27/11/09

REUNION PREVIA - ASEMBLEAS CIDADÁS



Ata 730 veciños votarán en asamblea os


días 12 e 19 as propostas a financiar cos


Orzamentos Participativos.


Venres, 27 de novembro de 2009.-

O concellerio Manuel Santiago avanza que previamente, o día 1 de decembro, se disporá dos informes de viabilidade das propostas para expoñelos nos puntos de información.

Constituiráse unha comisión de seguemento das propostas, que se encargue de controlar a execución dos proxectos

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou dos acordos adoptados no día de onte na reunión celebrada no local da asociación de veciños O Cruceiro de Valón entre os membros do Grupo Motor e os do GAP (Grupo de Análise e Proposta).

Así, entre as principais iniciativas, se acordou que as asambleas cidadás para votar as propostas presentadas pola cidadanía de Ferrol a financiar con cargo aos Orzamentos Participativos se celebren os días 12 e 19 de decembro, nas instalacións de FIMO.

E, co fin de facilitar a asistencia masiva dos 730 veciños e veciñas con dereito a voto que solicitaron a súa participación activa no proceso, Manuel Santiago xa avanzou que a veciñanza contará con transporte colectivo para os desprazamentos.

Previamente e seguindo a orde estricta do calendario, o edil indicou que as vindeiras reunións das Mesas de Propostas coa Oficina Técnica se celebrarán o día 2 de decembro e o día 9, co fin de aplicar os criterios de xustiza social, previstos no Regulamento de Orzamentos Participativos, ás propostas viables que vaian a ir ás asembleas.

O persoal técnico explicará nese momento a viabilidade das propostas presentadas, se son competencia municipal ou non e se están previstas estas intervencións con outro tipo de orzamento ou financiamento doutras administracións.

Nas asembleas a defensa das ideas será realizada por representantes das Mesas de Propostas, dando a opción aos propoñentes a que realicen intervencións aclaratorias.

Respeto á votación, á que teñen dereito 730 veciños e veciñas que solicitaron a súa participación activa no proceso, se votarán 10 propostas asignando 10 puntos, do un ao dez.
Convidaráse a todo o tecido asociativo, en especial ao movemento veciñal doutros barrios e a representantes doutros concellos que están a realizar experiencias similares.

A Oficina Técnica está a avaliar neste momento as propostas entregadas (que foron agrupadas en 240 propostas correspondentes a 1.227 fichas recollidas).

Será o día 1 de decembro cando se recollan todos os informes de viabilidade, que se exporán nos sete puntos de información habilitados durante todo o proceso nos cinco barrios de intervención directa.

Así, quedaría pendente a constitución dunha comisión de seguemento das propostas, que realice un control dos proxectos executados con cargo aos Orzamentos Participativos, así como o inicio e debate do modelo de Orzamentos Participativos para 2010, que será previsiblemente un espazo combinado entre o Grupo Motor e o grupo de traballo do GAP (agora comisión de control e seguemento de participación cidadá).


participación cidadá.-

20/11/09

CONVOCATORIA COMISION - GAP





Ola a Tod@s.-


Trala ultima reunión do COMISIÓN de CONTROL PROVISIONAL do R.P.C., (Ver Acta), acordamos unha serie de iniciativas que deben prestar toda nosa atención.

- Acordamos realizar unha xuntanza o vindeiro MÉRCORES, día 25 ás 6 horas da tarde no ATENEO FERROLÁN, co fin de comentar e desenvolver as propostas e iniciativas aprobadas nesta ultimas reunión do día 13.


- Decidimos que as persoas que formen parte da COMISIÓN serán a título individual, predominando así a compromiso coa cidadanía deste concello de Ferrol. Nesta reunión trataremos de configurar unha lista dos membros da futura COMISIÓN , valorando as asistencias e traballo desenvolvido do Regulamento, ademais doutras recomendacións que consideremos.

- Actuacións de difusión do REGULAMENTO por medio de varios portavoces en distintos medios, así como dalo a coñecer en actos, asembleas, publicacións, revista social...

- Remate e valoración deste ano 2009 e previsión do 2010, que merece especial atención para proseguir ampliando o regulamento e pór en marcha novos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS para ó 2010.

- ACTO DO JOFRE .- Ideas e propostas para realizar un acto cidadán a mediados de Xaneiro-10, dando a coñecer o REGULAMENTO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ. Presentación persoeiro/a coñecida/o da comarca- (Mabel Rivera ? )

- Podemos comezar a debater a idea de contar cun pequeno ORZAMENTO para utilizar esta COMISIÓN en concepto de publicidade, publicacións, revista social..etc.


Saúdos

pola comisión

x. mel sanxoán -----------------------------------------------------




ACTA

13 de Novembro

(Borrrador- pendente de aprobación)

Asuntos propostos para a orde do día (convocatoria telemática e telefónica a todos os membros inscritos inicialmente no GAP):

· Propostas para a constitución formal da comisión de seguimento e control dos procesos participativos.

· Preparación de accións de difusión do RPC de cara á futura entrada en vigor.

· Calendario de novas reunións.

Desenvolvemento da sesión:

· Desde a área de Participación infórmase da remisión do texto íntegro da normativa ao BOP, unha vez finalizado o período de exposición pública sen achegas e suxestións; sendo innecesaria a elevación ao pleno, da aprobación definitiva.
A entrada en vigor do RPC comezará a ser efectiva logo da súa publicación no BOP.

· Neste sentido, resúmense todas as accións pendentes para a continuidade e activación do proceso participativo e a difusión do RPC:

o - Constitución formal da comisión de seguimento e control.

o -Accións de difusión relativas ao RPC.

o -Xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre procesos participativos.

o Coméntase o calendario dos Orzamentos Participativos (OP) e as accións a executar ate decembro de 2009, que supoñen unha alta carga de traballo para o departamento, recomendando o inicio de accións, relativas ao RPC, a partir de xaneiro de 2010.

· Prodúcese un debate ordenado en relación a 2 aspectos:

o Constitución formal da Comisión de seguimento e control; sendo preciso o nomeamento das persoas que a conforman e elevalo ao pleno da corporación. Apóstase pola participación de persoas a título individual, en lugar dun modelo de representación por asociación, dando continuidade ás persoas que iniciaron o proceso e garantía á comisión (dados os cambios de xuntas directivas por parte das entidades participantes).

Crearase un modelo de “adhesión” ou compromiso, para asinar cada persoa e o listado elevarase a comisión informativa e a pleno.

o Acto cidadán para a difusión do RPC.

Propóñense 3 espazos distintos:

- Concello de Ferrol. Salón de plenos.

Proposta de formalizar, de novo, a aprobación definitiva da normativa cos membros da corporación. Coméntase a rixidez do protocolo e a asimetría na distribución do espazo entre a cidadanía, os medios de comunicación, os grupos políticos e equipo de goberno.

§ Concello de Ferrol. Salón de recepcións.

Proposta que salva a rixidez do salón de plenos e dota de flexibilidade á organización do acto.


§ Teatro Jofre.

Idea que se consolida ao longo do debate.

· Outras ideas que se comentan son:

o Incorporación das persoas, no acto cidadán, que están a traballar no proceso piloto de orzamentos participativos.

o Gran esforzo na cobertura do acto e difusión, dado o descoñecemento por parte da cidadanía do texto.

o Gran protagonismo da cidadanía na celebración do evento.

o Responsabilizar aos grupos políticos na celebración do acto.

o Responsabilizar ás asociacións e á cidadanía.

o Realizar unha entrega simbólica do documento ao alcalde, ou viceversa (dende a corporación á cidadanía). Esta idea non é suficientemente debatida nesta sesión.

o Realizar un “almorzo cos medios” ou similar, a semellanza do acto realizado para informar sobre o proceso de OP.

o Crear un grupo de traballo ou comisión para o contacto cos medios de comunicación (sen concretar persoas)

o Traducir o texto ao castelán para a súa dispoñibilidade na web.

Noutra orde de cuestións, vanse acordando outros aspectos, como a convocatoria dunha rolda de prensa, a celebración dunhas xornadas formativas e a publicación dun catálogo do RPC (Ver “Acordos tomados”)
Acordos tomados:

· Realizar unha rolda de prensa no momento da publicación do texto no BOP, previsiblemente en 10 días.

· Realizar un acto no Teatro Jofre, a mediados de xaneiro, organizado polo grupo de traballo.

· Data da próxima reunión en autoconvocatoria: previsiblemente o 25 de novembro.

· Publicar o texto (catálogo-libro), coa historia do proceso e un glosario de termos sobre democracia local.

· Trasladar para o 1º trimestre de 2010 a realización dunhas xornadas estatais de formación sobre procesos participativos.

· Constituír formalmente a comisión provisional de seguimento e control dos procesos participativos, coas persoas (a título individual) que estiveron a traballar no proceso (asinando unha declaración de adhesión e elevando ao pleno os nomeamentos).

A comisión terá unha duración provisional ate a constitución definitiva da mesma, segundo establece o procedemento recollido no RPC.

-Participación Cidadá e Comisión de Control Provisional.-

8/11/09

CONVOCATORIA - REUNION (GAP) 13- NOVEMBRO-09

Estimados/as veciños/as;

Dado que o proceso de achegas do Regulamento de Participación Cidadá foi informado sen ter recibido suxestións, non é preciso celebrar un novo Pleno e podemos proceder á publicación definitiva do texto no BOP.
Neste sentido, gustaríamos convocar unha sesión do grupo de traballo para o Venres 13 ás 19,00 horas no salón de recepcións, co obxecto de poder tratar os seguintes:
-Propostas para a constitución formal da comisión de seguimento e control dos procesos participativos.
-Preparación de accións de difusión do Regulamento de Participación Cidadá de cara á futura entrada en vigor.
-Calendario de novas reunións para a priorización de accións: posta en marcha.
Un saúdo, Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar.
15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 /
Móbil: 696.112.691

7/11/09

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - MESA TÉCNICA - MESA DE PROPOSTAS.-



Os veciños elixen 243 ideas para os orzamentos

participativos.


Cinco parroquias demandan infraestruturas


para maiores e melloras tecnolóxicas.

De 1.227 presentadas a semana pasada, finalmente quedaron en 243 as propostas que pasan á seguinte fase dentro do programa de orzamentos participativos deste ano, iniciado de xeito experimental nos barrios urbanos de San Xoán, San Pablo e Santa Mariña, e nas parroquias rurais de Doniños e San Xurxo.
Ese filtro é froito do traballo de catalogación realizado ao longo da última semana polos técnicos de Participación Cidadá e polos veciños que integran as mesas de propostas, que agruparon as iniciativas compatibles e ordenáronas segundo as prioridades marcadas polos diagnósticos realizados en asembleas previas e en función do número de persoas que asinan as peticións.

Entre as principais demandas figuran infraestruturas sociais para maiores e grupos dependentes, e tamén o relativo á mellora dos sistemas de saneamento e a construción ou mellora de beirarrúas. Iso no referente á contorna urbana.
No rural, as maiores demandas tamén son infraestructurales, pero destacan outras propostas, como que o Concello fágase cargo da recollida de fosas sépticas e a instalación de redes de rede de sumidoiros.
Pero tamén xorden demandas referentes á dixitalización da zona rural como a mellora do sinal de TDT ou facilitar o acceso a Internet de banda ancha.
-----------------------------------------------------------------
Un equipo técnico catalogará as iniciativas
para votalas en asemblea en decembro
O traballo de catalogación de propostas para incluír nos orzamentos participativos deste ano ( investimento de 350.000 euros no 2010 a elección dos cidadáns) é só unha primeira fase de selección de proxectos.
Esta semana foron as mesas do rural e a zona urbana as que fixeron unha primeira ordenación da avalancha de solicitudes recibidas. E esa listaxe pasa agora a mans dun equipo técnico que se encargará de elaborar unhas fichas detalladas de cada unha das intervencións, co seu orzamento.

En aproximadamente tres semanas, a valoración técnica volverá ás mesas de propostas para realizar unha última priorización de iniciativas. Da decisión que se tome nesas reunións sairá a listaxe definitiva, que se prevé que se someta a votación pública (coa convocatoria de asembleas abertas) no mes de decembro.

O procedemento marca que o grupo de goberno asuma como propias as intervencións elixidas e trasládeas ao pleno para a súa aprobación definitiva e que así poidan ser incluídas no plan de intervencións do próximo ano.
É precisamente no 2010 cando se prevé estender a outros barrios a iniciativa, para o que se contará cun orzamento superior ao millón de euros.
La Voz de Galicia.-

MESAS DE TRABALLO - SELECCION DE PROPOSTAS.-



As zonas urbana e rural escolleron as
súas actuacións de 2009.





O edil de Participación, o alcalde e a representante do Grupo Motor deron conta dos últimos avances


J. M. REDACCIÓN > FERROL
A enorme acollida dos veciños das zonas urbana e rural de Ferrol traducida na presentación de multitude de propostas para a aplicación dos primeiros orzamentos participativos da historia de Ferrol, con máis de 2.000 iniciativas, non impediu que as mesas de traballo celebradas os pasados mércores e xoves reducísenas a unha selección das consideradas prioritarias.
De todos os xeitos, moitas das iniciativas foron coincidentes, polo que o seu número viuse notablemente mermado; iso si, recibiron máis votos as que foron expostas por maior número de persoas.
De feito, na zona urbana, as 1.227 propostas recibidas quedaron finalmente en 122 tras ser agrupadas, mentres que na zona rural pasouse de 886 a 121.
Curiosamente, non sempre foron as iniciativas con maior número de apoios as que resultaron elixidas pola asemblea de diagnóstico como as prioritarias, dándose ata casos de que pasasen dunha prioridade alta (polo número de apoios totais) a unha baixa (por decisión da asemblea) e viceversa.
É o caso, por exemplo, do complexo social de San Xoán, que a pesar de contar cun único apoio é considerado pola asemblea como de alta necesidade ou o dos locais de ensaio en San Pablo, apoiado por 16 votos, prioridade alta, e considerado de baixa necesidade pola asemblea.
En moitos casos, con todo, coinciden as prioridades, deixando de manifesto as necesidades máis perentorias, tanto na zona urbana como na rural.
Nesta última, o apartado de novas tecnoloxías foi o máis votado e valorado tanto por apoios cidadáns como pola asemblea, dada a urxencia de conectar a contorna rural ás redes de comunicación e internet.
Para os barrios de San Pablo, San Xoán e Santa Mariña, a área de infraestruturas sociocomunitarias foi a máis necesitada de investimento (centro de terceira idade, complexos sociais ou centro de saúde) e a única no que coinciden como de alta prioridade tanto por apoios recibidos como por decisión da asemblea.
Na zona rural, ademais das novas tecnoloxías, as parroquias de Doniños e San Xurxo conceden unha alta valoración as propostas relativas á asistencia sociocomunitaria (programas de atención a maiores e dependentes, descentralización e asistencia social e sanitaria nos locais sociais ou formación para coidar enfermos e persoas dependentes, entre outras).
Así mesmo, considéranse prioritarias as propostas que se refiren a infraestruturas para a xestión de residuos, tanto recollida e baleirado de fosas sépticas como redes de sumidoiros e saneamento, colocación de colectores de reciclaxe ou instalación de fosas ecolóxicas.
Tras a votación do próximo mes por parte dos veciños ligados aos barrios e parroquias afectadas, será o pleno da corporación o que deberá dar o visto e prace ao investimento municipal, con cargo aos orzamentos de 2009, aínda que as actuacións non se executarán ata entrado 2010.
Diario de Ferrol.-

4/11/09

REDE ESTATAL DE PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.-

O goberno local levará a pleno a adhesión do
Concello á Rede Estatal polos Presupostos
Participativos.
· O edil Manuel Santiago explica que Ferrol
e Albacete son as únicas cidades españolas
onde o proceso partiu da cidadanía.
· Avanza que a Mesa de Propostas Urbana inicia
o mércores, no Jofre, a análise das achegas, e a
Mesa Rural, o xoves


Ferrol, 3 de novembro de 2009.-
A Concellería de Participación Cidadá proporá ao Pleno a adhesión do Concello de Ferrol á Rede Estatal polos Presupostos Participativos.
Así o adiantou esta mañá o edil Manuel Santiago, explicando que a Administración Local dispón dun prazo de dous meses para formalizar dita adhesión e inscribirse nun dos cinco grupos de traballo que están abertos na actualidade no marco desta Rede.
Estes son: Formación e Asesoramento, Investigación e Publicación, Comunicación (a través da páxina web http://www.redpresupuestosparticipativos.org/ e dun boletín dixital), Redes estatais e internacionais (para sumarse a outras redes xa existentes de centros cívicos, cidades educadoras, etc.) ou Cidadanía non organizada (para traballar cos cidadáns que non pertencen a ningunha asociación).

Esta decisión foi tomada trala participación, a semana pasada, do edil e da técnica de Participación Cidadá, Manuel Santiago e Maica Rodríguez, respectivamente, nas VII Xornadas Internacionais de Orzamentos Participativos que se celebraron en Sevilla do 28 ao 30 de outubro baixo o lema “Crise global, alternativas desde o local”.
Nelas, o Concello ferrolán participou en diferentes obradoiros e postas en común nas que se expuxeron os modelos de Orzamentos Participativos desenvolvidos na actualidade e que teñen ao de Ferrol e ao de Albacete como os únicos de España que naceron demandadas “desde abaixo”, é dicir, por parte dos propios cidadáns.

Neste senso, o edil Manuel Santiago subliñou que chamou a atención entre os participantes das xornadas o feito de que en Ferrol os Orzamentos Participativos foran impulsados polo Grupo de Análise e Proposta (GAP) e un foro cívico, toda vez que no resto das 40 experiencias que funcionan en España a día de hoxe foran impulsadas inicialmente polos gobernos municipais.
A alta participación rexistrada no proceso (un total de 1.227 propostas e máis de 670 persoas inscritas no Rexistro de Participantes) foi outro dos aspectos que destacaron os participantes nas xornadas de Sevilla, xunto coa elevada participación, tamén, nas asembleas de zona e o papel dinamizador do Grupo Motor.

A proposta de creación da Rede Estatal polos Presupostos Participativos realizouse o pasado ano a petición dos Concellos de Getafe, Córdoba, Sevilla, Santa Cristina d`Aro e a Deputación Provincial de Málaga -a rede tivo o apoio da Rede portuguesa de Orzamentos Participativos, que inclúe a 20 concellos que están xa a traballar con este proceso- e a ela sumáronse ao longo de 2008 máis de 40 municipios de España, que traballaron e elaboraron un documento no que se fixo unha aposta pola democratización participativa como unha nova ferramenta de goberno.

A semana pasada celebrouse a súa segunda asemblea e estableceuse un plan de traballo para 2010 e unha declaración de principios que entende que os Orzamentos Participativos deben ser procesos autorregulados, vinculantes ás decisións que se tomen por parte dos veciños, e universais, cun seguemento de control do proceso e de rendimento de contas. A Rede dispón xa dos seus estatutos e a súa vindeira asemblea está prevista para xuño 2010 en Getafe, onde se fará coincidir coa celebración do Fondo de Autoridades Locais de Periferias Metrópolis Solidarias).

Mesas de Traballo

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, lembrou así mesmo que, tal e como se acordou na reunión celebrada o pasado 14 de outubro, e unha vez rematado o prazo de achega de propostas cidadás para ser financiadas con cargo aos 350.000 euros dos Orzamentos Participativos, iniciarase o traballo das Mesas de Propostas.
Para iso, convocouse para este mércores, 4 de novembro, a reunión da Mesa de Propostas Urbana, correspondente aos barrios de San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira e Santa Mariña.
A da zona rural (parroquias de Doniños e San xurxo) celebrarase este xoves, 5 de novembro. Ambas xuntanzas serán no Teatro Jofre ás 18.00 horas e nelas realizarase un balance do número e tipo de propostas presentadas (un total de 1.227, das que o 72,21% pertencen ao ámbito rural, con 886 propostas, e o 27,79% aos tres barrios urbanos, con 341 propostas).
Todas elas serán ordeadas e someteranse aos criterios de valoración das diagnoses das primeiras asembleas, en función dos principais problemas que se votaron nas reunións celebradas os días 2 e 3 de outubro para coñecer as necesidades e deficiencias máis importantes que se deben solucionar nos barrios que serán obxecto de intervención no proceso de Orzamentos Participativos.

Saúdos;
Gabinete de Comunicación,