30/1/12

Autoconvocatoria entidades sociais.-

Fixan unha reunión para analizar o

proceso de participación cidadá .

Luns, 30 de Xaneiro de 2012.

redacción > ferrol

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC) invitou a todas as asociacións veciñais e sociais da cidade a participar nunha reunión en réxime de autoconvocatoria para analizar a situación na que se atopan todos os procesos relacionados coa participación cidadá.

Será o próximo día 9 de febreiro ás sete da tarde no local da entidade veciñal de Esteiro e o encontro prodúcese a raíz do foro cívico celebrado o pasado 30 de novembro no centro cultural Carvalho Calero, o primeiro convocado co actual goberno local, que derivou nunha serie de críticas do movemento veciñal e cidadán ao responsable municipal da área de Participación, José Manuel Vilariño.

A Comisión de Control, que xa no seu momento pediu ao alcalde, José Manuel Rei Varela, a destitución de Vilariño, denuncia as constantes negativas do edil a facilitar os informes técnicos dos orzamentos participativos de 2009 e 2010. Ademais, asegura que se alteraron, modificado e suprimido propostas aprobadas pola asemblea de cidade para que fosen incluídas nestes orzamentos, como é o caso dos programas culturais "Culticipando".
Ante esta situación, os integrantes do mencionado organismo de seguimento acusan a Vilariño de "apropiarse e usurpar a democracia participativa", de impedir o desenvolvemento da participación cidadá e de que non existan consignación económica nin calendario para os orzamentos participativos.

A Comisión de Control Provisional formula a convocatoria aberta en atención ás funcións que lle adxudicou o pleno para implantar os órganos do RPC, así como para impulsar os procesos participativos e actualizar os consellos sectoriais.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario