O proceso dos orzamentos participativos
concluirá co pleno do 29 de decembro
O Jofre acolleu algunhas das últimas reunións para reducir e agrupar as propostas veciñais presentadas
REDACCIÓN > FERROL
Cando fai tan só medio ano botaba a andar o proxecto de orzamentos participativos, non se podían prever os bos resultados que tanto en acollida cidadá como en propostas presentadas ía ter a iniciativa, pioneira entre as urbes galegas.
Co ano a piques de concluír e os deberes practicamente rematados (só faltan dúas reunións previas ao pleno fixado para o día 29 deste mes), o responsable da área de Participación Cidadá, Manuel Santiago, quixo facer xa un balance positivo do que supuxo esta iniciativa, que hoxe case se dá por concluída coa celebración da Asemblea na que se votarán as propostas para a súa execución nos barrios de Santa Mariña, San Pablo e San Xoán.
Deste xeito, esta tarde ás cinco terá lugar en FIMO unha asemblea da zona urbana á que están convocadas todas as persoas apuntadas no rexistro para votar as propostas así como todos os cidadáns que desexen achegarse para coñecer directamente como se desenvolve o proceso. Para facilitar o desprazamento masivo ao acto de hoxe poranse autobuses que sairán das entidades veciñais ás catro e media da tarde.
Nas dúas últimas reunións mantidas chegouse a pechar o cerco de iniciativas ata chegar a contar só con 16 propostas, tras un traballo de valoración técnica e veciñal.
Deste xeito, os 210.000 euros que irán parar aos tres barrios seleccionados da zona urbana (dos 350.000 totais) repartiranse entre as propostas que hoxe salgan elixidas das 16 que se consideraron finalmente. Estas suporían un gasto total de 638.616,50 euros, polo que non todas poderán executarse e de aí a selección desta tarde.
Quedáronse no camiño propostas que afectaban a propiedades que non eran de titularidade municipal, por exceder o orzamento ou, as menos, ou por non contar con tempo material suficiente para a súa análise.
Entre as que hoxe haberá que valorar atópanse a catalogación de castros en Santa Mariña e San Pablo (8.000 euros), a descentralización de actividades culturais (24.000 euros), localización de colectores subterráneos nos tres barrios (150.000 euros), rede de sumidoiros na rúa Toxo (35.000 euros), recollida municipal de 50 fosas sépticas (24.615,50 euros), acondicionamento de zonas verdes e parques en San Pablo (60.000), parque infantil en San Pablo (15.000), parque biosaludable en San Pablo (12.000) e Santa Mariña (12.000), mellora do parque infantil de Santa Mariña (15.000), actuación na parcela da rúa Carballo en San Pablo (25.000), actuación integral na rúa Fachendosos Enríquez (35.000), mellora integral do local da AVV Santa Mariña (170.000), reparación da cuberta do local da AVV de Santa Mariña (15.000), derriba do muro e apertura do parque infantil de Santa Mariña (20.000) e fomento da participación cidadá (18.000 euros).
Os que hoxe reciban máis votos (ademais haberá que sumarlles os puntos cos que cada proposta foi valorada) e ata onde o permita o orzamento serán os proxectos que se executen na zona urbana. Teñen dereito a participar no proceso selectivo un total de 421 persoas que se rexistraron previamente.
O domingo, día 20, ás cinco da tarde, levará a cabo o mesmo proceso coas parroquias beneficiarias da zona rural (Doniños e San Xurxo) ás que se destinará un total de 140.000 euros.
Os que hoxe reciban máis votos (ademais haberá que sumarlles os puntos cos que cada proposta foi valorada) e ata onde o permita o orzamento serán os proxectos que se executen na zona urbana. Teñen dereito a participar no proceso selectivo un total de 421 persoas que se rexistraron previamente.
O domingo, día 20, ás cinco da tarde, levará a cabo o mesmo proceso coas parroquias beneficiarias da zona rural (Doniños e San Xurxo) ás que se destinará un total de 140.000 euros.
Neste caso, as propostas finais aínda non foron determinadas e serán votadas por 304 veciños das parroquias.
As decisións finais trasladaranse ao pleno do próximo día 29 , co fin de que poidan iniciarse os expedientes de contratación.
As decisións finais trasladaranse ao pleno do próximo día 29 , co fin de que poidan iniciarse os expedientes de contratación.
O concelleiro de Participación Cidadá considera que debería ser unha sesión extraordinaria e cun único punto na orde do día, aínda que a data probablemente coincida coa do ordinario de fin de mes.
Diario de Ferrol.-
Diario de Ferrol.-
---------------------------------------------------------------------
Isto é xa un proceso imparable e
exemplo de traballo conxunto.
Ana Beceiro, de San Pablo
j.meis
REDACCIÓN > FERROL
Ana Beceiro é a secretaria da Asociación de Vecinos de San Pablo e unha das moitas persoas que estivo traballando duramente nos últimos meses para sacar adiante este proxecto, que nace como continuación da aprobación do Regulamento de Participación Cidadá e que supuxo un exercicio nacido da base (os veciños) e que chegará como último paso aos políticos e non ao revés, como vén sendo habitual.
Ana Beceiro está orgullosa do traballo realizado aínda que recoñece que se comezase antes e non houbese que esperar á aprobación do orzamento xeral do Concello o pasado mes de xuño podería haberse traballado aínda máis e mellor.
A selección das propostas, que hoxe será o último paso que leven a cabo as entidades da zona urbana, leva detrás xornadas de formación tanto para os veciños como para os técnicos e un traballo conxunto entre veciños que destacou, sobre outras cousas, a representante de San Pablo aprendemos a traballar os barrios conxuntamente e que non podemos seguir actuando en parcelas illadas, xa que é máis positivo traballar conxuntamente, indica a representante de San Pablo.
Beceiro móstrase sorprendida pola alta participación e pola resposta veciñal, o que indica que é un tema que interesa e espera que se estea ante un proceso imparable e con máis partida económica.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario