16/7/11

DIAGNOSE AREAS SOCIAIS.-



Ferrol, 5 de xullo de 2011

Estimado amigo/Estimada amiga:



O Concello de Ferrol, desde a área de Participación Cidadá, está realizando un diagnóstico social sobre a situación dos barrios e parroquias. Trátase de obter unha radiografía actualizada das principais problemáticas existentes coa idea de ordenar o deseño dun modelo de cidade de forma compartida. Este diagnóstico formúlase como unha fase de reflexión previa a incorporar na
relevancia das propostas cidadás dentro do proceso de Orzamentos Participativos.



Ao longo do mes de maio e xuño, mantivemos encontros coas entidades veciñais de Ferrol, nos cales se realizou un traballo de análise de situación dos barrios. Finalizada esta fase, identificáronse os sectores sociais que agrupaban o conxunto das problemáticas e prioridades máis sentidas.


A seguinte fase de traballo pretende obter unha visión máis estratéxica nesta análise, integrando
aos diferentes sectores sociais no proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos.
Deste xeito, organizaranse encontros sectoriais nos que participarían as entidades e persoas
vinculadas aos seguintes sectores: socioeconómico, cultural, deportivo, ambiental, benestar e mocidade. É por iso, que queremos contar con vostede e coa entidade que representa co fin de participar no encontro sectorial que se celebrará na data e lugar que se recolle no documento
adxunto.


Neste documento recollemos o listado de persoas e entidades convidadas.
Para aclarar calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Área de Participación Cidadá

(981 944 015 e participacion@ferrol.es)
Agradecendo o seu interese, reciba un cordial saúdo
José Manuel Vilariño Anca
Responsable da Área de Participación Cidadá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario