15/1/10

ACTOS PRESENTACION DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



ACTOS DE DIFUSIÓN DO REGULAMENTO
DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


Últimos acordos tomados na reunión da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá (xoves 14.01.10):

PROGRAMA (20, 21, e 22 XANEIRO): ANIMACIÓN DE RÚA NOS BARRIOS

Entidades que participan (días previos ao Jofre):

o Compañía de teatro “Ghazafelhos”
o Asociación Cultural A Revolta de Trasancos.
o Asociación Agarimo.
o Asociación cultural Trópico de Grelos, con Blo-Afro.
o Grupo de 10 cabezudos (da A.VV. Caranza), que portarán os veciños e as veciñas de diversos barrios.

Mércores 20. BARRIO DA MAGDALENA.
-Saída ás 18,30 horas.
-Dous itinerarios que conflúen no Cantón:

-A Revolta + 5 cabezudos, saindo do Local social da A.Veciñal Esteiro
– San Amaro – Praza do Callao – Rúa Lugo- Galiano – Praza de Armas - Cantón.

Agarimo + 5 cabezudos, saíndo do Local social da A.VV. Ferrol Vello
– San francisco – Praza Amboaxe – Real – Cantón.

Actuará no Cantón compañía de teatro “Ghazafelhos”, co espectáculo
“contos para escagarriñarse” (45 min.).
En caso de choiva: Fundación Caixa Galicia.

Xoves 21. PARROQUIA DE SERANTES
.
-Saída ás 17,30.
Itinerario: Rotonda Sexto Pino ate estrada de Covas pola Avenida 19 de Febreiro e retorno á Pista Polideportiva (Agarimo + 10 cabezudos)

Actuará na pista polideportiva a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
En caso de choiva: interior do Local da A.VV. San Salvador de Serantes

Venres 22. BARRIOS DE ULTRAMAR E INFERNIÑO.
Saída ás 17,30.

-Itinerario: Praza de Ultramar – Rúa Perú – Igrexa do Rosario – Rúa Fontemoura -Praza do Inferniño (Agarimo + 10 cabezudos)

Actuará na Praza do Inferniño “Bloco-afro” (da Asociación Trópico de Grelos)
(9 músicos) e a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
-En caso de choiva: C.C. Carvalho Calero.


Outras actividades preparatorias:

Luns 18 de xaneiro:

Inicio da pegada de carteis nos barrios do Inferniño e Ultramar ás 17,45 horas.
-Reunión ás 18,00 horas no C.C. Carvalho Calero, convocada polas asociacións veciñais de Inferniño e Ultramar, co obxecto de convocar a todas as entidades cidadás da zona para difundir as actividades (4 días)

Publicidade:
-500 carteis,
-5000 volandas.
Pendente: publicación do Regulamento e o Glosario (2000 exemplares, hoxe en imprenta), que serán distribuidos no Teatro Jofre aos asistentes.

· Realizarase unha presentación ante os medios, con carácter previo ao sábado 23 a publicación, xunto aos representantes do Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Socioloxía de Galicia, que redactaron o glosario de termos sobre democracia e cos que se iniciou unha vía de colaboración.

Circular a todas as asociacións para o acto do Sábado, 23 Xaneiro no T.JOFRE.


ESCALETA (SÁBADO 23. TEATRO JOFRE)

· Inicio. 20,30.
· Presentación do acto, xornalista Raúl Salgado (guión e enlace de todas as actividades, que explicará a cronoloxía do proceso)
· Intervencións esporádicas en clave de comedia, coa actriz e monologuista Cristina Moreira.
· Grupo de jazz-tango “Tiempo4”
· Intervención de Mapi Venancio, veciña participante do grupo de traballo que conformou o GAP (hoxe membro da Comisión Provisional de Control do RPC)
· Karlotty e Guillermo Ferrandez, poesías baixo a temática da participación cidadá.
· Pechará as intervencións o Alcalde, que entregará o documento do Regulamento aos 12 membros da Comisión Provisional de Control.
· Finaliza o acto coa actuación conxunta da Banda Municipal de Concello de Ferrol e da Banda do Tercio Norte.

Orzamento total para todas as actividades (artísticas e de publicidade):
12.000 euros.

Agradécese a difusión destas accións, co obxecto de realizar un CHAMAMENTO A TODA A CIDADANIA para acudir tanto o sábado 23 ao TEATRO JOFRE como ás actividades de animación nos distintos barrios.
Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario