30/6/11

XUNTANZA COMISION DE CONTROL PROVISIONAL-


A comisión do regulamento participativo ve

"inviable" o seu traballo sen técnicos.


Xoves, 30 de Xuño de 2011.




A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá reuniuse onte no Concello sen a presenza de ningún representante do goberno local.


O novo concelleiro da área, José Manuel Vilariño, acudiu para saudar aos asistentes e asegurarlles que manterá unha reunión con eles nun prazo de dez ou quince días.





A comisión quere dar un voto de confianza e deixar un tempo prudencial ao novo goberno para que se poña ao día sobre o estado do regulamento e dous procesos en marcha, para os que continúan traballando, esperando, ademais, que o alcalde, José Manuel Rei, lles conceda unha entrevista que solicitaron por escrito.

Tratar, apuntaron en todo momento, de "dar o noso total apoio" ao goberno para continuar co proceso aprobado no pleno da corporación e esperan que este apoio sexa mutuo.

Con todo, a reunión da comisión de onte considerou negativa a medida tomada xa polo actual equipo de goberno que supón a desaparición da figura do técnico de participación cidadá.


Os integrantes da comisión consideran "inviable" un traballo sen contar con asesores ou técnicos, xa que, apuntan, "é un traballo que require dedicación e esforzo".


Entre tanto, continuarán coa súa tarefa e co impulso ao regulamento..


Diario de Ferrol.-

27/6/11

Xuntanza Alcalde - Comisión Control Provisional.-



A Comisión provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá, ten a función de desenvolver este Regulamento, fomentar e impulsar calquera proceso participativo no Concello de Ferrol, así como consolidar un innovador modelo de xestión municipal.

Ante a falta de resposta e noticias do actual goberno municipal pola petición de Reunión dende o pasado día 13 de Xuño, esta Comisión fai unha AUTOCONVOCATORIA co fin de facer unha xuntaza este vindeiro MÉRCORES-29 ás 19 h. no primeiro andar da Casa do Concello de Ferrol.

Estimamos que sería moi importante para este proceso de Participación Cidadá que os máximos responsables do goberno Local participaran con nós para debater a aplicación e calendario dos procesos participativos deste Concello, acorde co Regulamento de Participación Cidadá.


Pedimos de novo a asistencia do Sr. Alcalde e o Concelleiro Delegado da área de Participación Cidadá para coñecer a súa política no referente á Participación Cidadá e poder seguir adiante co desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, así como dos procesos participativos que están en marcha no noso Concello.


Ferrol, 27 de Xuño de 2011




- A Comisión.-

13/6/11

PETICIÓN XUNTANZA SR. ALCALDE.-








COMISIÓN PROVISIONAL DE CONTROL DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ



EXPÓN:




O Concello de Ferrol inicia no ano 2008 un proceso participativo que desembocou na aprobación dun novo Regulamento de Participación Cidadá, na sesión planaria do día 9 de Xullo do 2009, onde se sentaron as bases dunha auténtica escola de cidadanía.



A Comisión provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá, creada despois da aprobación do RPC, ten a función de desenvolver este Regulamento, fomentar e impulsar calquera proceso participativo no Concello de Ferrol, así como consolidar un innovador modelo de xestión municipal.




Despois de que o pasado día 11 de Xuño iniciárase un novo mandato no Concello de Ferrol coa toma de posesión do novo Alcalde, esta comisión;




SOLICITA:





Unha reunión co Sr. Alcalde e o Concelleiro Delegado da área de Participación Cidadá para coñecer a súa política no referente á Participación Cidadá e poder seguir adiante co desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, así como dos procesos participativos que están en marcha no noso Concello.




Adxúntase a Memoria da Comisión onde valoramos en detalle o proceso do Regulamento desenvolvido ata este momento.





Ferrol, 13 de Xuño de 2011






- SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-