FERROL
Os veciños votan o seu orzamento.
A actuación con maior puntuación foi a recollida por parte do Concello de cincuenta fosas sépticas.
Só 83 das 421 persoas convocadas á asemblea da zona urbana elixiron oito proxectos finalistas.
Autora:
Antía Urgorri
Os veciños de tres barrios da zona urbana de Ferrol votaron onte as obras que queren financiar co primeiro orzamento participativo da cidade. Aínda que a abstención foi alta -exerceron o seu dereito de acudir á urna 83 das 421 persoas censadas-, oito foron as propostas seleccionadas para executarse nos barrios de Santa Mariña, San Xoán e San Pablo con cargo a unha partida de 210.000 euros.

A obra máis apoiada polos cidadáns foi a recollida por parte do Concello de cincuenta fosas sépticas. A asemblea celebrouse no recinto feiral da Malata. O acto arrincou con media hora de atraso, aínda que se desenvolveu máis rápido do previsto, de forma que ás oito da tarde xa era posible coñecer o resultado das votacións.
Tanto os integrantes do equipo de goberno como os representantes veciñais tiveron a oportunidade de dirixirse ao auditorio nesta primeira asemblea de votación. A do rural celebrarase o fin de semana que vén.
O edil de Participación Cidadá, Manuel Santiago, destacou o fito que supón «pasar dunha democracia representativa a unha democracia participativa».
David López e María Jesús Sánchez, da asociación de San Xoán e integrantes do grupo motor, desexaron que no proceso do ano que vén «a xente participe tanto como neste».
David López e María Jesús Sánchez, da asociación de San Xoán e integrantes do grupo motor, desexaron que no proceso do ano que vén «a xente participe tanto como neste».
O alcalde, Vicente Irisarri, mostrouse orgulloso de que Ferrol sexa pioneira en Galicia co seu orzamento participativo. «A democracia é isto, saber o que queren os cidadáns», afirmou. Sinalou que as 1.200 propostas que se fixeron chegar ao Concello «non caeron en saco roto» e recordou que para o 2010 o orzamento do Concello contempla 1.650.000 euros para custear as obras seleccionadas polos propios cidadáns.
Os asistentes recibiron unha explicación audiovisual de como sería o proceso de voto, para logo depositar a súa elección na urna.
O reconto fíxose no propio recinto, para así informar aos veciños.
La Voz de Galicia.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario