29/9/11

Xuntanza da Comisión de Control de Participación Cidadá.-

A Comisión do Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá, está CONVOCADA para este vondeiro VENRES ás 5,30 h da tarde na sala de comisións da casa do Concello co fin de manter unha xuntanza de traballo co Concelleiro de Participación Cidadá a petición desta para tratar varios temas de interese, ademais de organizar o vindeiro FORO CÍVICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

Ferrol, a 29 de Setembro de 2011.-

Lamentable actuación concelleiro Participación Cidadá.-





O Grupo da Comisión de seguimento dos


Orzamentos Participativos-2010, acusa


ao PP de "DINAMITAR" o proceso.



redacción > ferrol
A comisión de seguimento dos orzamentos participativos-2010, mantivo o pasado martes unha reunión a instancias do concelleiro da área, José Manuel Vilariño, co obxectivo de dar conta do estado das propostas de actuacións que se acometerán con cargo a eses orzamentos. Pero lonxe de obter información sobre esta cuestión, os representantes da comisión de seguimento topáronse, tal e como denunciaron onte publicamente, cunha negativa a informalos e coa resposta de Vilariño de que, apuntan desde a comisión, "non hai ningunha novidade ó respecto".

A indignación dos veciños aumentou cando se pediron explicacións acerca das modificacións do orzamento que se aprobaron no último pleno e que, tal e como se indicou no seu momento, afectarían a varias partidas nas que estaban incluídas moitas das propostas aprobadas nos orzamentos participativos de 2010 e cando se lle pediu ao edil que informase de se as partidas que se eliminan este ano incluiranse no orzamento do próximo exercicio, que xa está preparando o goberno.



Sobre ambos os temas non conseguiron ter dato algún.
Os veciños interesáronse ademais por dúas propostas concretas:


-as referidas ao programa cultural Culticipando.

-á contratación de dinamizadoras.



Como se recordará, o primeiro está paralizado e coa contratación de dinamizadoras estase desenvolvendo unha programación de actividades "que esta comisión descoñece en absoluto a día de hoxe, sabendo que se pretende iniciar ou próximo sábado".


Ante a desinformación, os representantes dos OPs-2010 (Orzamentos Participativos) consideran que con esta actitude o único que se pretende é anular esta comisión de seguimento, ademais de transformar completamente a proposta.



Ademais, cren que o máis grave é que se intenta "cambiar e ningunear a decisión tomada polos veciños/as na asemblea de cidade celebrada ou pasado mes de decembro".


O sucedido nesta última reunión da comisión levou aos seus integrantes a criticar o talante do concelleiro de Participación Cidadá, José Manuel Vilariño, do que, apuntan, "despreza a diario as aportacións dous membros da comisión como representantes da asemblea de cidade".


Tamén aluden a que este decida pola súa conta anular propostas sen ningún informe, alegando simplemente "que non se pode facer" e aseguran que demostra un interese nulo polo proceso, "desvirtuando os principios básicos de transparencia, tolerancia, participación, diálogo, etc?. Dende a comisión considérase que o goberno "despreza á cidadanía que co seu voto aprobou 25 propostas para despois aprobarse en pleno non orzamento de 2011".


Finalmente, este órgano de traballo acusa ao actual goberno "popular" de "pretender dinamitar todo un traballo feito pola cidadanía nas asembleas de zona e nas mesas de propostas ó longo de 2010, negándolles calquera información".



Diario de Ferrol.-


26/9/11

Ampliación e remodelación da Comisón de Control P do RPC.-






A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá, reunida nunha sala do segundo andar da casa do Concello de Ferrol deste día 22 de Setembro ás 19 h.;





A C O R D A M O S:



Instar a Concellaría de Participación Cidadá para realizar unha CONVOCATORIA pública co fin de remodelar e ampliar a actual Comisión de Control Provisional do RPC.
Instamos a que esta concellaría de Participación Cidadá, proporcione de todos os medios necesarios co obxecto de facilitar as candidaturas conforme a vixente normativa e o seu *Regulamento Interno.



- As/os candidatas/os deben estar censados/as neste concello de Ferrol.



- O tempo de presentación de candidaturas comezará a partir da súa publicación nos taboleiros e medios públicos durante 30 días.



- Unha vez elixidos/as, asinarán un documento de compromiso e vinculación a esta Comisión de Control Provisional a título individual.



- Instamos que os nomeamentos sexan ratificados polo Pleno da Corporación Municipal.

Ferrol, a 22 de Setembro de 2011.-




--------------------------------
• Referencias do Regulamento Interno .-

CAPÍTULO II. MEMBROS DA COMISIÓN



Artigo 5. Composición da Comisión



A comisión provisional está composta por 12 membros do antigo GAP (Grupo de Análise e Proposta), que teñen asinado unha declaración de compromiso a seguir traballando no seguimento e control dos procesos de participación cidadá, tal e como recolle a Disposición Transitoria Segunda do RPC.

Artigo 6. Novas incorporacións, suplencias e substitucións.



1. A comisión provisional terá carácter aberto á nova incorporación de membros, coa finalidade de fornecer o seu traballo durante o período de vixencia. Poderanse incorporarse así novos membros á mesma, asegurando o relevo de baixas e conservando un número de entre 12 e 15 persoas.



2. Para a incorporación de novos membros crearase un Rexistro de Cidadáns e Cidadás para a participación, entre a veciñanza maior de 16 anos que figure no Padrón Municipal. Este rexistro terá unha regulamentación específica, fomentando os criterios de paridade e equilibro poboacional entre os barrios.



3. As persoas que se incorporen ao Rexistro da Cidadanía poderán participar en diferentes órganos de participación, como os consellos sectoriais e outros órganos contemplados no RPC; para a incorporación na comisión provisional deberán de asinar a declaración de compromiso.

Artigo 7. Cesamento dos membros.



1. Os membros da comisión cesarán polas seguintes causas:



a. Renuncia expresa.
b. Expiración do prazo do seu mandato (co nomeamento da comisión permanente)
c. Formar parte de listas electorais de partidos políticos e agrupacións
electorais independentes.



2. As vacantes proveranse na mesma forma establecida no artigo anterior.



- SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
- SR. CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-



Aplicación do Regulamento de PC







Acordos Comisión Control P. do RPC.-



A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), acordamos pedir unha reunión de traballo co Sr. Alcalde e Sr. Concelleiro de Participación Cidadá co fin de tratar a actual situación sobre a aplicación do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, en concreto no referido a ;


- REXISTRO DE CIDADÁNS;


- CONSELLOS SECTORIAIS;


- OFICINA DE QUEIXAS E SUXESTIÓNS;


- COMISIÓN ESPECIAL DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS;


- VALEDOR DA CIDADANÍA.


Pedimos participar no desenvolvemento do vindeiro FORO CÍVICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, tanto nas mesas como na organización.



Ferrol, a 26 de Setembro de 2011.



Pola Comisión de Control P. de Participación Cidadá.-



21/9/11

CONVOCATORIA COMISION CONTROL P. do RPC.-




Tal e como acordamos na anterior xuntanza do día 16, continuaremos con esta para este vindeiro XOVES-22 ás 19 h. na sala de comisións da casa do Concello de Ferrol, co fin de seguir impulsando o Regulamento de P.C.

Trataremos varios temas de interese co fin de involucrar a sociedade, entidades, colectivos, forzas políticas e goberno no desenvolvemento dos Procesos de Participación Cidadá, como os Orzamentos Participativos.




ORDE DO DÍA

- Pedir información dos gastos anuais das partidas do pasado, así como información do

desglose de gastos para este exercicio.

- Celebración do FORO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

- Impulso do Regulamento- Solicitar unha xuntanza conxunta co Alcalde, concelleiros/as de

Persoal, Facenda, Participación Cidadá...etc.

- Actualización dos CONSELLOS SECTORIAIS.

- Entrevista cos partidos da Oposición.

- Comunicado convocatoria pública para AMPLIACIÓN desta COMISIÓN, cos criterios

contemplados nos regulamentos.






- A Comisión de Control P. do RPC .-



Acordos da Comisión de Control P. do RPC

Demandan a creación dunha oficina de queixas


e suxestións e unha comisión de reclamacións .


Mércores, 21 de Setembro de 2011 00:00 .
Redacción > ferrol


A Comisión de control provisional de regulamento de participación cidadá acordou na súa reunión do día 16, crear unha oficina de queixas e suxestións e unha comisión especial de suxestións e reclamacións. O colectivo aposta por cumprir de modo íntegro o mencionado regulamento, aprobado no pertinente pleno por todos os grupos políticos da corporación local ferrolá e pór a disposición dos cidadáns a oficina de queixas e reclamacións.


O colectivo considera prioritaria esta actuación pendente de desenvolver no concello e deféndea ante a opción de situar dúas oficinas de información noutros barrios da cidade, "o cal motivaría uns custes engadidos en concepto de mobiliario, soporte informático, recursos humáns, local, traslados, etc.", aseguran.


Os concelleiros dos grupos políticos con representación no Concello -PP, PSOE, BNG, EU-EU e IF-integrarían a Comisión especial de suxestións e reclamacións que, indican, "non supón ningún esforzo extra" e polo que demandan "a decisión política para a súa implantación".


Así mesmo, a Comisión de control provisional do regulamento de participación cidadá anunciou ademais que desexa formar parte tanto da organización como da mesa do Foro de Participación Cidadá de forma altruísta. A convocatoria fixouse, tal como apuntaron desde o colectivo, para o próximo 5 de outubro.

- Diario de Ferrol.-


19/9/11

Vindeira Xuntanza

Acordamos no remate da anterior xuntanza do dia 16 continuar este vindeiro XOVES- 22 ás 19 h. na Casa do Concello.


ORDE DO DÍA

- Hai varios temas se interese a tratar como pedir información dos gastos anuais das partidas do pasado ano e pedir información do desglose de gastos para este exercicio.


- ORGANOS DE PARTICIPACIÓN - Celebración do FORO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

Impulso do Regulamento- Solicitar unha xuntanza conxunta co Alcalde, concelleiros/as de Persoal, Facenda, Participación Cidadá...etc.

- Entrevista cos partidos da Oposición.

- Comunicado público AMPLIACIÓN desta COMISIÓN, cos criterios do regulamento

---------


*Ao comezo da xuntanza concretamos a ORDE DO DÍA.

*Despois da reunión enviaremos NOTA DE PRENSA.




Saúdos

x mel