27/11/09

REUNION PREVIA - ASEMBLEAS CIDADÁS



Ata 730 veciños votarán en asamblea os


días 12 e 19 as propostas a financiar cos


Orzamentos Participativos.


Venres, 27 de novembro de 2009.-

O concellerio Manuel Santiago avanza que previamente, o día 1 de decembro, se disporá dos informes de viabilidade das propostas para expoñelos nos puntos de información.

Constituiráse unha comisión de seguemento das propostas, que se encargue de controlar a execución dos proxectos

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou dos acordos adoptados no día de onte na reunión celebrada no local da asociación de veciños O Cruceiro de Valón entre os membros do Grupo Motor e os do GAP (Grupo de Análise e Proposta).

Así, entre as principais iniciativas, se acordou que as asambleas cidadás para votar as propostas presentadas pola cidadanía de Ferrol a financiar con cargo aos Orzamentos Participativos se celebren os días 12 e 19 de decembro, nas instalacións de FIMO.

E, co fin de facilitar a asistencia masiva dos 730 veciños e veciñas con dereito a voto que solicitaron a súa participación activa no proceso, Manuel Santiago xa avanzou que a veciñanza contará con transporte colectivo para os desprazamentos.

Previamente e seguindo a orde estricta do calendario, o edil indicou que as vindeiras reunións das Mesas de Propostas coa Oficina Técnica se celebrarán o día 2 de decembro e o día 9, co fin de aplicar os criterios de xustiza social, previstos no Regulamento de Orzamentos Participativos, ás propostas viables que vaian a ir ás asembleas.

O persoal técnico explicará nese momento a viabilidade das propostas presentadas, se son competencia municipal ou non e se están previstas estas intervencións con outro tipo de orzamento ou financiamento doutras administracións.

Nas asembleas a defensa das ideas será realizada por representantes das Mesas de Propostas, dando a opción aos propoñentes a que realicen intervencións aclaratorias.

Respeto á votación, á que teñen dereito 730 veciños e veciñas que solicitaron a súa participación activa no proceso, se votarán 10 propostas asignando 10 puntos, do un ao dez.
Convidaráse a todo o tecido asociativo, en especial ao movemento veciñal doutros barrios e a representantes doutros concellos que están a realizar experiencias similares.

A Oficina Técnica está a avaliar neste momento as propostas entregadas (que foron agrupadas en 240 propostas correspondentes a 1.227 fichas recollidas).

Será o día 1 de decembro cando se recollan todos os informes de viabilidade, que se exporán nos sete puntos de información habilitados durante todo o proceso nos cinco barrios de intervención directa.

Así, quedaría pendente a constitución dunha comisión de seguemento das propostas, que realice un control dos proxectos executados con cargo aos Orzamentos Participativos, así como o inicio e debate do modelo de Orzamentos Participativos para 2010, que será previsiblemente un espazo combinado entre o Grupo Motor e o grupo de traballo do GAP (agora comisión de control e seguemento de participación cidadá).


participación cidadá.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario