orzamentos participativos deste ano.
Venres, 18 de Xuño de 2010
Actuacións relacionadas coa mellora e mantemento de viarios, cun total de 169 propostas; a dotación de equipamentos para asociacións, con 84; infraestruturas para a xestión de residuos, con 66; e instalacións sociocomunitarias e deportivas, con 59, son as categorías que aglutinan ata agora o maior número de demandas veciñais a financiar con cargo aos orzamentos participativos deste ano.
Aínda que o prazo de presentación de propostas seguirá aberto ata o próximo 27 de xuño, a día de hoxe xa se presentaron un total de 507.
Esta cifra está por baixo das 1.227 iniciativas rexistradas o ano pasado, pero nesta edición o número de propostas por veciño está limitado a dous, fronte ás seis do exercicio anterior.
Clasificación-
O Grupo Motor dos orzamentos participativos e a área de Participación Cidadá están ordenando as iniciativas para ter unha primeira idea dos tipos de proxectos que se expón e cantos presentáronse por cada barrio.
Neste sentido, Covas encabeza de xeito destacado o ranking con 168 propostas e séguenlle a distancia San Xoán de Filgueira, con 81; San Xurxo, con 72; Esmelle, con 56 e San Pablo de Catabois, con 31.
Na cola da clasificación atópanse Canido e Ferrol Vello, con dez e nove propostas cursadas en cada un respectivamente.
Noutro punto de recollida de propostas, as dependencias municipais da praza de Armas, contabilizáronse 79; e faltan por abrir as urnas dispostas nos locais sociais de Valón, Doniños e Santa Mariña.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario