24/1/10

GALA NO JOFRE DE PRESENTACION DO R.P.C.

Ferrol Domingo 24 de Xaneiro de 2010
Macrofiesta veciñal para a norma de participación.

Diferentes momentos da cerimonia que tivo lugar no teatro Jofre

jorge meis
redacción >ferrol-
Música, poesía, monólogos e moito protagonismo dos veciños para a posta de longo do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol que se escenificou onte no teatro Jofre.
Ao redor de 200 personass -as butacas da platea estaban case
todas ocupadas e só se vían algúns asentos baleiros nos palcos- déronse cita nun acto de marcado carácter lúdico deseñado conxuntamente polo Concello e as entidades veciñais e que veu precedido de tres días de animación nas rúas.

O obxectivo do mesmo era dar a coñecer á cidadanía a nova normativa que está en vigor desde o pasado mes de decembro e que esta a tome como propia para que participe activamente no goberno do municipio.


O xornalista local Raúl Salgado fixo de mestre de cerimonias dunha festa coa que se puxo o punto e final a un proceso que arrincou en xuño de 2008, coas primeiras reunións para a elaboración do novo regulamento nas que se implicaron de máis de 70 entidades e organizacións culturais, veciñais, deportivas e sociais da cidade.
De lembrar este proceso previo á aprobación da nova norma ocupouse a presidenta da Asociación de Veciños de Caranza e membro da Comisión de Control de Participación Cidadá, María do Pilar Rodríguez Venancio, que subliñou a fortaleza do tecido asociativo da cidade e recoñeceu o empeño do edil de Esquerda Unida Javier Galán -responsable de Participación durante o bipartito-, e de Manuel Santiago, actual concelleiro da área, en sacar adiante o regulamento de participación. "Non queremos gobernar e non damos ao goberno un cheque en branco, senón que entre todos imos a facer cidade", sinalou a representante veciñal sobre o valor do documento que onte se presentaba. Ademais, Rodríguez Venancio manifestou que o regulamento, aprobado de forma unánime polo pleno do Concello en xuño do ano pasado, "non é unha concesión de ningún partido político senón unha conquista dous ferroláns, que non queremos estar parados ante a toma de decisións".

Nesta liña, subliñou que a nova norma garente a solidariedade e ou equilibrio entre os barrios e os dereitos dous cidadáns.

Festa cultural -
Os discursos da representante veciñal e despois do alcalde se intercalaron con distintas actuacións nunha gala que se prolongou durante algo máis de hora e media.
O grupo de jazz-tango -Tempo4- e a actriz Cristina Moreira -coas súas continuas interrupcións desde a platea ao presentador nas que repasaba de maneira cómica a situación de Recimil, a praza de España ou do cabalo de Franco- animaron ao principio a cerimonia.

Despois, e antes da alocución do rexedor municipal, os poetas Karlotty e Guillermo Ferrández expuxeron a súa visión da democracia e a participación.
A continuación, e xa desde o escenario, tocoulle de novo a quenda a Cristina Moreira cun monólogo sobre ferroláns ilustres no que tivo cabida até Pachara.


O colofón ao acto puxérono as bandas de música do Concello de Ferrol e do Terzo Norte, que por primeira vez actuaron xuntas nun escenario.

Diario de Ferrol.-

ANIMACIÓN NOS BARRIOS -ULTRAMAR - INFERNIÑO.



DIFUSION ACTOS REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

ANIMACION NOS BARRIOS

BARRIOS DE ULTRAMAR - INFERNIÑO.



Este VENRES-22- tiveron lugar os actos de difusión programados para estes barrios de Ultramar e Inferniño da GALA do SÁBADO no Teatro JOFRE para presentar o Regulamento de Participación Cidadá.

Motivada a incesante choiva, vímonos obrigados a trasladar estas actuacións ao Centro Comercial e ao Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.




A Comison Provisional de Control do R.P.C., progamou esta serie de espectáculos e actos públicos nas Rúas e Prazas da cidade para dar a coñecer a GALA deste SÁBADO-23, no Teatro JOFRE.







Os CABEZUDOS polo Centro Comercial
de Porta Nova, Praza do Inferniño.




Pensamos que debiamos recuperar estas entrañabes figuras doutros tempos e aínda vixentes ;
os simpáticos CABEZUDOS.








Grupo Agarimo-



Gaiteiros de AGARIMO e os CABEZUDOS, actuaron dentro do Centro Comercial do Inferniño.










Bloco- Afro -




Actuación do Grupo BLOCO- AFRO pertencente a Asociación Cultural Trópico de Grelos, que foi moi novidosa e innovadora cos seus ritmos africanos.








Grupo de Gaiteiros AGARIMO-




AGARIMO, nos presentou parte do seu cancioneiro tradicional para ledicia dos veciñ@s.








Conto da CABRA MONTESINA-



A Compañía de Teatro "GHAZAFELHOS" actuou para o público que disfrutou das súas teatrais tolerías e historias para os peques e maiores -
" CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE".







Conto das LAVANDEIRAS-




Actuación de GHAZAFELHOS, coa participación voluntaria do público máis animoso...







Comision- GAP.

22/1/10

PREAMBULO DO REGULAMENTO P.C.



LIMIAR


O vixente Estatuto de autonomía de Galicia asígnalles aos poderes públicos galegos a responsabilidade de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra, sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos e galegas na vida política, económica, cultural e social.

As diferentes institucións internacionais así coma a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e Recomendacións do Consello de Europa fomentan a Democracia Participativa e promoven o fomento e implicación da cidadanía nas decisións publicas.

A veciñanza do municipio de Ferrol, a través dos grupos de análise e propostas e comisións de traballo, presentamos este Regulamento de Participación Cidadá despois de ser aprobado por unanimidade polo Pleno Municipal o pasado día 9 de xullo do 2009, que ten como destinatarios esta mesma cidadanía co fi n de fortalecer a democracia participativa.

Este punto de partida iniciouse un 28 de maio do 2008 e a posterior convocatoria dun FORO CÍVICO onde estivo presente un amplo sector do tecido asociativo da cidade de Ferrol coa participación de máis de 70 entidades e organizacións culturais, veciñais, deportivas e sociais para aspirar a ter un verdadeiro e ambicioso Regulamento de Participación Cidadá.

Este regulamento invita a toda á veciñanza a participar na política local desde a democracia participativa de forma individual, colectiva, vinculante e compatible coa democracia representativa.

Pensamos que a intervención activa da cidadanía nas políticas públicas da Administración local enriquece e dignifica a democracia representativa mediante os orzamentos participativos, asembleas de barrio, foros cívicos, consellos sectoriais, comisións de reclamacións ou a figura do Valedor/a Veciñal.

Entendemos que a participación cidadá debese ampliar á aquelas decisións importantes que afecten a toda á cidadanía como as ordenanzas municipais, o respecto dos espazos públicos e medio ambiente, defensa das institucións públicas ou as políticas sociais.

A garantía deste Regulamento de participación cidadá radica na forte presenza asociativa ferrolá que, como todos e todas sabemos, ten un amplo e diverso tecido socio-cultural, polo que estamos seguros de manter viva a súa vixencia e aplicación.


Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá.


21/1/10

ANIMACIÓN NOS BARIOS - ESTEIRO ; FERROL -VELLO; A MAGDALENDA.


PRESENTACION REGULAMENTO
PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



ACTOS DE ANIMACION NOS BARRIOS


No sorpor deste Mércores-20, saíron dos barrios de Esteiro e Ferrol-Vello en dirección ao barrio da Magdalena - Cantón, varias grupos de actuacións de animación para publicitar o acto central do Sábado-23, no Teatro Jofre, GALA de presentación do Regulamento de Participación Cidadá.





Agrupación Cultural A REVOLTA

SAÍDA;

Local da Asoc.Veciñal de Esteiro.
















REPARTO DE VOLANDAS.


Pola Avenida de Esteiro.






Lembra o famoso LP dos Beatles
no paso de peóns de Liverpool.







Quinteto de GAITAS - AGARIMO


Con Saída de Ferrol-Vello con chegada ao barrio da MAGDALENA, no CANTÓN.













Grupo de CABEZUDOS.

Animando á cidadanía e para sorpresa dos máis peques por descoñecer estes simpáticos persoeiros.












A REVOLTA, prestixiosa e recoñecida asociación cultural, animando toda a cidadanía polas rúas do barrio da Magdalena.















Compañía de Teatro GHAZAFELHOS.

Actuando no CANTÓN para ledicia de peques e maiores, disfrutamos da súa obra teatral infantil "Contos para escagarriñarse" .( 45 min)
















Lembrade que este sábado-23 ás 8,30 horas da tarde, terá lugar no Teatro Jofre a GALA de presentación do Regulamento de Participación Cidadá, con diversas actuacións e intervencións.






Entrada libre.

Reserva de entradas até agotar o aforo.



A Comisión Provisional do Regulamento de Participación Cidadá.
(Comisión-GAP)



19/1/10

PRESENTACION REGULAMENTO P. C. - ACTOS



ACTOS DE DIFUSIÓN
REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



PEGADA DE CARTEIS




Este Mércores-18 á tarde, membros da Comisión Provisional do Regulamento de P.C.(Comisión-GAP), realizamos unha PEGADA DE CARTEIS no barrio do Inferniño, simbolizando o momento de saída da celebración dos ACTOS para presentar o REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.




Queremos lembrar a importancia que teñen estes ACTOS DE ANIMACIÓN DE RÚA NOS BARRIOS.
A Comisión-Gap, pide realizar un esforzo de implicación e colaboración nestes intres co fin de achegar este REGULAMENTO a toda á cidadanía de Ferrol.






Resulta moi importante o compromiso de todas as entidades veciñais, culturais, deportivas e sociais para estimular a participación social ou democracia participativa.






ACTOS DE ANIMACION NOS BARRIOS



MÉRCORES -20.- BARRIO DA MAGDALENA.


Saída ás 18,30 horas. Dous itinerarios que rematan no CANTÓN.

ASOC.VECIÑAL ESTEIRO .- SAIDA do LOCAL SOCIAL-

* A Revolta + 5 Cabezudos;

Rua San Amaro - Praza do Callao - Rúa Lugo - Galiano - Praza do Concello -Armas - CANTÓN.


- ASOC. SOCIAL FERROL - VELLO.- SAÍDA - LOCAL SOCIAL -

* Agarimo + 5 Cabezudos;


Rúa San Francisco, Praza Amboaxe, Rúa Real, CANTÓN.

-Actuará no CANTÓN a compañía de teatro "GHAZAFELHOS", co espectáculo

" Contos para escagarriñarse". ( 45 min. )

---------------------------------------------------------------

XOVES-21. - BARRIO DE SERANTES.

Xoves- 21 .- Parroquia de SERANTES. SAÍDA ás 17, 30 horas.

- Rotonda Sexto Pino, até a Estrada de Covas pola Avda. 19 de Febreiro e
retorno á Pista Polideportiva ( Agarimo + Cabezudos)

* Actuación na Pista Polideportiva a Compañía de Teatro "GHAZAFELHOS".

* caso de choiva ; interior LOCAL A.V. San Salvador de Serantes.


------------------------------------------------------

Venres- 22 .- Barrios de ULTRAMAR - INFERNIÑO.


Saída ás 17,30 horas - Praza de Ultramar - Rúa Perú - Rúa Bello Piñeiro -

Rúa Fontemoura - Praza do Inferniño.( AGARIMO + Cabezudos)

* Actuación na Praza do Inferniño "BLOCO-AFRO" (Asociación Trópico de Grelos) ( 9 Músicos) e a compañía de Teatro "GAZAFELHOS".

* Caso de choiva ; Centro Cultural Municipal "CARVALHO CALERO".


TEATRO JOFRE


SÁBADO-23 Xaneiro ás 20, 30 horas.

Presentación do Acto; Xornalista RAÚL SALGADO, acompañado en clave comedia na monologuista CRISTINA MOREIRA.

* Grupo Jazz-tang 2TIEMPO4"

* Intervención de MAPI VENANCIO, en nome da Comisión
do Regulamento P. C. ( Comisión-GAP).

* Poemario a cargo de CARLOTTY e GUILERMO FERRANDEZ.

* Pecha a intervención do Alcalde de Ferrol, que entregará o documento do Regulamento aos 12 membros da Comisión Provisional de Control (GAP).

* Remata o acto coa actuación conxunta da BANDA MUNICIPAL DO CONCELLO FERROL e BANDA DO TERCIO NORTE.

* ENTREGAREMOS A CADA ASISTENTE UN EXEMPLAR DO REGULAMENTO
DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



Saúdos veciñais

A Comisión -GAP.

16/1/10

ACTOS PRESENTACIÓN REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-


Música e teatro como antesala
do regulamento de participación.






Os encargados do ambiente festivo dos actos presentaron as súas actuacións


c. carballeira redacción > ferrol.
Será a primeira vez que a entrada en vigor dunha normativa precedida de actos lúdicos e que a súa presentación supoña a celebración dunha festa en si mesma.
Con todo, tanto políticos como cidadáns están de acordo en que a entrada en vigor do Regulamento de Participación Cidadá necesita de festexos xa que se trata da implicación directa do administrado nos temas que habitualmente sentencia de forma unilateral a Administración local.
O traballo levado a cabo nos últimos meses deu como resultado un documento cuxa presentación oficial terá lugar o vindeiro sábado día 23 no teatro Jofre cun acto que se espera multitudinario e no que terá cabida a música, a poesía e o humor, sen esquecer o serio que pode ser este regulamento, a súa utilidade e desenvolvemento posterior.
Pero antes desta festa, que se presenta baixo o lema ¿Queres participar?, coñece as regras, virá unha semana de actividade nas rúas co obxectivo de dar a coñecer o regulamento e animar á cidadanía a que acuda ao acto do día 23.
Onte, o responsable da área de Participación, Manuel Santiago, e a técnica, Maica Rodríguez, rodeáronse para a presentación destes actos de quen serán os encargados de transmitir o ambiente festivo previo á presentación o regulamento.
A monologuista Cristina Moreira, os actores de Ghazafelhos e un dos integrantes do grupo de jazz-tango Tempo4 explicaron os seus espectáculos e animaron aos cidadáns a unirse a esta festa, que se espera sexa amplamente participativa, e nunca con máis razón.
- Deste xeito, o programa de actos comezará o mércores día 20 cun gran acto de difusión no barrio da Magdalena.
Trátase da participación das agrupacións A Revolta e Agarimo que acompañadas de cinco cabezudos cada unha realizarán dous itinerarios (desde o local de A.V. Esteiro e da AVV de Ferrol Vello) para confluír no Cantón onde actuará a compañía de teatro Ghazafelhos, co espectáculo "Contos para escagarriñarse de medo". En caso de choiva a actuación trasladarase á sede da Fundación Caixa Galicia.
- Os actos continuarán o día 21, xoves, trasladándose nesta ocasión á zona rural.
Desde a rotonda do Sexto Pino ata a estrada de Covas pasando pola avenida 19 de febreiro e regreso á pista polideportiva do local social de Serantes, desfilarán Agarimo e dez cabezudos.
O final do traxecto terá como acto central a representación teatral de Ghadafelhos na propia pista ou ben no local da Asociación veciñal de serantes.
- Xa o venres día 22, o protagonismo terano os ensanches, con actuacións no Inferniño e en Ultramar.
Ás cinco e media da tarde sairán da Praza de Ultramar - Agarimo e os cabezudos, percorrendo as rúas Perú, Igrexa do Rosario e Fontemoura ata a praza do Inferniño.
Alí actuará Blo-Afro da asociación Trópico de Grelos e novamente actuará Ghazafelhos.
Os actos previos ao sábado completarase co inicio da pegada de carteis nos barrios (contarase con 500 pósteres e 5.000 programas) o vindeiro luns e unha reunión no Carvalho Calero co obxecto de convocar ás entidades para a difusión dela programación.
A presentación do regulamento irá acompañado dun glosario de termos sobre democracia, a cargo do Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Sociología de Galicia, co que se iniciou unha colaboración.
Diario de Ferrol.-

15/1/10

ACTOS PRESENTACION DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



ACTOS DE DIFUSIÓN DO REGULAMENTO
DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


Últimos acordos tomados na reunión da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá (xoves 14.01.10):

PROGRAMA (20, 21, e 22 XANEIRO): ANIMACIÓN DE RÚA NOS BARRIOS

Entidades que participan (días previos ao Jofre):

o Compañía de teatro “Ghazafelhos”
o Asociación Cultural A Revolta de Trasancos.
o Asociación Agarimo.
o Asociación cultural Trópico de Grelos, con Blo-Afro.
o Grupo de 10 cabezudos (da A.VV. Caranza), que portarán os veciños e as veciñas de diversos barrios.

Mércores 20. BARRIO DA MAGDALENA.
-Saída ás 18,30 horas.
-Dous itinerarios que conflúen no Cantón:

-A Revolta + 5 cabezudos, saindo do Local social da A.Veciñal Esteiro
– San Amaro – Praza do Callao – Rúa Lugo- Galiano – Praza de Armas - Cantón.

Agarimo + 5 cabezudos, saíndo do Local social da A.VV. Ferrol Vello
– San francisco – Praza Amboaxe – Real – Cantón.

Actuará no Cantón compañía de teatro “Ghazafelhos”, co espectáculo
“contos para escagarriñarse” (45 min.).
En caso de choiva: Fundación Caixa Galicia.

Xoves 21. PARROQUIA DE SERANTES
.
-Saída ás 17,30.
Itinerario: Rotonda Sexto Pino ate estrada de Covas pola Avenida 19 de Febreiro e retorno á Pista Polideportiva (Agarimo + 10 cabezudos)

Actuará na pista polideportiva a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
En caso de choiva: interior do Local da A.VV. San Salvador de Serantes

Venres 22. BARRIOS DE ULTRAMAR E INFERNIÑO.
Saída ás 17,30.

-Itinerario: Praza de Ultramar – Rúa Perú – Igrexa do Rosario – Rúa Fontemoura -Praza do Inferniño (Agarimo + 10 cabezudos)

Actuará na Praza do Inferniño “Bloco-afro” (da Asociación Trópico de Grelos)
(9 músicos) e a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
-En caso de choiva: C.C. Carvalho Calero.


Outras actividades preparatorias:

Luns 18 de xaneiro:

Inicio da pegada de carteis nos barrios do Inferniño e Ultramar ás 17,45 horas.
-Reunión ás 18,00 horas no C.C. Carvalho Calero, convocada polas asociacións veciñais de Inferniño e Ultramar, co obxecto de convocar a todas as entidades cidadás da zona para difundir as actividades (4 días)

Publicidade:
-500 carteis,
-5000 volandas.
Pendente: publicación do Regulamento e o Glosario (2000 exemplares, hoxe en imprenta), que serán distribuidos no Teatro Jofre aos asistentes.

· Realizarase unha presentación ante os medios, con carácter previo ao sábado 23 a publicación, xunto aos representantes do Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Socioloxía de Galicia, que redactaron o glosario de termos sobre democracia e cos que se iniciou unha vía de colaboración.

Circular a todas as asociacións para o acto do Sábado, 23 Xaneiro no T.JOFRE.


ESCALETA (SÁBADO 23. TEATRO JOFRE)

· Inicio. 20,30.
· Presentación do acto, xornalista Raúl Salgado (guión e enlace de todas as actividades, que explicará a cronoloxía do proceso)
· Intervencións esporádicas en clave de comedia, coa actriz e monologuista Cristina Moreira.
· Grupo de jazz-tango “Tiempo4”
· Intervención de Mapi Venancio, veciña participante do grupo de traballo que conformou o GAP (hoxe membro da Comisión Provisional de Control do RPC)
· Karlotty e Guillermo Ferrandez, poesías baixo a temática da participación cidadá.
· Pechará as intervencións o Alcalde, que entregará o documento do Regulamento aos 12 membros da Comisión Provisional de Control.
· Finaliza o acto coa actuación conxunta da Banda Municipal de Concello de Ferrol e da Banda do Tercio Norte.

Orzamento total para todas as actividades (artísticas e de publicidade):
12.000 euros.

Agradécese a difusión destas accións, co obxecto de realizar un CHAMAMENTO A TODA A CIDADANIA para acudir tanto o sábado 23 ao TEATRO JOFRE como ás actividades de animación nos distintos barrios.
Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá.

7/1/10

PREPARACION DOS ACTOS DE PRESENTACION DO NOVO REGULAMENTO DE PARTICIPACION CIDADÁ

Ferrol Xoves 7 de Xaneiro de 2010

O Concello programa actividades na rúa

para difundir o regulamento de participación.













-O novo texto legal e os orzamentos participativos foron exemplos da implicación veciñal.
meis REDACCIÓN > FERROL -
A presentación oficial ás entidades sociais e veciños do contido do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol estará precedido dunha semana de actos lúdicos en cuxa programación traballa a área que dirixe o concelleiro socialista Manuel Santiago.
O que si que xa está pechado é o día, a hora e o lugar no que se dará a coñecer publicamente o texto da normativa: o sábado, 23 de xaneiro, no teatro Jofre ás 20.30 horas.
Este será un acto público de entrada libre aberto á cidadanía e no que ademais de explicar en que consiste esta nova ferramenta de participación veciñal na xestión e control das políticas públicas, haberá espazo para a música e o teatro.
Durante as xornadas previas a este evento, entre o 18 e o 23, levarán a cabo unha serie de actos de carácter festivo para divulgar ao longo de todo o municipio o novo regulamento.
Esta programación, aínda non pechada por completo, consistirá fundamentalmente en actividades de animación na rúa, actuacións musicais e representacións teatrais en diferentes barrios da cidade.
Trátase, desta forma, de que os veciños continúen implicados no desenvolvemento da normativa co mesmo compromiso que puxeron na súa elaboración. De feito, desde a entrada en vigor do regulamento coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 23 de decembro, unha comisión provisional de seguimento e control do mesmo ocúpase da súa aplicación.
Deste organismo forman parte os veciños e entidades que constituían o Grupo de Análises e Propostas (GAP), disolto tras a aprobación polo pleno do texto regulamentario confeccionado polo tecido asociativo.
O desenvolvemento do novo regulamento suporá a posta en marcha de novos órganos de participación, o que levará o seu tempo. Entre estes destaca o Defensor dá Cidadanía, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, as asembleas de barrio, os foros cívicos ou o Consello dá Veciñanza.
Esta primeira fase de difusión e divulgación do Regulamento de Participación Cidadá inclúe a repartición do documento ao movemento asociativo con presenza no termo municipal ferrolán inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás.
Neste sentido, a Concellaría de Participación informou de que se repartirán un total de 2.000 exemplares.
Xunto co regulamento, o Concello entregará un dicionario político-administrativo con 300 chamadas que explican os termos crave relacionados co proceso e a democracia en xeral: democracia participativa, consulta popular, etc...
Da elaboración deste glosario encargouse o Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Sociología de Galicia, co que o Concello asinou un convenio de colaboración para a publicación do mesmo.
Diario de Ferrol.-