22/7/11

REXEITADA PROPOSTA DO CONCELLEIRO E CONVOCATORIA DO FORO CÍVICO DE PARTICIPACIÓN.-

COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO RPC



A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), convocada polo Concelleiro de Participación Cidadá este pasado MARTES, 19 de Xullo-2011, na Casa do Concello, xuntamente coas Comisións de Seguimento dos OP,s-2009 e OP,s-2010, fai públicos os seus acordos tal e como establece no seu regulamento interno.


O Concelleiro de Participación Cidadá fai unha exposición programática para aplicar o Regulamento de Participación Cidadá, polo que se observa falla de compromisos concretos de calendario.


Entre outras informacións dos OP,s-2009 e OP,s-2010, o concelleiro fai unha PROPOSTA que consiste en que estas Comisións presentes decidamos unha reformulación dos Orzamentos Participativos deste ano 2011 co fin de trasladar este proceso para o ano 2012.

Esta PROPOSTA resulta REXEITADA co argumento unánime de que non somos competentes para acordar unha decisión que entendemos corresponde ao FORO CÍVICO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


Por tanto, ACORDADAMOS a CONVOCATORIA dun FORO CÍVICO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ para a primeira quincena do mes de SETEMBRO, onde se contemple este tema na Orde do día acompañada dunha exposición de motivos.


Reclamase que a Páxina Web do concello se dispoña de direccións de internet das distintas concellarías e unha eficiente oferta telemática para a cidadanía.


Esta Comisión de Control provisional do RPC, mantén a súa petición de reunión de traballo co Sr. Alcalde, baseado no anuncio oficial de depender directamente da Alcaldía esta area de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.



Ferrol, a 20 de Xullo de 2011.



Asdo. A Comisión de Control Provisional de Participación Cidadá.-



16/7/11


Convocatoria


Por medio do presente convocote a unha xuntanza conxunta da Comisión provisional de
control do Regulamento de Participación Cidadá e das Comisións de Seguimento dos Orzamentos Participativos 2009 e 2010
que se desenvolverá o vindeiro martes 19 de xullo de 2011 ás 18:00 horas na Sala de Comisións, no primeiro andar da Casa do Concello para
tratar o seguinte asunto:

- Reformulación temporal do Proceso de Orzamentos Participativos.


Agardando contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.


Ferrol 14 de xullo de 2011.


O concelleiro delegado da área de Participación, Comunicación, Novas tecnoloxías, atención ó
cidadán e ós barrios.

asdo. José Manuel Vilariño Anca.


DIAGNOSE AREAS SOCIAIS.-



Ferrol, 5 de xullo de 2011

Estimado amigo/Estimada amiga:



O Concello de Ferrol, desde a área de Participación Cidadá, está realizando un diagnóstico social sobre a situación dos barrios e parroquias. Trátase de obter unha radiografía actualizada das principais problemáticas existentes coa idea de ordenar o deseño dun modelo de cidade de forma compartida. Este diagnóstico formúlase como unha fase de reflexión previa a incorporar na
relevancia das propostas cidadás dentro do proceso de Orzamentos Participativos.



Ao longo do mes de maio e xuño, mantivemos encontros coas entidades veciñais de Ferrol, nos cales se realizou un traballo de análise de situación dos barrios. Finalizada esta fase, identificáronse os sectores sociais que agrupaban o conxunto das problemáticas e prioridades máis sentidas.


A seguinte fase de traballo pretende obter unha visión máis estratéxica nesta análise, integrando
aos diferentes sectores sociais no proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos.
Deste xeito, organizaranse encontros sectoriais nos que participarían as entidades e persoas
vinculadas aos seguintes sectores: socioeconómico, cultural, deportivo, ambiental, benestar e mocidade. É por iso, que queremos contar con vostede e coa entidade que representa co fin de participar no encontro sectorial que se celebrará na data e lugar que se recolle no documento
adxunto.


Neste documento recollemos o listado de persoas e entidades convidadas.
Para aclarar calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Área de Participación Cidadá

(981 944 015 e participacion@ferrol.es)
Agradecendo o seu interese, reciba un cordial saúdo
José Manuel Vilariño Anca
Responsable da Área de Participación Cidadá.