A Comisión provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá, ten a función de desenvolver este Regulamento, fomentar e impulsar calquera proceso participativo no Concello de Ferrol, así como consolidar un innovador modelo de xestión municipal.
Ante a falta de resposta e noticias do actual goberno municipal pola petición de Reunión dende o pasado día 13 de Xuño, esta Comisión fai unha AUTOCONVOCATORIA co fin de facer unha xuntaza este vindeiro MÉRCORES-29 ás 19 h. no primeiro andar da Casa do Concello de Ferrol.
Estimamos que sería moi importante para este proceso de Participación Cidadá que os máximos responsables do goberno Local participaran con nós para debater a aplicación e calendario dos procesos participativos deste Concello, acorde co Regulamento de Participación Cidadá.
Pedimos de novo a asistencia do Sr. Alcalde e o Concelleiro Delegado da área de Participación Cidadá para coñecer a súa política no referente á Participación Cidadá e poder seguir adiante co desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, así como dos procesos participativos que están en marcha no noso Concello.
Ferrol, 27 de Xuño de 2011
- A Comisión.-

Nesta xuntanza de traballo da Comisión de Control Provisional RPC presentouse o Concelleiro de Participación Cidadá, Sr. Vilariño, se presentou nun intre para manifestar que non ía asistir a esta reunión por motivos de axenda. O Sr. Alcalde, Sr. Rey Varela, tampouco nos recibiu.
ResponderEliminarSeguimos esperando .
A comisión.-