O tecido asociativo analiza
a Participación Cidadá.
Domingo, 12 de febreiro de 2012.
Unhas cincuenta persoas de doce entidades da cidade e veciños/as en particular tomaron parte na autoconvocatoria que tivo lugar en Esteiro para analizar a situación da participación cidadá e do RPC (Regulamento de Participación Cidadá).
A análise realizada polos asistentes foi negativo en canto á perda de valor que foi tendo a participación cidadá, que nos seus primeiros anos foi pioneira e exemplo para outras cidades e que se limita agora, ao seu xuízo, a reunións coa veciñanza para escoitar propostas, aínda que as decisións finais as toma o goberno.
Neste sentido, criticouse, así mesmo, que desapareza a partida de orzamentos participativos existente do documento económico de 2012 e que as actuacións decididas para 2011 e aínda non executadas, nin sequera sigan a orde de prioridade marcado polos veciños/as nos órganos pertinentes. Pasouse así, apuntan desde as entidades, "dun sistema participativo a un dirixismo político" do que acusan en gran parte ao "talante" do edil da área, José Manuel Vilariño.
Ata nas asembleas de barrio que se están convocando, aprecian desde a comisión de control provisional do Regulamento de Participación Cidadá certo dirixismo, ao chegarse a cuestionar por parte do concelleiro a necesidade de asembleas cada tres meses ou a elección dos representantes no Consello da Veciñanza.
O retroceso na participación apréciase ata, segundo apuntan desde as entidades, na dificultade de reunirse cos edís
-Roi Xordo pediu fai tres meses un encontro co alcalde e a AVV de Esteiro co edil de Urbanismo hai catro meses-
Por estas razóns, no encontro de Esteiro decidiuse impulsar a participación nas asembleas de barrio e que as persoas que sexan elixidas como representantes no Consello aposten de verdade pola participación cidadá. Así mesmo, haberá unha nova reunión convocada desde a comisión de control e as doce entidades para o 29 de febreiro e dela sairá a convocatoria dun novo foro cívico "non manipulado", aclaran- para estudar o futuro da participación.
Diario de Ferrol.-
enlace: http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/36699-ferrol-noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario