o pleno municipal
Os grupos de esquerda e o goberno local mantiveron
onte un enconado debate
25/11/2011
Os grupos de esquerda e o goberno local mantiveron onte un enconado debate no pleno municipal a conta da participación cidadá. Varios puntos da orde do día aludían a este procedemento. O primeiro, a proposta do PP de designar 23 ámbitos territoriais, coincidentes cos principais barrios da cidade, para constituír os órganos previstos no regulamento municipal. PSOE, EU e BNG pediron en reiteradas intervencións que os populares retirasen a cuestión, ante a proximidade da convocatoria dun Foro Cidadán o vindeiro mércores. Querían que fosen os veciños os que decidisen sobre esta cuestión, pero o concelleiro de Participación Cidadá, José Manuel Vilariño, insistiu en votalo, alegando facer unha prospección entre entidades que avalaban esa proposta, que finalmente foi aprobada cos votos do PP e de IF.
Tras continuar a polémica no punto sobre a nova ordenanza de administración electrónica -con idéntico resultado- foi unha moción conxunta presentada pola esquerda a que xerou maior polémica. Pedían explicacións ao goberno polos proxectos dos orzamentos participativos pendentes de execución. «Vai pasar á historia por facer desaparecer a democracia participativa neste Concello», espetou Yolanda Díaz a Vilariño, que replicou: «Se é por vostede vou pasar á historia como o asasino dos orzamentos participativos, pero xa verá, non vai ser así», sinalou exhibindo gráficos comparativos dos investimentos realizados polo anterior goberno e o actual.
A moción foi rexeitada, pero antes tomou a palabra un membro da comisión de seguimento, Roberto Pérez, que renunciou ao discurso previsto: «Síntome defraudado».
No hay comentarios:
Publicar un comentario