LIMIAR
O vixente Estatuto de autonomía de Galicia asígnalles aos poderes públicos galegos a responsabilidade de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra, sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos e galegas na vida política, económica, cultural e social.
As diferentes institucións internacionais así coma a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e Recomendacións do Consello de Europa fomentan a Democracia Participativa e promoven o fomento e implicación da cidadanía nas decisións publicas.
A veciñanza do municipio de Ferrol, a través dos grupos de análise e propostas e comisións de traballo, presentamos este Regulamento de Participación Cidadá despois de ser aprobado por unanimidade polo Pleno Municipal o pasado día 9 de xullo do 2009, que ten como destinatarios esta mesma cidadanía co fi n de fortalecer a democracia participativa.
Este punto de partida iniciouse un 28 de maio do 2008 e a posterior convocatoria dun FORO CÍVICO onde estivo presente un amplo sector do tecido asociativo da cidade de Ferrol coa participación de máis de 70 entidades e organizacións culturais, veciñais, deportivas e sociais para aspirar a ter un verdadeiro e ambicioso Regulamento de Participación Cidadá.
Este regulamento invita a toda á veciñanza a participar na política local desde a democracia participativa de forma individual, colectiva, vinculante e compatible coa democracia representativa.
Pensamos que a intervención activa da cidadanía nas políticas públicas da Administración local enriquece e dignifica a democracia representativa mediante os orzamentos participativos, asembleas de barrio, foros cívicos, consellos sectoriais, comisións de reclamacións ou a figura do Valedor/a Veciñal.
Entendemos que a participación cidadá debese ampliar á aquelas decisións importantes que afecten a toda á cidadanía como as ordenanzas municipais, o respecto dos espazos públicos e medio ambiente, defensa das institucións públicas ou as políticas sociais.
A garantía deste Regulamento de participación cidadá radica na forte presenza asociativa ferrolá que, como todos e todas sabemos, ten un amplo e diverso tecido socio-cultural, polo que estamos seguros de manter viva a súa vixencia e aplicación.
Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá.

No hay comentarios:
Publicar un comentario