as actuacións dos orzamentos participativos.
Domingo, 27 de Xuño de 2010
redacción > ferrol
O barrio de San Pablo de Catabois acolleu onte a primeira actuación do programa cultural Culticipando, que consistiu nun pasarrúas a cargo do grupo Aperta.
Culticipando é a primeira das actividades que levan a cabo das seleccionadas polos veciños nos orzamentos participativos de 2009 e que suporá achegar a cultura aos barrios e parroquias do rural cunha vintena de espectáculos que terán lugar todos os sábados ata o 18 de setembro.
Así, San Xoán de Filgueira-O Bertón acollerá o próximo evento do programa, un concerto do grupo Tempo Catro. Santa Mariña, San Xurxo e Doniños, serán as outras zonas de Ferrol nas que se desenvolverá a iniciativa.
Ademais, hoxe é o último día de prazo para presentar novos proxectos para os orzamentos participativos deste ano, que se estenden a Ferrol Vello, Canido, Esmelle e Covas.
Máis de 500 ideas cursáronse ata a data.
De todas as que cheguen ao Concello seleccionaranse 80 para analizar a súa viabilidade e destas escoller finalmente as que se executarán este ano.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario