17/12/09

CONVOCATORIA - XUNTANZA PARTICIPACIÓN


Estimados/as veciños/as,
Unha vez celebradas as Asembleas urbana e rural, de elección de proxectos, queda pendente a súa presentación ao equipo de goberno e resto da corporación municipal.
Tal e como se acordara, dito acto terá lugar no Pleno do próximo 29 de decembro.

Polo cal, convocamos unha reunión para o próximo martes 22 de decembro de 18,00 a 20,00 horas no Teatro Jofre, no 4º andar.

Esta xuntanza vai dirixida aos representantes dos Grupos Motores, Mesas de Propostas e Comisión do Regulamento de Participación Cidadá.

A orde do día da reunión abordará os seguintes puntos:

-Balance das propostas elixidas nas Asembleas.


-Preparación da presentación no Pleno: representantes e acto de traslado das
propostas ao equipo de goberno e resto da corporación municipal.


-Elección das persoas que conformen a Comisión de Seguimento dos OPs.- 2009.

Atentamente,
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario