30/6/11

XUNTANZA COMISION DE CONTROL PROVISIONAL-


A comisión do regulamento participativo ve

"inviable" o seu traballo sen técnicos.


Xoves, 30 de Xuño de 2011.




A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá reuniuse onte no Concello sen a presenza de ningún representante do goberno local.


O novo concelleiro da área, José Manuel Vilariño, acudiu para saudar aos asistentes e asegurarlles que manterá unha reunión con eles nun prazo de dez ou quince días.





A comisión quere dar un voto de confianza e deixar un tempo prudencial ao novo goberno para que se poña ao día sobre o estado do regulamento e dous procesos en marcha, para os que continúan traballando, esperando, ademais, que o alcalde, José Manuel Rei, lles conceda unha entrevista que solicitaron por escrito.

Tratar, apuntaron en todo momento, de "dar o noso total apoio" ao goberno para continuar co proceso aprobado no pleno da corporación e esperan que este apoio sexa mutuo.

Con todo, a reunión da comisión de onte considerou negativa a medida tomada xa polo actual equipo de goberno que supón a desaparición da figura do técnico de participación cidadá.


Os integrantes da comisión consideran "inviable" un traballo sen contar con asesores ou técnicos, xa que, apuntan, "é un traballo que require dedicación e esforzo".


Entre tanto, continuarán coa súa tarefa e co impulso ao regulamento..


Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario