14/6/10

CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN TÉCNICA MUNICIPAL.-

Unha comisión de 32 membros valorará as

propostas para os orzamentos participativos.

Sábado, 12 de Xuño de 2010
O proceso de orzamentos participativos deu onte un novo paso coa constitución da Comisión Técnica Municipal, cuxos integrantes (un total de 32 traballadores da administración local serán os encargados de analizar a viabilidade técnica, xurídica e económica das propostas que presenten este ano os veciños con cargo á partida de 1.650.000 euros.
Onte celebrouse a reunión constitutiva deste organismo, que estivo presidida polo alcalde, Vicente Irisarri, e na que tamén participou o edil da área, Manuel Santiago.
A comisión técnica coordinará e confeccionará os informes de viabilidade dos proxectos que se presenten ata o próximo 27 de xuño, data na que conclúe o prazo.
Ademais, será a encargada de analizar estes proxectos e cuantificalos nunha primeira fase, axilizando posteriormente a tramitación dos expedientes redactados e detallando, xunto aos veciños, as iniciativas cidadás.
A comisión técnica foi designada o pasado 12 de maio e nela hai representantes das seis áreas de intervención.
O concelleiro Manuel Santiago destacou as modificacións realizadas nesta comisión e que, como explicou, supón un salto cualitativo importante con respecto ao número de membros, xa que triplicou a cifra con respecto á comisión do ano pasado.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario