5/12/09

ENTRA EN VIGOR O REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-

Ferrol, Sábado 5 de Decembro de 2009
O Jofre acollerá en xaneiro a presentación
do novo regulamento de participación
redacción > ferrol
O Concello de Ferrol e os veciños/as que forman parte da Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá centrarán os seus esforzos despois do nadal en achegar a todo o mundo a nova normativa, que entrou en vigor esta mesma semana trala súa publicación non Boletín Oficial da Provincia (BOP-2 Decembro).
Un acto público de carácter festivo que terá lugar non teatro Jofre previsiblemente o vindeiro 23 de xaneiro, será a acción central que se levará a cabo para dar a coñecer o documento.
As persoas que asistan levaran xunto co texto do regulamento un glosario de 300 termos relacionados coa normativa e coa democracia en xeral.
Este dicionario político-administiva será posible a través dun convenio de colaboración que o Concello asinará co Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Socioloxía de Galicia.
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, compareceu onte en rolda de prensa acompañado de representantes do tecido asociativo para facer unha valoración da aprobación definitiva do novo regulamento, que sustitúe ó de 1986, o primeiro neste ámbito co que se dotou un Concello galego.
A este respecto, sinalou que Ferrol está a marcar o camiño en Galicia e España e imos ter o regulamento máis vangardista, moderno e mellor adaptado aos tempos actuais.
A partir de agora queda por diante o desenvolvemento do regulamento, que entra en vigor tal e como o elaboraron os veciños xa que non recibiu alegación algunha.
Un traballo que tanto o concelleiro como os responsables veciñais adiantaron que levará tempo, pero que se irá facendo sen preas pero sen pausa, apuntou Manolo Santiago.
O Defensor da idadanía, a Comisión de Queixas e Suxestións, o Consello de Veciñanza, os Foros Cívicos e as Asembleas de Barrio, son algunhas da novas ferramentas de participación da veciñanza que se porán en marcha con este regulamento.
Neste senso, os veciños que se encargarán de vixiar que se cumpra coincidiron en salientar o avanzado da normativa, así como a súa confianza de que non quedará escondido nun caixón como sucedeu con outros documentos de participación cidadá, dixo Ana Beceiro, da Asociación de Veciños de San Pablo-Catabois.
Para iso, a comisión estará ollo avizor e sempre en garda, porque os políticos ás veces tenden a ser olvidadizos, dixo Suso Oca, de Adega e tamén compoñente da comisión de seguimento.
A este respecto, o responsable das políticas de participación veciñal no Concello comprometeuse a que este proceso iniciado non terá volta atrás. A este respecto, indicou que o regulamento xa deu os seus primeiros froitos co proceso de orzamentos participativos que este ano aplícanse en Catabois, Santa Mariña, San Xoán de Filgueira, Doniños e San Xurxo.
Nesta liña, Xosé Mel Sanxoán, da entidade veciñal O Rosario-Inferniño, avanzou a intención dos veciños de propor novos barrios para aplicar esta experiencia en 2010, destancado que o regulamento supón a convivencia da democracia representativa coa participativa.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario