2/12/11

PETICIÓN DESTITUCIÓN DO SR. VILARIÑO NA CONCELLARIA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.



  COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO R.P.C.




A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), órgano nomeado polo Pleno Municipal de Ferrol, reunida este xoves, 1 de decembro ás 19 horas con caracter urxente, analiza a celebración do mal nomeado FORO CÍVICO no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero e convocado pola concellaría de Participación Cidadá.

Ante isto, facemos as seguintes valoracións:

1 .- A convocatoria e celebración deste mal chamado Foro Cívico non conta co necesario respaldo da cidadanía por obviar o correspondente debate, análise e propostas para decidir a propia Participación Cidadá, carecendo das características propias dun Foro, tal como se define este espazo no Regulamento de Participación Cidadá, onde o debate e a palabra dos cidadáns non tiña cabida, e moito menos a toma de decisións.

2 .- Durante o desenvolvemento do pretendido Foro Cívico a cidadanía non tivo a oportunidade de presentar alternativas ó informe presentado polo Concelleiro, negándoselle incluso o debate sobre temas tan importantes como a figura do Valedor da Cidadanía ou a implantación dos órganos do Regulamento de Participación Cidadá.

Hai que sinalar,ademais, que o propio debate e toma de decisións xa viña negado de antemán, xa que algunhas das supostas propostas presentadas polo Concelleiro xa estaban aprobadas con anterioridade, como é o caso da distribución xeográfica das distintas zonas asemblearias

3 .- O Concelleiro de Participación Cidadá, Sr. Vilariño, se presenta ante este presunto Foro sen unha cantidade a destinar para os Orzamentos Participativos. Lembramos que na argumentación do concelleiro, fai unhas exposicións demagóxicas e enganosas aludindo dificultades económicas, polo que rebatemos esta falacia partidista xa que non hai que consignar partidas específicas e si compromisos do 5% ou 6% do presuposto anual do ano 2012.

4 .- Denunciamos a constante NEGATIVA deste concelleiro de Participación Cidadá en facilitar os informes técnicos ante os repetidos requirimentos que reclaman a Comisión de Seguimento dos OP,s-2009 e a Comisión de Seguimento dos OP,S-2010, negando o principio de transparencia imprescindible nas boas prácticas democráticas. Consideramos como moi graves e falta de democracia, alterar programas culturais aprobados pola cidadanía como “Culticipando” ou modificar algunhas Propostas aprobadas pola Asemblea de Cidade.


5 .- En maio do 2008, celebramos un FORO CÍVICO na Universidade co obxecto de abrir un debate cidadá sobre a necesidade de aspirar a ter un Regulamento de Participación Cidadá solidario e ambicioso. Entendíamos a Participación Cidadá como un espazo de encontro para a solidariedade e valores de debate e respecto entre as persoas e distintos barrios sen entrar en ningunha confrontación social.
 Esta Comisión de Control non vai tolerar comportamentos impropios e insolidarios a grupos que traten de rebentar os diferentes procesos participativos.

Por todo isto;

Declaramos que o acto celebrado o mércores-30 ás 19,30h no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero non se corresponde á definición de FORO CÍVICO, semellando máis unha asemblea informativa.
Esta Comisión estivo colaborando no desenvolvemento de “seis Foros Cívicos” no curto espazo de tempo de Outubro-10 a xaneiro-2011 con todas as garantías de debate e toma de decisións das persoas asistentes.

Facemos responsable ao Concelleiro de Participación Cidadá, Sr. Vilariño, de apropiarse e usurpar a Democracia Participativa, privando o desenvolvemento da Participación Cidadá e Orzamentos Participativos.

Facemos responsable ao Sr. Vilariño por fomentar a confrontación vivida neste acto e non aplicar o verdadeiro sentido da Democracia Participativa.

Expostos todos estes antecedentes, A Comisión de Control do RPC pensamos que existen bastantes argumentos para SOLICITAR:

Convocatoria dun FORO CIDADÁ onde poidamos presentar propostas, debatelas, consensualas e decidir sobre os pasos que hai que dar para avanzar na Participación Cidadá.

Anulación do acordo plenario referente ós ámbitos xeográficos ata o seu debate por parte da cidadanía

• Intervención do Sr. Alcalde para apartar das súas funcións como Concelleiro de Participación Cidadá ao Sr. Vilariño e nomear a outro membro do goberno para este cometido.



Ferrol, a 1 de decembro de 2011.



- Pola Comisión de Control P. de Participación Cidadá.-




- SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL.-


No hay comentarios:

Publicar un comentario