30/4/10

CONVOCATORIA COMISIÓN.GAP

Estimado grupo,
O vindeiro martes 4 de maio ás 18,00 horas teremos unha xuntanza cos seguintes temas a tratar:
* Aprobación do regulamento de funcionamento interno da comisión provisional (remítese, de novo, o texto)
* Proposta de “Forum Cidadán”, espazo aberto á cidadanía na Praza de España (achégase arquivo), coa finalidade de contrastar con vós esta iniciativa, que é preciso dotar de contido e coordinala en función do RPC.
* Rogos e preguntas.
Recibideres unha chamada de Rosa Mosquera, que está a colaborar en Participación (convenio de prácticas), coa finalidade de confirmar a vosa asistencia.
Un saúdo,
Maica Rodríguez Freire
Técnica en participación cidadá
Casa do Concello.
Praza de Armas, s/n.
15402 Ferrol
Tel: 981.944.015 / 981.944.219 / Ext. 202

1 comentario:

  1. cada vez deberia participar mas gente en estas cosas.

    ResponderEliminar