A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá, reunida nunha sala do segundo andar da casa do Concello de Ferrol deste día 22 de Setembro ás 19 h.;
A C O R D A M O S:
Instar a Concellaría de Participación Cidadá para realizar unha CONVOCATORIA pública co fin de remodelar e ampliar a actual Comisión de Control Provisional do RPC.
Instamos a que esta concellaría de Participación Cidadá, proporcione de todos os medios necesarios co obxecto de facilitar as candidaturas conforme a vixente normativa e o seu *Regulamento Interno.
- As/os candidatas/os deben estar censados/as neste concello de Ferrol.
- O tempo de presentación de candidaturas comezará a partir da súa publicación nos taboleiros e medios públicos durante 30 días.
- Unha vez elixidos/as, asinarán un documento de compromiso e vinculación a esta Comisión de Control Provisional a título individual.
- Instamos que os nomeamentos sexan ratificados polo Pleno da Corporación Municipal.
Ferrol, a 22 de Setembro de 2011.-
--------------------------------
• Referencias do Regulamento Interno .-
CAPÍTULO II. MEMBROS DA COMISIÓN
• Referencias do Regulamento Interno .-
CAPÍTULO II. MEMBROS DA COMISIÓN
Artigo 5. Composición da Comisión
A comisión provisional está composta por 12 membros do antigo GAP (Grupo de Análise e Proposta), que teñen asinado unha declaración de compromiso a seguir traballando no seguimento e control dos procesos de participación cidadá, tal e como recolle a Disposición Transitoria Segunda do RPC.
Artigo 6. Novas incorporacións, suplencias e substitucións.
1. A comisión provisional terá carácter aberto á nova incorporación de membros, coa finalidade de fornecer o seu traballo durante o período de vixencia. Poderanse incorporarse así novos membros á mesma, asegurando o relevo de baixas e conservando un número de entre 12 e 15 persoas.
2. Para a incorporación de novos membros crearase un Rexistro de Cidadáns e Cidadás para a participación, entre a veciñanza maior de 16 anos que figure no Padrón Municipal. Este rexistro terá unha regulamentación específica, fomentando os criterios de paridade e equilibro poboacional entre os barrios.
3. As persoas que se incorporen ao Rexistro da Cidadanía poderán participar en diferentes órganos de participación, como os consellos sectoriais e outros órganos contemplados no RPC; para a incorporación na comisión provisional deberán de asinar a declaración de compromiso.
Artigo 7. Cesamento dos membros.
1. Os membros da comisión cesarán polas seguintes causas:
a. Renuncia expresa.
b. Expiración do prazo do seu mandato (co nomeamento da comisión permanente)
c. Formar parte de listas electorais de partidos políticos e agrupacións
electorais independentes.
2. As vacantes proveranse na mesma forma establecida no artigo anterior.
- SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
- SR. CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario