21/4/10

CRÍTICA DE ESQUERDA UNIDA SOBRE RPC.


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, mércores 23 de abril de 2010

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA LAMENTA A FALLA DE COMPROMISO DO GOBERNO MUNICIPAL NA PARTIDA ADICADA A PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

NON SE CONTEMPLA UN PESO PARA DESENVOLVER OS ÓRGANOS DO RPC, E PERMEAR DESTE XEITO TODO O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que lamentar a falla de compromiso do Goberno Municipal coas políticas de participación cidadá. No anteproxecto entregado este martes aos Grupos Municipais a realidade e que nada se di na Memoria agás unha breve referencia ao final desta na que se presenta todo mesturado, OP, s e participación. A nosa primeira conclusión é que este Goberno segue a non valorar a ferramenta da participación cidadá como o mellor mecanismo para desenvolver políticas de transformación social. A este Goberno non lle interesa que as e os veciños coñezan, participen e co-decidan sobre as cousas da cidade.

Os datos son elocuentes, sen prexuízo dunha análise máis pormenorizada que teremos completado nas vindeiras datas, e a Concellería de Participación pasa de contar cun orzamento de 441.444 euros en 2009, a 280.776 euros para este exercicio. Cifra que descoñece que nesta anualidade haberá que desenvolver os diferentes órganos e tarefas que contén o Regulamento de Participación Cidadá ( RPC ) elaborado no tempo en que Javier Galán dirixiu a concellería.

O noso Grupo non entende que política de Participación Cidadá vai desenvolver este Goberno cando reduce de maneira significativa o orzamento, unha redución de máis dun terzo, cando este ano esixe se queremos pór en funcionamento efectivo o Regulamento de Participación Cidadá un incremento que permite desenvolvelo. Hai que salientar que os diferentes dereitos das e dos veciños que o RPC recolle teñen que ter un encaixe orzamentario que lles entregue soporte:
nada se contempla para a creación do Consello da Veciñanza , que é o órgano de coordinación dos diferentes espazos de Participación Cidadá.

Nada se prevé para desenvolver os Foros Cívicos, que son os instrumento que permiten a xestión directa na xestión municipal cando esta atende a máis dunha área municipal. E está pendente de resolver polo Goberno a convocatoria dun Foro Cívico demandado por diferentes entidades veciñais para abordar a cuestión dos OP,s deste exercicio.

Nada se di da creación e dotación de medios para que a figura do Defensor da Cidadanía poida desenvolver de maneira eficaz o seu traballo.

Sen o desenvolvemento do RPC non haberá xeito de acadar que a Participación Cidadá sexa unha realidade que permee todos os ámbitos de funcionamento do concello. E con este anteproxecto semella imposible atender a este desplegue do Regulamento para que informe todas as actividades desta casa.

Da análise da partida da concellería de Participación Cidadá resta a conclusión de que somentes se pensa na empresa que asesora ao Goberno nesta tema, porque na veciñanza e no desplegue da Regulamento de Participación Cidadá e das ferramentas que contén nada hai e todo se ignora.

Para as políticas de Democracia Participativa de momento só hai unha boa nova e que vén da man da esixencia e do acordo que impuso Esquerda Unida, consistente en adicar a cantidade de un millón seiscentos cincuenta mil euros para estender a toda a cidade os Orzamentos Participativos, trala proba piloto de 2009.?
Información EU.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario