visións diferentes de

entender a participación cidadá.

Venres, 25 de Novembro de 2011.


Os orzamentos participativos, o regulamento e, en xeral, o movemento cidadán que se puxo en marcha no anterior mandato e os camiños que seguirá nesta nova etapa de goberno centraron parte da sesión plenaria deste fin de mes, celebrada onte.

As continuas queixas e reclamacións da comisión de seguimento dos orzamentos participativos ante o que consideran unha terxiversación do proceso e unha completa falta de información fixéronse oír onte tanto da boca dun dos seus representantes, Roberto Pérez, como dos portavoces municipais de PSOE, BNG e EU que, de forma conxunta, elevaron ao pleno as ideas da comisión de seguimento plasmadas nunha moción.

Pero antes do debate da moción, o ambiente xa se caldeou o suficiente con dous puntos anteriores, o relativo á aprobación dos 23 ámbitos territoriais para o inicio dos traballos e constitución de órganos do regulamento participativo e a aprobación da ordenanza reguladora da administración electrónica.

No primeiro destes puntos, Vilariño presentou a proposta como unha forma de dividir a cidade en 23 ámbitos para poder comezar a celebrar as asembleas de barrios e elixir aos representantes no Consello da Veciñanza, pero a idea non gustou aos grupos da oposición que defenderon que esta decisión non correspondía ao goberno senón ao Foro de cidade, que está convocado para o día 30 Nov. e que debería ser o lugar onde se tomase esta decisión antes de ir a pleno.

 Pita (BNG) e posteriormente a representante de EU, Yolanda Díaz, e do PSOE, Natividade González, pediron que se retirase a proposta da orde do día, ata despois do foro, co fin de que se debatese onde correspondería. Vilariño, con todo, non considerou necesario retirar este punto nin tampouco facer uso dun receso que se pediu posteriormente, alegando que xa había "chequeado" ao movemento asociativo, polo que consideraba acertada a aprobación plenaria.

Tras o visto e prace, con só os votos de PP e IF, Yolanda Díaz vaticinou a Vilariño o seu futuro en materia de participación cidadá: "chegará morto politicamente ó foro e mata o proceso de participación na única cidade na que a temos".

A outra proposta do goberno vinculada cos cidadáns, a ordenanza reguladora da administración electrónica, tamén foi criticada, pero, nesta ocasión, máis por non ser entregada á oposición "en tempo e forma" que polo seu contido en si mesmo, ao que xa anunciaron, de todos os xeitos, os grupos da oposición que presentarán alegacións. "Esperarei expectante as súas achegas", resolveu Vilariño.

Ante esta situación, o portavoz da comisión de seguimento, Roberto Pérez, optou por non insistir no contido da moción e sinalar unicamente que se sentía "totalmente defraudado", pedindo ao alcalde se podía facer algo para que se informase á comisión de seguimento do relacionado co proceso de orzamentos participativos.

Na moción, que foi defendida por Yolanda Díaz, en nome de EU, PSOE e BNG, pedíase ao goberno un compromiso para os orzamentos de 2012, unha información exhaustiva das 25 propostas aprobadas en 2010 e a convocatoria da comisión de seguimento e do foro de cidade.

A moción non saíu adiante e Vilariño respondeu un por un a todos os puntos, con gráficos a todo cor incluídos, sobre o estado de cada proposta cando chegaron ao goberno e actualmente, enumerou, ademais, todas as reunións mantidas coa comisión de seguimento e considerou que "non é urxente" unha nova convocatoria ata fin de ano.

Ademais, matizou, "non podemos instarnos a algo que xa estamos facendo".

Diario de Ferrol.-

Pleno de Participación Cidadá.-

O debate sobre a participación cidadá crispa
o pleno municipal


Os grupos de esquerda e o goberno local mantiveron
onte un enconado debate




25/11/2011

 Os grupos de esquerda e o goberno local mantiveron onte un enconado debate no pleno municipal a conta da participación cidadá. Varios puntos da orde do día aludían a este procedemento. O primeiro, a proposta do PP de designar 23 ámbitos territoriais, coincidentes cos principais barrios da cidade, para constituír os órganos previstos no regulamento municipal. PSOE, EU e BNG pediron en reiteradas intervencións que os populares retirasen a cuestión, ante a proximidade da convocatoria dun Foro Cidadán o vindeiro mércores. Querían que fosen os veciños os que decidisen sobre esta cuestión, pero o concelleiro de Participación Cidadá, José Manuel Vilariño, insistiu en votalo, alegando facer unha prospección entre entidades que avalaban esa proposta, que finalmente foi aprobada cos votos do PP e de IF.

Tras continuar a polémica no punto sobre a nova ordenanza de administración electrónica -con idéntico resultado- foi unha moción conxunta presentada pola esquerda a que xerou maior polémica. Pedían explicacións ao goberno polos proxectos dos orzamentos participativos pendentes de execución. «Vai pasar á historia por facer desaparecer a democracia participativa neste Concello», espetou Yolanda Díaz a Vilariño, que replicou: «Se é por vostede vou pasar á historia como o asasino dos orzamentos participativos, pero xa verá, non vai ser así», sinalou exhibindo gráficos comparativos dos investimentos realizados polo anterior goberno e o actual.

 A moción foi rexeitada, pero antes tomou a palabra un membro da comisión de seguimento, Roberto Pérez, que renunciou ao discurso previsto: «Síntome defraudado».

24/11/11

MOCION E QUEIXA NO PLENO MUNICIPAL DE FERROL


COMISIÓN DE SEGUIMENTO
DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS


       Esta Comisión, elixida polos cidadáns na Asemblea de Cidade dos Orzamentos Participativos, ten a función de facer un seguimento das propostas aprobadas nesa Asemblea. Parta facer este traballo debe ter acceso, como así o especifica o regulamento interno dos OP, a toda a información relativa ós proxectos e programas de todas as propostas.

      En varias ocasións solicitamos ó Concelleiro de Participación Cidadá a información e o estado no que se atopan as propostas, así como prazos de execución, pero o Concelleiro, reiteradamente, nos está negando a información e tamén a nosa participación na elaboración dos programas, como é o caso do Proxecto CULTICIPANDO e a Dinamización dos barrios e parroquias.

    Sabemos pola prensa que algunhas das propostas aprobadas polos cidadáns foron rexeitadas polo goberno municipal sen dar a esta Comisión nin ós veciños a información necesaria.

     Por iso, esta Comisión presentou ós Grupos Municipais Esquerda Unida, BNG e PSOE una Moción para que á súa vez a eleven ó Pleno do próximo xoves 24, no que tamén un representante desta Comisión intervirá para defender os intereses dos cidadáns.

    Ante isto, pedimos o apoio de todas as entidades veciñais, distribuíndo esta información polos barrios e parroquias, para que coa vosa presenza no Pleno solicitemos a execución das propostas aprobadas pola cidadanía, a continuidade dos orzamentos participativos e o desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá.

 -- - - - - - - - - - - - -  - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
 
 
                                       ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS



 O GOBERNO MUNICIPAL DESPRECIA Á CIDADANÍA Ó NON RESPETAR ÓS ACORDOS   
     DA ASMBLEA DE CIDADE


 O CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CUESTIONA A COMPOSICIÓN DA
    COMISIÓN DE SEGUIMENTO QUE FOI ELIXIDA POLOS CIDADÁNS


 ALGUNHAS PROPOSTAS APROBADAS POLOS CIDADÁNS NON SE QUEREN EXECUTAR


 OUTRAS PROPOSTAS SE ESTÁN EXECUTANDO, PERO NON SE CORRESPONDE CO
    SOLICITADO POLOS VECIÑOS


 NON SE CUMPRE O PRINCIPIO DE TRASPARENCIA, NEGÁNDONOS A TODOS A INFORMACIÓN RELATIVA ÁS PROPOSTAS APROBADAS

SOLICITAMOS O VOSO APOIO PARA QUE O GOBERNO MUNICIPAL EXECUTE AS PROPOSTAS SOLICITADAS POLOS CIDADÁNS


  ACUDE Ó PLENO DO PRÓXIMO XOVES, DÍA 24, A 

PARTIR DAS 19,00 HORAS



 
- A Comisión de Control do RPC
- A Comisión de Seguimento-2010
 

2/11/11

Autoconvocatoria Comisón Control P. RPC

A Comisión de Control Provisional de Participación Cidadá está CONVOCADA a unha xuntanza para este vindeiro XOVES-3 ás 18,30 h. na Casa do Concello.


Avaliaremos as informacións na prensa do concelleiro de Participación Cidadá e á súa implementación dos órganos participativos como o FORO CIVICO e a posta en marcha do Valedor da cidadanía, Oficina de queixas e susxestións ou a Comisión Especial de queixas e suxestións.


Valoraremos as queixas da comisión de seguimento dos OPs-2010 que non se lles dá ningunha información a respecto as propostas aprobadas pola Asemblea de Cidadá do pasado ano.


- Análise das informacións do concelleiro de Participación Cidadá.


- FORO CÍVICO - Cumprimento e data. -


- OPs.- Queixa Comisión de Seguimento dos OPs.


- Plan Urban e outros- descoñecemento de Ordenanzas aprobadas...



- A Comisión.-