14/6/10

FORMACION DO GRUPO MOTOR OPs- 2010




orzamentos participativos de 2010.

Viernes, 11 de Junio de 2010
O alcalde, Vicente Irisarri, presidiu onte o acto de clausura das xornadas de formación organizadas polo Concello de Ferrol para dotar aos integrantes do chamado Grupo Motor das ferramentas e coñecementos necesarios para o bo funcionamento do proceso de orzamentos participativos de 2010.

Un total de 50 persoas participaron neste plan de formación que arrincou o pasado 1 de xuño no Centro de Formación da Cámara de Comercio, en FIMO, e que se desenvolveu en catro sesións de traballo que sumaron un total de doce horas.

O papel deste Grupo Motor será o de dinamizar os barrios e parroquias que se beneficiarán ao longo deste exercicio dos 1,6 millóns de euros cos que contan os orzamentos participativos: Ferrol Vello, Canido, San Xoán de Filgueira, San Pablo de Catabois e Santa Mariña, na zona urbana;

San Xurxo, Doniños, Covas e Esmelle, no ámbito rural.

Así, os integrantes deste grupo de traballlo serán os que aproben as normas de funcionamento do proceso, relativas ao sistema de votación e ao desenvolvemento das asambleas.

O edil delegado de Participación Cidadá, Manuel Santiago, lembrou que o prazo de presentación de propostas a financiar con cargo a estes orzamentos permanece aberto ata o vindeiro día 27 de xuño.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario