21/9/11

Acordos da Comisión de Control P. do RPC

Demandan a creación dunha oficina de queixas


e suxestións e unha comisión de reclamacións .


Mércores, 21 de Setembro de 2011 00:00 .
Redacción > ferrol


A Comisión de control provisional de regulamento de participación cidadá acordou na súa reunión do día 16, crear unha oficina de queixas e suxestións e unha comisión especial de suxestións e reclamacións. O colectivo aposta por cumprir de modo íntegro o mencionado regulamento, aprobado no pertinente pleno por todos os grupos políticos da corporación local ferrolá e pór a disposición dos cidadáns a oficina de queixas e reclamacións.


O colectivo considera prioritaria esta actuación pendente de desenvolver no concello e deféndea ante a opción de situar dúas oficinas de información noutros barrios da cidade, "o cal motivaría uns custes engadidos en concepto de mobiliario, soporte informático, recursos humáns, local, traslados, etc.", aseguran.


Os concelleiros dos grupos políticos con representación no Concello -PP, PSOE, BNG, EU-EU e IF-integrarían a Comisión especial de suxestións e reclamacións que, indican, "non supón ningún esforzo extra" e polo que demandan "a decisión política para a súa implantación".


Así mesmo, a Comisión de control provisional do regulamento de participación cidadá anunciou ademais que desexa formar parte tanto da organización como da mesa do Foro de Participación Cidadá de forma altruísta. A convocatoria fixouse, tal como apuntaron desde o colectivo, para o próximo 5 de outubro.

- Diario de Ferrol.-


No hay comentarios:

Publicar un comentario