A próxima semana comezan as asembleas para
votar as obras dos orzamentos participativos
Domingo, 12 de Setembro
O vindeiro sábado terá lugar a primeira das asembleas de zona nas que se comezarán a votar as propostas que serán financiadas con cargo aos 1.650.000 € reservados ao proceso de orzamentos participativos.
Están chamadas ás urnas un total de 1.068 persoas, que se inscribiron no rexistro de votantes e a estas poderán sumarse aínda as que, momentos antes do inicio destas asembleas, apúntense no mesmo lugar no que se celebrarán.
-A primeira cita será o sábado 18 de setembro, ás 17.30 horas, no local da Asociación de Vecinos de Covas e aí será cando se elixan as propostas das parroquias de Esmelle e Covas.
Neste caso, someteranse a votación un total de 45 propostas de actuación.
-A segunda asemblea, que afecta aos barrios de Ferrol Vello e Canido, terá lugar o venres 24, ás 19.30 horas, no Aula de Ecoloxía Urbana do parque Reina Sofía.
-Ao día seguinte, 25 de setembro, a reunión zonal trasladarase a Doniños-San Xurxo, no local social da segunda entidade, ás 17.30 horas.
-Finalmente, os barrios de San Pablo de Catabois, Santa Mariña e San Xoán poderán votar as súas propostas o día 2 de outubro no pavillón polideportivo do CEIP San Xoán de Filgueira, ás 17.30 horas.
Esta última asemblea de zona aínda está pendente de confirmación do lugar de realización.
Investigación >
Noutra orde de cousas, o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou de que o vindeiro venres, 17 de setembro, o Concello recibirá a visita do sociólogo Ernesto Ganuza Fernández, especialista destacado en orzamentos participativos e coordinador científico da investigación que a nivel internacional levará a cabo o Instituto de Estudos Avanzados (IESA-CSIC) e na que tomarán parte 50 municipios de países de América, Europa, África e Asia, entre os que figura a cidade de Ferrol.
O sociólogo falará ás 7 h. da tarde na biblioteca central da praza de España nun acto aberto á cidadanía no que profundará nos procesos participativos doutras cidades.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario