Ola a Tod@s.-
Trala ultima reunión do COMISIÓN de CONTROL PROVISIONAL do R.P.C., (Ver Acta), acordamos unha serie de iniciativas que deben prestar toda nosa atención.
- Acordamos realizar unha xuntanza o vindeiro MÉRCORES, día 25 ás 6 horas da tarde no ATENEO FERROLÁN, co fin de comentar e desenvolver as propostas e iniciativas aprobadas nesta ultimas reunión do día 13.
- Decidimos que as persoas que formen parte da COMISIÓN serán a título individual, predominando así a compromiso coa cidadanía deste concello de Ferrol. Nesta reunión trataremos de configurar unha lista dos membros da futura COMISIÓN , valorando as asistencias e traballo desenvolvido do Regulamento, ademais doutras recomendacións que consideremos.
- Actuacións de difusión do REGULAMENTO por medio de varios portavoces en distintos medios, así como dalo a coñecer en actos, asembleas, publicacións, revista social...
- Remate e valoración deste ano 2009 e previsión do 2010, que merece especial atención para proseguir ampliando o regulamento e pór en marcha novos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS para ó 2010.
- ACTO DO JOFRE .- Ideas e propostas para realizar un acto cidadán a mediados de Xaneiro-10, dando a coñecer o REGULAMENTO de PARTICIPACIÓN CIDADÁ. Presentación persoeiro/a coñecida/o da comarca- (Mabel Rivera ? )
- Podemos comezar a debater a idea de contar cun pequeno ORZAMENTO para utilizar esta COMISIÓN en concepto de publicidade, publicacións, revista social..etc.
Saúdos
pola comisión
x. mel sanxoán -----------------------------------------------------
ACTA
13 de Novembro
(Borrrador- pendente de aprobación)
Asuntos propostos para a orde do día (convocatoria telemática e telefónica a todos os membros inscritos inicialmente no GAP):
· Propostas para a constitución formal da comisión de seguimento e control dos procesos participativos.
· Preparación de accións de difusión do RPC de cara á futura entrada en vigor.
· Calendario de novas reunións.
Desenvolvemento da sesión:
· Desde a área de Participación infórmase da remisión do texto íntegro da normativa ao BOP, unha vez finalizado o período de exposición pública sen achegas e suxestións; sendo innecesaria a elevación ao pleno, da aprobación definitiva.
A entrada en vigor do RPC comezará a ser efectiva logo da súa publicación no BOP.
· Neste sentido, resúmense todas as accións pendentes para a continuidade e activación do proceso participativo e a difusión do RPC:
o - Constitución formal da comisión de seguimento e control.
o -Accións de difusión relativas ao RPC.
o -Xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre procesos participativos.
o Coméntase o calendario dos Orzamentos Participativos (OP) e as accións a executar ate decembro de 2009, que supoñen unha alta carga de traballo para o departamento, recomendando o inicio de accións, relativas ao RPC, a partir de xaneiro de 2010.
· Prodúcese un debate ordenado en relación a 2 aspectos:
o Constitución formal da Comisión de seguimento e control; sendo preciso o nomeamento das persoas que a conforman e elevalo ao pleno da corporación. Apóstase pola participación de persoas a título individual, en lugar dun modelo de representación por asociación, dando continuidade ás persoas que iniciaron o proceso e garantía á comisión (dados os cambios de xuntas directivas por parte das entidades participantes).
Crearase un modelo de “adhesión” ou compromiso, para asinar cada persoa e o listado elevarase a comisión informativa e a pleno.
o Acto cidadán para a difusión do RPC.
Propóñense 3 espazos distintos:
- Concello de Ferrol. Salón de plenos.
Proposta de formalizar, de novo, a aprobación definitiva da normativa cos membros da corporación. Coméntase a rixidez do protocolo e a asimetría na distribución do espazo entre a cidadanía, os medios de comunicación, os grupos políticos e equipo de goberno.
§ Concello de Ferrol. Salón de recepcións.
Proposta que salva a rixidez do salón de plenos e dota de flexibilidade á organización do acto.
§ Teatro Jofre.
Idea que se consolida ao longo do debate.
· Outras ideas que se comentan son:
o Incorporación das persoas, no acto cidadán, que están a traballar no proceso piloto de orzamentos participativos.
o Gran esforzo na cobertura do acto e difusión, dado o descoñecemento por parte da cidadanía do texto.
o Gran protagonismo da cidadanía na celebración do evento.
o Responsabilizar aos grupos políticos na celebración do acto.
o Responsabilizar ás asociacións e á cidadanía.
o Realizar unha entrega simbólica do documento ao alcalde, ou viceversa (dende a corporación á cidadanía). Esta idea non é suficientemente debatida nesta sesión.
o Realizar un “almorzo cos medios” ou similar, a semellanza do acto realizado para informar sobre o proceso de OP.
o Crear un grupo de traballo ou comisión para o contacto cos medios de comunicación (sen concretar persoas)
o Traducir o texto ao castelán para a súa dispoñibilidade na web.
Noutra orde de cuestións, vanse acordando outros aspectos, como a convocatoria dunha rolda de prensa, a celebración dunhas xornadas formativas e a publicación dun catálogo do RPC (Ver “Acordos tomados”)
Acordos tomados:
· Realizar unha rolda de prensa no momento da publicación do texto no BOP, previsiblemente en 10 días.
· Realizar un acto no Teatro Jofre, a mediados de xaneiro, organizado polo grupo de traballo.
· Data da próxima reunión en autoconvocatoria: previsiblemente o 25 de novembro.
· Publicar o texto (catálogo-libro), coa historia do proceso e un glosario de termos sobre democracia local.
· Trasladar para o 1º trimestre de 2010 a realización dunhas xornadas estatais de formación sobre procesos participativos.
· Constituír formalmente a comisión provisional de seguimento e control dos procesos participativos, coas persoas (a título individual) que estiveron a traballar no proceso (asinando unha declaración de adhesión e elevando ao pleno os nomeamentos).
A comisión terá unha duración provisional ate a constitución definitiva da mesma, segundo establece o procedemento recollido no RPC.
-Participación Cidadá e Comisión de Control Provisional.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario