29/12/09

PLENO - APROBACION PROPOSTAS.



O pleno someterá a aprobación as

propostas cidadás financiar con

cargo aos Orzamentos Participativos

· O alcalde, Vicente Irisarri, presidirá un encontro previo entre a veciñanza e a corporación en torno a este proceso.

· De recibir o visto bo do pleno, os proxectos aprobados pola cidadanía de Ferrol entrarán na fase de contratación

Ferrol, 28 de decembro de 2009.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou esta mañá de que o pleno de Ferrol someterá mañá martes a debate e aprobación as propostas cidadás a financiar con cargo aos Orzamentos Participativos. De recibir o visto bo da corporación municipal que preside Vicente Irisarri, os proxectos propostos entrarían en fase de contratación.


Estos son, para a zona urbana:

- Recollida municipal de 50 fosas sépticas;
- rede de sumidoiros na rúa Toxo.
- parque saudable en San Pablo;
- descentralización de actividades socioculturais nos barrios;
- parque infantil en San Pablo;
- acondicionamento de zonas verdes e parques en San Pablo;
- parque saudable en Santa Mariña
- fomento da participación cidadá.






Na zona rural, as iniciativas a financiar serán:










- limpar, sinalizar, promocionar rutas de sendeirismo;
- acondicionamento de ríos e fontes;
- actividades socioculturais descentralizadas para as parroquias;
- sinalización e mellora da visibilidade dos cruces en Doniños;
- sinalización parroquial con materiais adaptados ao contorno
- fomento da actividade agroforestal.

Ferrol afronta deste xeito un proceso pioneiro en Galicia, máximo expoñente da participación cidadá, xa que son os propios veciños e veciñas os que deciden o destino dunha partida dos orzamentos ordinarios. Máis concretamente, 350.000 euros.

A pasada semana, os veciños e veciñas constituían a Comisión de Seguemento dos Orzamentos Participativos, órgano que actuará agora de enlace cos veciños e veciñas en cada un dos barrios e parroquias obxecto das actuacións seleccionadas, recollendo información sobre o terreo dos avances destas propostas e informando á cidadanía do estado dos correspondentes expedentes, así como do nivel de implementación destes programas.
Unha vez iniciada a avaliación do proceso, en xaneiro de 2010, irase perfilando o novo modelo de Orzamentos Participativos para o vindeiro ano, no que se incorporarán máis zonas ao proceso. Para esta avaliación serán convocados os membros do Grupo Motor, Mesas de Propostas e Comisión Provisional de Control dos procesos de participación cidadá

Neste senso, o equipo técnico encargarase da preparación de toda a información recollida desde o pasado mes de xullo nas numerosas xuntanzas de traballo -charlas informativas, sesións de elaboración do regulamento co Grupo Motor, reunión das Mesas de Propostas ou a celebración das asembleas-.

Así mesmo e como acto previo ao paso por pleno das propostas cidadás, o Salón de Recepcións do Concello de Ferrol acollerá un encontro entre a corporación e os veciños e veciñas que participaron no proceso experimental de Orzamentos Participativos durante estes últimos meses de 2009. Será mañá martes, ás 18 horas.

Ás 18,45 horas, xa no Salón de Plenos, a veciñanza entregará ao equipo de goberno que preside Vicente Irisarri as propostas cidadás que foron aprobadas no proceso asembleario, que se incorporarán entón como punto da orde do día da sesión plenaria.
Cadro-resumo das propostas aprobadas
Propostas da zona rural (San Xurxo e Doniños)
Nome das propostas
Orzamento

R.1
Limpar, sinalizar, promocionar rutas de sendeirismo
60.000 €

R.2
Acondicionamento de ríos e fontes
10.000 €

R.3
Actividades socioculturais descentralizadas para as parroquias
40.000 €

R.4
Sinalización e mellora da visibilidade dos cruces en Doniños
1.187 €

R.5
Sinalización parroquial con materiais adaptados ao contorno
18.000 €

R.6
Fomento da actividade agroforestal
18.000 €

Subtotal da zona rural
147.187 €

Propostas da zona urbana (San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira-O Bertón, Santa Mariña)

Nome das propostas
Orzamento
U.1
Recollida municipal de 50 fosas sépticas
24.616 €

U.2
Rede de sumidoiros na Rúa Toxo (San Xoán)
35.000 €

U.3
Parque saudable en San Pablo
12.000 €

U.4
Descentralización de actividades socioculturais nos barrios
24.000 €

U.5
Parque infantil en San Pablo
15.000 €

U.6
Acondicionamento de zonas verdes e parques en San Pablo
60.000 €

U.7
Parque saudable en Santa Mariña
12.000 €
U.8
Fomento da participación cidadá
18.000 €

Subtotal da zona urbana
200.616 €

TOTAL
347.803

Saúdos;
Gabinete de Comunicación

No hay comentarios:

Publicar un comentario