23/1/12

Nova petición entrevista co Alcalde de Ferrol.-

A Comisión de Control P do RPC, mantivo unha autoconvocatoria este pasado xoves-19. Acordamos presentar no Rexistro Xeral municipal a petición de novo dunha entrevista co Alcalde e concelleiro de participación cidadá ante a situación actual do Regulamento de Participación cidadá e pedir informacións dos procesos de ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS para este ano 2012.


Adxuntamos escrito presentado no Rexistro este día 23 de xaneiro:



A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), acordamos solicitar de novo unha XUNTAZA co Sr. Alcalde e Sr. Concelleiro de Participación Cidadá co obxecto de implantar os órganos do Regulamento de Participación Cidadá e impulsar os procesos de Participación.



Lembramos que rexistramos varias SOLICITUDES de reunión co Sr. Alcalde sen recibir resposta algunha.


Esta Comisión de Control acorda que resulta urxente realizar unha xuntanza co fin de tratar a situación actual do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, en concreto no referido a REXISTRO DE CIDADÁNS; CONSELLOS SECTORIAIS; OFICINA DE QUEIXAS E SUXESTIÓNS; COMISIÓN ESPECIAL DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS; VALEDOR DA CIDADANÍA.


Queremos saber como se vai desenvolver o proceso de ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS para este ano 2012 e recibir informacións concretas das partidas económicas dedicadas á concellaría de Participación Cidadá, igual que anos anteriores e como así indica o propio Regulamento Interno de funcionamento desta Comisión de Control P. do RPC.




Ferrol, a 20 de Xaneiro de 2012






Pola Comisión de Control P. de Participación Cidadá.-









- SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL.-


- SR. CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-




No hay comentarios:

Publicar un comentario