22/7/11

REXEITADA PROPOSTA DO CONCELLEIRO E CONVOCATORIA DO FORO CÍVICO DE PARTICIPACIÓN.-

COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO RPC



A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), convocada polo Concelleiro de Participación Cidadá este pasado MARTES, 19 de Xullo-2011, na Casa do Concello, xuntamente coas Comisións de Seguimento dos OP,s-2009 e OP,s-2010, fai públicos os seus acordos tal e como establece no seu regulamento interno.


O Concelleiro de Participación Cidadá fai unha exposición programática para aplicar o Regulamento de Participación Cidadá, polo que se observa falla de compromisos concretos de calendario.


Entre outras informacións dos OP,s-2009 e OP,s-2010, o concelleiro fai unha PROPOSTA que consiste en que estas Comisións presentes decidamos unha reformulación dos Orzamentos Participativos deste ano 2011 co fin de trasladar este proceso para o ano 2012.

Esta PROPOSTA resulta REXEITADA co argumento unánime de que non somos competentes para acordar unha decisión que entendemos corresponde ao FORO CÍVICO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


Por tanto, ACORDADAMOS a CONVOCATORIA dun FORO CÍVICO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ para a primeira quincena do mes de SETEMBRO, onde se contemple este tema na Orde do día acompañada dunha exposición de motivos.


Reclamase que a Páxina Web do concello se dispoña de direccións de internet das distintas concellarías e unha eficiente oferta telemática para a cidadanía.


Esta Comisión de Control provisional do RPC, mantén a súa petición de reunión de traballo co Sr. Alcalde, baseado no anuncio oficial de depender directamente da Alcaldía esta area de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.



Ferrol, a 20 de Xullo de 2011.



Asdo. A Comisión de Control Provisional de Participación Cidadá.-



No hay comentarios:

Publicar un comentario