Música e teatro como antesala
do regulamento de participación.
Os encargados do ambiente festivo dos actos presentaron as súas actuacións
c. carballeira redacción > ferrol.
Será a primeira vez que a entrada en vigor dunha normativa precedida de actos lúdicos e que a súa presentación supoña a celebración dunha festa en si mesma.
Con todo, tanto políticos como cidadáns están de acordo en que a entrada en vigor do Regulamento de Participación Cidadá necesita de festexos xa que se trata da implicación directa do administrado nos temas que habitualmente sentencia de forma unilateral a Administración local.
O traballo levado a cabo nos últimos meses deu como resultado un documento cuxa presentación oficial terá lugar o vindeiro sábado día 23 no teatro Jofre cun acto que se espera multitudinario e no que terá cabida a música, a poesía e o humor, sen esquecer o serio que pode ser este regulamento, a súa utilidade e desenvolvemento posterior.
Pero antes desta festa, que se presenta baixo o lema ¿Queres participar?, coñece as regras, virá unha semana de actividade nas rúas co obxectivo de dar a coñecer o regulamento e animar á cidadanía a que acuda ao acto do día 23.
Onte, o responsable da área de Participación, Manuel Santiago, e a técnica, Maica Rodríguez, rodeáronse para a presentación destes actos de quen serán os encargados de transmitir o ambiente festivo previo á presentación o regulamento.
A monologuista Cristina Moreira, os actores de Ghazafelhos e un dos integrantes do grupo de jazz-tango Tempo4 explicaron os seus espectáculos e animaron aos cidadáns a unirse a esta festa, que se espera sexa amplamente participativa, e nunca con máis razón.
- Deste xeito, o programa de actos comezará o mércores día 20 cun gran acto de difusión no barrio da Magdalena.
Trátase da participación das agrupacións A Revolta e Agarimo que acompañadas de cinco cabezudos cada unha realizarán dous itinerarios (desde o local de A.V. Esteiro e da AVV de Ferrol Vello) para confluír no Cantón onde actuará a compañía de teatro Ghazafelhos, co espectáculo "Contos para escagarriñarse de medo". En caso de choiva a actuación trasladarase á sede da Fundación Caixa Galicia.
- Os actos continuarán o día 21, xoves, trasladándose nesta ocasión á zona rural.
Desde a rotonda do Sexto Pino ata a estrada de Covas pasando pola avenida 19 de febreiro e regreso á pista polideportiva do local social de Serantes, desfilarán Agarimo e dez cabezudos.
O final do traxecto terá como acto central a representación teatral de Ghadafelhos na propia pista ou ben no local da Asociación veciñal de serantes.
- Xa o venres día 22, o protagonismo terano os ensanches, con actuacións no Inferniño e en Ultramar.
Ás cinco e media da tarde sairán da Praza de Ultramar - Agarimo e os cabezudos, percorrendo as rúas Perú, Igrexa do Rosario e Fontemoura ata a praza do Inferniño.
Alí actuará Blo-Afro da asociación Trópico de Grelos e novamente actuará Ghazafelhos.
Os actos previos ao sábado completarase co inicio da pegada de carteis nos barrios (contarase con 500 pósteres e 5.000 programas) o vindeiro luns e unha reunión no Carvalho Calero co obxecto de convocar ás entidades para a difusión dela programación.
A presentación do regulamento irá acompañado dun glosario de termos sobre democracia, a cargo do Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Sociología de Galicia, co que se iniciou unha colaboración.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario