Ferrol Sábado 19 de Decembro de 2009
Os veciños da zona rural decidirán os
seus investimentos entre 20 propostas.
Manuel Varela, Manuel Santiago, María J. Fernández e Magdalena González no acto de onte.
jorge meis REDACCIÓN > FERROL
Un total de 304 veciños das parroquias de Doniños e San Xurxo están chamados mañá ás urnas para seleccionar entre as 20 propostas elixidas na última reunión aquelas que poderán ser financiadas con cargo á partida de orzamentos participativos destinada no documento económico municipal deste ano.
Aínda que se trata dunha contía de só 140.000 euros, os veciños traballaron con empeño para poder chegar a un acordo sobre que obras serán financiadas.
A selección final será mañá nunha asemblea que terá lugar en FIMO e na que se conseguiu reducir as 1.227 propostas de actuación a 20.
Agora, haberá que ter en conta o orzamento co que os técnicos valoraron cada intervención e axustar o diñeiro ás iniciativas expostas.
Entre estas atópanse a formación para coidar persoas enfermas e dependentes, un carril bici desde o piñeiral a Lobadiz, rutas de sendeirismo, acondicionamento do Bosque dous Nenos, parques en Outeiro, actividades socioculturais, colocación de colectores, acondicionamento de ríos e fontes, fomento de actividade agro-forestais, semáforos en Valón, sinais e limitacións de velocidade, medidas de aforro enerxético e alumado público.
O responsable da área de Participación Cidadá do Concello, Manuel Santiago, acompañado de representantes veciñais das parroquias de San Xurxo e Doniños presentaron onte esta preselección que levará á decisión final de mañá, que deberá reducir o custo total das propostas, 545.167 euros, para limitalo aos 120.000 con que se conta.
Esta cifra podería ampliarse en 10.000 euros, procedentes do orzamento destinado á zona urbana.
De non ser así se decidiría finalmente en asemblea conxunta en que investir esta contía.
Últimos trámites >
Coas propostas seleccionadas mañá e as que xa resultaron da asemblea do pasado sábado volverase a celebrar unha reunión conxunta no Jofre o vindeiro martes ás seis da tarde.
Nela constituirase unha comisión de seguimento e prepararase o pleno do día 29, este será precedido dunha comisión extraordionaria o día 23.
Antes da celebración plenaria, os veciños farán entrega ao alcalde das súas propostas para que este fágaas súas e as presente á aprobación da corporación.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario