7/11/09

MESAS DE TRABALLO - SELECCION DE PROPOSTAS.-



As zonas urbana e rural escolleron as
súas actuacións de 2009.





O edil de Participación, o alcalde e a representante do Grupo Motor deron conta dos últimos avances


J. M. REDACCIÓN > FERROL
A enorme acollida dos veciños das zonas urbana e rural de Ferrol traducida na presentación de multitude de propostas para a aplicación dos primeiros orzamentos participativos da historia de Ferrol, con máis de 2.000 iniciativas, non impediu que as mesas de traballo celebradas os pasados mércores e xoves reducísenas a unha selección das consideradas prioritarias.
De todos os xeitos, moitas das iniciativas foron coincidentes, polo que o seu número viuse notablemente mermado; iso si, recibiron máis votos as que foron expostas por maior número de persoas.
De feito, na zona urbana, as 1.227 propostas recibidas quedaron finalmente en 122 tras ser agrupadas, mentres que na zona rural pasouse de 886 a 121.
Curiosamente, non sempre foron as iniciativas con maior número de apoios as que resultaron elixidas pola asemblea de diagnóstico como as prioritarias, dándose ata casos de que pasasen dunha prioridade alta (polo número de apoios totais) a unha baixa (por decisión da asemblea) e viceversa.
É o caso, por exemplo, do complexo social de San Xoán, que a pesar de contar cun único apoio é considerado pola asemblea como de alta necesidade ou o dos locais de ensaio en San Pablo, apoiado por 16 votos, prioridade alta, e considerado de baixa necesidade pola asemblea.
En moitos casos, con todo, coinciden as prioridades, deixando de manifesto as necesidades máis perentorias, tanto na zona urbana como na rural.
Nesta última, o apartado de novas tecnoloxías foi o máis votado e valorado tanto por apoios cidadáns como pola asemblea, dada a urxencia de conectar a contorna rural ás redes de comunicación e internet.
Para os barrios de San Pablo, San Xoán e Santa Mariña, a área de infraestruturas sociocomunitarias foi a máis necesitada de investimento (centro de terceira idade, complexos sociais ou centro de saúde) e a única no que coinciden como de alta prioridade tanto por apoios recibidos como por decisión da asemblea.
Na zona rural, ademais das novas tecnoloxías, as parroquias de Doniños e San Xurxo conceden unha alta valoración as propostas relativas á asistencia sociocomunitaria (programas de atención a maiores e dependentes, descentralización e asistencia social e sanitaria nos locais sociais ou formación para coidar enfermos e persoas dependentes, entre outras).
Así mesmo, considéranse prioritarias as propostas que se refiren a infraestruturas para a xestión de residuos, tanto recollida e baleirado de fosas sépticas como redes de sumidoiros e saneamento, colocación de colectores de reciclaxe ou instalación de fosas ecolóxicas.
Tras a votación do próximo mes por parte dos veciños ligados aos barrios e parroquias afectadas, será o pleno da corporación o que deberá dar o visto e prace ao investimento municipal, con cargo aos orzamentos de 2009, aínda que as actuacións non se executarán ata entrado 2010.
Diario de Ferrol.-

4/11/09

REDE ESTATAL DE PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.-

O goberno local levará a pleno a adhesión do
Concello á Rede Estatal polos Presupostos
Participativos.
· O edil Manuel Santiago explica que Ferrol
e Albacete son as únicas cidades españolas
onde o proceso partiu da cidadanía.
· Avanza que a Mesa de Propostas Urbana inicia
o mércores, no Jofre, a análise das achegas, e a
Mesa Rural, o xoves


Ferrol, 3 de novembro de 2009.-
A Concellería de Participación Cidadá proporá ao Pleno a adhesión do Concello de Ferrol á Rede Estatal polos Presupostos Participativos.
Así o adiantou esta mañá o edil Manuel Santiago, explicando que a Administración Local dispón dun prazo de dous meses para formalizar dita adhesión e inscribirse nun dos cinco grupos de traballo que están abertos na actualidade no marco desta Rede.
Estes son: Formación e Asesoramento, Investigación e Publicación, Comunicación (a través da páxina web http://www.redpresupuestosparticipativos.org/ e dun boletín dixital), Redes estatais e internacionais (para sumarse a outras redes xa existentes de centros cívicos, cidades educadoras, etc.) ou Cidadanía non organizada (para traballar cos cidadáns que non pertencen a ningunha asociación).

Esta decisión foi tomada trala participación, a semana pasada, do edil e da técnica de Participación Cidadá, Manuel Santiago e Maica Rodríguez, respectivamente, nas VII Xornadas Internacionais de Orzamentos Participativos que se celebraron en Sevilla do 28 ao 30 de outubro baixo o lema “Crise global, alternativas desde o local”.
Nelas, o Concello ferrolán participou en diferentes obradoiros e postas en común nas que se expuxeron os modelos de Orzamentos Participativos desenvolvidos na actualidade e que teñen ao de Ferrol e ao de Albacete como os únicos de España que naceron demandadas “desde abaixo”, é dicir, por parte dos propios cidadáns.

Neste senso, o edil Manuel Santiago subliñou que chamou a atención entre os participantes das xornadas o feito de que en Ferrol os Orzamentos Participativos foran impulsados polo Grupo de Análise e Proposta (GAP) e un foro cívico, toda vez que no resto das 40 experiencias que funcionan en España a día de hoxe foran impulsadas inicialmente polos gobernos municipais.
A alta participación rexistrada no proceso (un total de 1.227 propostas e máis de 670 persoas inscritas no Rexistro de Participantes) foi outro dos aspectos que destacaron os participantes nas xornadas de Sevilla, xunto coa elevada participación, tamén, nas asembleas de zona e o papel dinamizador do Grupo Motor.

A proposta de creación da Rede Estatal polos Presupostos Participativos realizouse o pasado ano a petición dos Concellos de Getafe, Córdoba, Sevilla, Santa Cristina d`Aro e a Deputación Provincial de Málaga -a rede tivo o apoio da Rede portuguesa de Orzamentos Participativos, que inclúe a 20 concellos que están xa a traballar con este proceso- e a ela sumáronse ao longo de 2008 máis de 40 municipios de España, que traballaron e elaboraron un documento no que se fixo unha aposta pola democratización participativa como unha nova ferramenta de goberno.

A semana pasada celebrouse a súa segunda asemblea e estableceuse un plan de traballo para 2010 e unha declaración de principios que entende que os Orzamentos Participativos deben ser procesos autorregulados, vinculantes ás decisións que se tomen por parte dos veciños, e universais, cun seguemento de control do proceso e de rendimento de contas. A Rede dispón xa dos seus estatutos e a súa vindeira asemblea está prevista para xuño 2010 en Getafe, onde se fará coincidir coa celebración do Fondo de Autoridades Locais de Periferias Metrópolis Solidarias).

Mesas de Traballo

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, lembrou así mesmo que, tal e como se acordou na reunión celebrada o pasado 14 de outubro, e unha vez rematado o prazo de achega de propostas cidadás para ser financiadas con cargo aos 350.000 euros dos Orzamentos Participativos, iniciarase o traballo das Mesas de Propostas.
Para iso, convocouse para este mércores, 4 de novembro, a reunión da Mesa de Propostas Urbana, correspondente aos barrios de San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira e Santa Mariña.
A da zona rural (parroquias de Doniños e San xurxo) celebrarase este xoves, 5 de novembro. Ambas xuntanzas serán no Teatro Jofre ás 18.00 horas e nelas realizarase un balance do número e tipo de propostas presentadas (un total de 1.227, das que o 72,21% pertencen ao ámbito rural, con 886 propostas, e o 27,79% aos tres barrios urbanos, con 341 propostas).
Todas elas serán ordeadas e someteranse aos criterios de valoración das diagnoses das primeiras asembleas, en función dos principais problemas que se votaron nas reunións celebradas os días 2 e 3 de outubro para coñecer as necesidades e deficiencias máis importantes que se deben solucionar nos barrios que serán obxecto de intervención no proceso de Orzamentos Participativos.

Saúdos;
Gabinete de Comunicación,

28/10/09

EXITO ROTUNDO DE PARTICIPACIÓN.-

A cidadanía presentou 1.227 propostas

para financiar con cargo aos Orzamentos

Participativos en Ferrol



Mércores, 28 de outubro de 2009
O alcalde, Vicente Irisarri, e o Grupo Motor destacan a excelente resposta neste proceso pioneiro en Galicia.
O próximo paso é o inicio do traballo das Mesas de Propostas, convocadas o 4 e 5 de novembro no Jofre

O alcalde, Vicente Irisarri; o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, e a representante do Grupo Motor, Nieves Pérez Díaz, destacaron a excelente resposta da cidadanía ao proceso dos Orzamentos Participativos, pioneiro en Galicia.
A valoración chegaba despois de que o pasado domingo, día 25, se pechase o prazo de presentación de propostas para financiar con cargo á partida de 350.000 euros coa que arrancan os Orzamentos Participativos en Ferrol.

A esta convocatoria os cidadáns e cidadás de Ferrol presentaron un total de 1.227 propostas.

Os primeiros datos sinalan que o 72,21% pertence ao ámbito rural, con 886 propostas das parroquias de Doniños (628) e San Xurxo (258).

O 27,79% restante correspóndese con propostas dos tres barrios urbanos, San Pablo de Catabois (203), Santa Mariña (76) e San Xoán de Filgueira-O Bertón (62).

O seguinte paso, tal e como explicou o edil Manuel Santiago, é precisamente iniciar o traballo de Mesas de Propostas das zonas rural e urbana formadas por un total de 37 persoas trala súa constitución o pasado día 14 de outubro.

Para iso, están convocadas dúas reunións a vindeira semana no Teatro Jofre, que se celebrarán entre as 18.00 e 20.00 horas. A primeira delas será a xuntanza para os membros da Mesa de Propostas urbana, fixada para o mércores 4 de novembro.
Esta representa aos barrios de San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira e Santa Mariña.

A Mesa de Propostas da zona rural reunirase o 5 de novembro e é a relativa ás parroquias de Doniños e San Xurxo.
En ambas xuntanzas realizarase un balance do número e tipo de propostas presentadas neste proceso, procederase á súa ordenación e aplicaranse os criterios de valoración das diagnoses das primeiras asembleas.

Isto farase en función dos principais problemas que se votaron nas reunións celebradas os pasados 2 e 3 de outubro coa finalidade de coñecer as necesidades, deficiencias e problemas máis importantes que se deben solucionar nos barrios que serán obxecto de intervención no proceso dos Orzamentos Participativos.

Aquelas que non resulten seleccionadas para ser financiadas cos 350.000 euros reservados a este proceso incluiranse nun banco de ideas.
Así mesmo, máis de 670 persoas se inscribiron no Rexistro de Participantes dos Orzamentos Participativos.

Todos eles están empadroados nos barrios nos que se levarán a cabo as intervencións que resulten seleccionadas, exercen a súa actividade laboral nestes territorios ou son propietarios neles de vivenda, local ou terreo.

Todos poderán exercer o seu dereito a voto na asemblea que se celebrará o vindeiro mes de decembro coa finalidade de decidir os proxectos que se porán en marcha.


Páxina Web -Ferrol.es

15/10/09


As mesas de propostas analizan as

iniciativas financiables

O Jofre acolleu a primeira reunión das mesas urbana e rural.
JorgeMeis

REDACCIÓN > FERROL
A engrenaxe que levará á aplicación por primeira vez na cidade de Ferrol dos orzamentos participativos continúa o seu ritmo coa constitución oficial das dúas mesas de propostas que onte tivo lugar no teatro Jofre.

Así, establecéronse dúas mesas en representación dos tres barrios da zona urbana e das zonas rurais de San Xurxo, Valón e Doniños.

A primeira está constituída por 17 persoas, elixidas na asemblea que tivo lugar o pasado 2 de outubro.
Os barrios de Santa Mariña (con cinco veciños), San Pablo de Catabois (sete) e San Xoán de Filgueira-Bertón (cinco) contan con representación na mesa.


Pola súa banda, a da zona rural está integrada por 20 persoas de San Xurxo (oito) e Valón e Doniños (12).
Un 43,3% da composición das mesas é feminina e oito dos integrantes son membros do Grupo Motor.
Todos eles serán os encargados de analizar as diferentes propostas que poden presentar e xa se está facendo por parte dos cidadáns ata o próximo día 25 de outubro.
Nesta primeira reunión tomaron parte os integrantes das mesas, o resto dos representantes do Grupo Motor e do Grupo de Análise e Proposta (GAP).
Así mesmo, estivo presente do concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, acompañado pola técnica, Maica Rodríguez, e, nun primeiro momento, do alcalde, Vicente Irisarri.
No encontro de onte analizáronse cuestións relativas ao proceso participativo e asembleario que se está pondo en marcha. Así, analizáronse tanto cuestións de reorganización como os resultados de participación alcanzados e fíxose un chamamento explícito á cidadanía, recordando que nas diferentes entidades veciñais implicadas e no propio Concello pódense entregar as propostas de investimento para os 350.000 euros que estes orzamentos destinan aos lugares seleccionados das zonas urbana e rural.
Cada veciño pode propor ata seis formulacións de investimento, que foron ordenados en seis sectores: social e benestar, lecer e cultura, medio ambiente, infraestruturas, mobilidade, tráfico e transporte, economía e emprego e outros.
Poden afectar a un ou a varios barrios e non deben, en ningún caso, exceder a cifra destinada a tal fin (serán os técnicos os que posteriormente valoren economicamente as propostas seleccionadas).
As votacións terán lugar no mes de decembro e será neste momento cando se restrinxa a participación a aqueles que están inscritos no rexistro destinado a tal fin (que xa supera as 660 persoas).
Só poderán apuntarse e votar os empadroados nestes barrios ou que exerzan alí a súa actividade.
Diario de Ferrol.-

13/10/09

XUNTANZA OPs. NO JOFRE.-

Estimados/as veciños/as,
Continuamos co traballo nesta nova fase de achega de propostas cidadás dentro dos Orzamentos Participativos 2009.
Polo cal, convocamos unha reunión para o próximo mércores 14 de outubro de 18,00 a 20,00 horas no Teatro Jofre, 2º andar (entrada pola porta principal).
O cambio de lugar débese a que neste edificio imos poder custodiar (ordenar e traballar) coas propostas.
Esta xuntanza vai dirixida aos representantes das Mesas de Propostas (rural e urbana), ao Grupo Motor e ao GAP.
É un bo momento para coñecernos e, sobre todo, aproveitar e intercambiar o coñecemento e experiencia das persoas que xa levan máis tempo vivindo o proceso.
Trataremos os seguintes puntos:
- Valoración do proceso asembleario: organización, resultados, participación, etc.
- Accións para reforzar o proceso.
- Datas das seguintes reunións e prazos.
- Mesa de Propostas: obxectivos, xuntanzas e posibles dúbidas a resolver.
Atentamente, Área de Participación Cidadá E DEPORTES.
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar.
15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 /
Móbil: 696.112.691

9/10/09

ADHESIÓN Á REDE ESTATAL DE MUNICIPIOS.-




Ferrol adherirase á Rede Estatal


de Municipios que traballan con


Orzamentos Participativos.

· Unha delegación ferrolá acudirá a Sevilla o 30 de outubro ás xornadas nas que se constituirá esta entidade.

· O edil Manuel Santiago avanza que facilitará o intercambio de información e experiencias entre os municipios

Ferrol, 8 de outubro de 2009.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou esta mañá de que o Concello de Ferrol se adherirá á Rede Estatal de Municipios con Orzamentos Participativos que se vai a constituír. A esta iniciativa sumáronse no 2008 máis de 40 municipios de toda España e a Administración local farao o vindeiro 30 de outubro no marco da celebración, en Sevilla, das VII Xornadas Internacionais de Orzamentos Participativos que se inaugurarán o día 28 deste mes no Centro Cívico Torre del Agua da cidade hispalense.

No marco destes encontros celebrarase unha asemblea constitutiva cun plan de traballo para 2010. Os principais cometidos desta rede serán o impulso de procesos participativos no orzamento municipal, o asesoramento entre a rede e outros concellos e a celebración de encontros formativos e de intercambio de experiencias. A súa constitución é resultado da proposta que o ano pasado fixeron os municipios de Getafe, Córdoba, Sevilla, Santa Cristina d´Aro e a Deputación Provincial de Málaga.

O concelleiro Manuel Santiago e a técnica de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, Maica Rodríguez Freire, asistirán a estes encontros, que se desenvolverán baixo o lema “Crise global, alternativas desde o local”. Ao longo das tres xornadas analizarase a capacidade que ditos orzamentos teñen de mobilizar conxuntamente a autoridades políticas, técnicos da administración e á cidadanía, así como os movementos e iniciativas sociais nos orzamentos participativos.

O alcalde de Sevilla, Alfredo Sánchez, será o encargado de inaugurar os encontros, nos que participarán expertos na materia de Uruguay, dos Concellos hispalense e de Santa Cristina D´Aro e do Observatorio das Prácticas de Participación -deste último organismo asistirá o seu director, Giovani Alegreti-. Así mesmo, haberá diversos obradoiros participativos baseados no autorregulamento dos orzamentos participativos, na inclusión neles de iniciativas e movementos sociais e sectores, nos criterios de xustiza social neste proceso ou na participación infantil no mesmo.

En definitiva, estas xornadas pretenden ser un espazo de reflexión, debate e aprendizaxe colectivo acerca da necesidade de fortalecer as alianzas cos movementos sociais e os sectores tradicionalmente excluídos da sociedade como elemento esencial para profundizar en democracia.


Saúdos; Gabinete de Comunicación.-

7/10/09

APERTURA URNAS - ASEMBLEAS OPs.-


O Concello abre as urnas ás propostas

para os orzamentos participativos.

Onte iniciáronse simbólicamente as primeiras achegas nas urnas nas que se recollen as ideas
REDACCIÓN > FERROL
Unha aposta colectiva de sete persoas para fomentar precisamente a participación cidadá e unha iniciativa para incentivar a xestión forestal e agrícola na zona rural foron onte as dúas primeiras propostas que se depositaron nas urnas, no marco do proceso de orzamentos participativos.


As urnas estarán a disposición da cidadanía ata o día 25 en seis puntos da cidade.

A cita electoral permitirá elixir as actuacións que levarán a cabo con cargo á partida de 350.000 euros destinados aos orzamentos participativos e nela teñen cabida as iniciativas de todos os cidadáns, independentemente de que as intervencións execútense unicamente, neste ano, en seis barrios e parroquias da zona rural e urbana e de que sexan as persoas inscritas (residentes ou con negocios nestas zonas) as que finalmente decidan as actuacións.

Onte, o alcalde, Vicente Iri-sarri, e o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, acompañados da técnica de participación e de representantes veciñais, procederon á apertura simbólica do proceso, que xa tivo as súas primeiras propostas nas reunións que o pasado venres e sábado tiveron lugar na zona urbana e rural.

O rexedor municipal destacou o proceso exemplar no territorio galego e que xa superou o ecuador para poder entrar na recta final, que concluirá en decembro coa presentación ao pleno da corporación das propostas veciñais.

O alcalde comprometeuse a incrementar as cifras de investimento e a acatar a decisión dos cidadáns, indicando que se a cidadanía dí ou que quere facer, iso é ou que se fará.

Neste sentido, recordou que as propostas deben axustarse á contía da que se dispón e ás necesidades da cidadanía, para mellorar a súa calidade de vida.



O responsable de participación cidadá recordou que o proceso estará aberto ata o día 25 nos lugares onde se dispuxeron as urnas, é dicir, o Concello e os locais veciñais de San Xoán, San Pablo, Santa Mariña, San Xurxo, Abrandares Rurais de Doniños e Cruceiro de Valón.

As propostas de investimento poden, ademais, realizarse a través da páxina web municipal (www.ferrol.es), cubrindo a ficha de propostas cidadás que se inclúe no enlace de orzamentos participativos.

Con cada votación, real ou virtual, a persoa ou colectivo recibirá un xustificante de que a súa demanda foi recollida.

Asembleas -




Os primeiros datos sobre as necesidades dos barrios coñecéronse xa nas asembleas da zona urbana e rural celebradas o pasado venres e sábado.

Nos barrios de Santa Mariña, San Pablo e San Xoán as propostas máis votadas inicialmente foron as relativas á carencia de recursos de atención dirixidos ao colectivo de maiores (centro de día, comedor social, unidade de traballo social, centro de saúde), seguidas da escaseza de beirarrúas e o mal estado de conservación, a falta de rede de sumidoiros, mal funcionamento de transporte público e ausencia de limpeza das rúas, entre as máis votadas.

Na zona rural, a maioría dos votos relacionáronse coa ausencia de recollida das fosas sépticas, falta de acceso ás novas tecnoloxías, carencia de recursos de atención dirixidos aos maiores e persoas discapacitadas, accesibilidade das beirarrúas e falta de aparcadoiro nas praias de Doniños e San Xurxo.

Diario de Ferrol.-

4/10/09

PRIMEIRAS ASEMBLEAS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.-

Centros sociais e limpeza de fosas son

as principais necesidades dos veciños.




Un momento da asemblea do pasado venres no polideportivo de San Xoán de Filgueira


carlos carballeira
redacción > ferrol

Os orzamentos participativos entraron nunha nova fase coa celebración este fin de semana das asembleas das cales saíron dúas listaxes cos problemas máis relevantes que teñen as dúas zonas do municipio nas que se porá en práctica esta experiencia piloto: San Pablo de Catabois, Santa Mariña e San Xoán de Filgueira-O Bertón, no ámbito urbano, e San Xurxo e Doniños, no rural.

Preto de medio milleiro de persoas, das 632 ata a data inscritas para poder participar no proceso, apuntaron cos seus votos en que se teñen que investir os 350.000 euros que o Concello dedica a este proceso cidadán.

Deste exercicio de participación democrática resultaron sendas relaciones de carencias nos barrios e nas parroquias implicadas no proceso, as cales agrúpanse áreas: Social e benestar; lecer e cultura; medio ambiente; infraestruturas, mobilidade, tráfico e transporte; economía e emprego, e outros.
A primeira das asembleas, para a zona urbana, tivo lugar o pasado venres no polideportivo de San Xoán de Filgueira.


Tras dúas horas de debate, os veciños de San Xoán, Santa Mariña e San Pablo de Catabois diagnosticaron que son deficitarios en equipamentos sociais, demandando, entre outros, un centro de día, outro de lecer para os mozos e un centro cívico.





A carencia de paseos, zonas de esparcemento e beirarrúas, a necesidade de colectores e papeleiras, insatisfacción co transporte público, a falta de prazas de aparcadoiro para minusválidos e a mellora da seguridade viaria son outras das demandas veciñais.

En materia de economía e emprego, resaltaron que as axudas sociais non son suficientes para o número de familias da zona que dependen delas e pediron talleres de inserción laboral.
Os problemas de convivencia nas vivendas sindicais de San Pablo foi outro dos asuntos que saíu a relucir nesta asemblea na que emitiron o seu voto ao redor de 300 veciños.




Na asemblea das parroquias rurais celebrada onte, o limpado das fosas sépticas e a necesidade de puntos limpos, o apoio social a persoas maiores e discapacitados e o acceso ás novas tecnoloxías foron os problemas máis valorados.






Uns 150 veciños de Doniños e San Xurxo, dos 249 con dereito a voto, déronse cita neste encontro que tivo lugar no local social deste último lugar.
Seguinte paso .-

Estas dúas asembleas serviron para determinar as necesidades e as principais deficiencias existentes nos tres barrios e dúas parroquias ferrolás nos que botarán a andar antes de que finalice o ano os orzamentos participativos.

Este traballo permitirá ademais establecer prioridades para os proxectos de actuación que se presenten ao longo das próximas tres semanas, etapa do proceso que agora comeza.

O prazo para facer chegar as propostas ábrese mañá e pecharase o 25 de outubro.





Unha vez terminado o período de presentación de proxectos, estes ordenaranse e priorizarán nas denominadas Mesas de Propostas, delegacións da zona urbana e da rural cuxos representantes foron elixidos nas asembleas deste fin de semana.





A área de Participación Cidadá fixa para decembro a celebración do pleno da corporación municipal aprobará as intervencións a acometer en San Pablo de Catabois, Santa Mariña, San Xoán, Doniños e San Xurxo con cargo aos orzamentos participativos.

Diario de Ferrol.-


2/10/09

ASEMBLEAS DE ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.-



As asembleas dos Orzamentos Participativos

fixarános principais problemas a suplir nos barrios.



A primeira será mañá ás 19.00 horas no


polideportivo de San Xoán e a segunda,


o sábado ás 18.00 horas en San Xurxo.



Os participantes elixirán aos representantes das Mesas de Propostas, que analizarán os proxectos que se presenten

Ferrol, 1 de outubro de 2009.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou hoxe da celebración das asembleas de Orzamentos Participativos que terán lugar mañá e o sábado. Nos dous casos, servirán para proceder á realización da diagnose dos barrios e parroquias e determinar os problemas máis relevantes destas zonas, así como para elixir aos representantes das Mesas de Propostas, que serán as encargadas de analizar os proxectos que se financiarán con cargo aos 350.000 euros cuxo destino decidirán os veciños.

A primeira das asembleas, a urbana, dará comenzo ás 19.00 horas no pavillón polideportivo de San Xoán de Filgueira, ubicado detrás do CEIP, e nela están inscritas un total de 383 persoas de San Pablo de Catabois, Santa Mariña e San Xoán de Filgueira-O Bertón.


Para a asemblea do sábado, a das parroquias rurais, son 249 as persoas inscritas. A reunión está fixada para as 18.00 horas no local social da Asociación de Veciños de San Xurxo.


Todas estas 632 persoas poderán emitir o seu voto mentres que as que non estean inscritas e/ou pertenzan a outros barrios poderán só participar con voz.

Así mesmo, abrirase novamente o Rexistro para incluír novos votantes de cara ás asembleas que se celebrarán no mes de decembro.


Trátase, tal e como explicou Manuel Santiago, de determinar cales son as necesidades e as principais deficiencias existentes e poder deste xeito establecer prioridades para as propostas presentadas.

Destas asembleas obteranse uns documentos que incluirán ditos problemas e estarán expostos nos sete puntos de información que estiveron funcionando durante o mes de setembro para a posta en marcha do rexistro de participantes dos Orzamentos Participativos.


Son os seguintes:
Barrios e parroquias
Horarios
Enderezos

-San Xoán de Filgueira- O Bertón


Luns a Domingo
11,00 a 22,00 horas
Local da Asociación veciñal San Xoán de Filgueira
Rúa Souto, 11. San Xoán

-San Pablo de Catabois

Luns a Sábado
10,00 a 14,00 horas
17,00 a 21,00 horas
Local da Asociación veciñal San Pablo de Catabois
Rúa Carballo, s/n. San Pablo

Santa Mariña

Luns a Sábados
17,30 a 21,00 horas
Local da Asociación veciñal Santa Mariña do Vilar
O Sino. Santa Mariña


San Xurxo


Martes, mércores e xoves
17,00 a 19,00 horas
Local da Asociación veciñal Río da Ponte
Lugar Río da Ponte. San Xurxo

Doniños

Luns a Sábado
17,00 a 20,00 horas
Local da Asociación de Mulleres Rurais
Lugar de Pereiro, s/n. Doniños


Doniños (Valón)

Luns a sábados
18,00 a 21,00 horas
Local da Asociación veciñal Cruceiro de Valón
Lugar da Torre, s/n. Valón

Concello

Luns a Venres
9,00 a 15,00 horas
Departamento de Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. Ferrol



- As votacións nestas asembleas serán necesarias non só para identificar os problemas dos barrios e parroquias senón tamén para elixir aos representantes das Mesas de Propostas.


Éstas serán dúas -unha delas sairá da asemblea urbana e a outra, da rural- e convertiranse en dúas delegacións das asembleas integradas por entre 10 e 20 participantes nas mesmas.

Reuniranse primeiro por separado para ordenar e priorizar as propostas en función do resultado de cada asemblea e posteriormente terán unha sesión conxunta co obxecto de coñecer as iniciativas de todos os territorios.


Todos os asistentes recibirán unha guía explicativa do proceso, as previsións das actividades e investimentos que o Concello ten previsto realizar co resto do orzamento ordinario e outras administracións nestes cinco barrios.

Neste senso, o concelleiro de Participación Cidadá sinalou que a súa finalidade é que os veciños e veciñas presenten propostas que non estean planificadas con outros fondos.


Saúdos;

Gabinete de Comunicación.-


22/9/09

PARTICIPACIÓN DE 584 VECIÑAS/OS NOS OPs.-

Un total de 584 veciños votarán as propostas

que se financiarán cos Orzamentos Participativos

· O edil Manuel Santiago asegura que a cifra desborda as estimacións e que é posible grazas ao traballo informativo asumido polo tecido asociativo e cidadáns do Grupo Motor.

· Todos os cidadáns de Ferrol poderán achegar as súas propostas de intervención durante o mes de outubro

Ferrol, 22 de setembro de 2009.-
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou esta mañá de que un total de 584 veciños e veciñas se inscribiron no rexistro de participantes do proceso de Orzamentos Participativos.

Na práctica, implica que terán voz e voto para decidir en que obras e servizos se inviste este ano a partida orzamentaria de 350.000 euros coa que nace en Ferrol esta experiencia pioneira en toda Galicia.
A cifra de participación desbordou as estimacións máis optimistas de Concello e Grupo Motor e obrigarán a replantearse as sedes das asambleas que se celebrarán a vindeira semana na zona urbana e rural para realizar un diagnóstico de situación en base ao cal se establezan uns criterios claros para priorizar os proxectos de inversión e elixir aos representantes da mesa de propostas.

Neste senso, Manuel Santiago quixo agradecer e pór en valor o intenso traballo que durante os últimos meses estivo a realizar o movemento asociativo e, particularmente o Grupo Motor, para movilizar á cidadanía.

Así, o único requisito para inscribirse no rexistro de participantes era estar empadroado, traballar ou ter algunha propiedade nos barrios nos que se aprobarán finalmente as actuacións e servizos a financiar con cargo á partida de 350.000 euros: Santa Mariña, San Xoán de Filgueira-O Bertón, San Pablo de Catabois, Doniños e San Xurxo.
Manuel Santiago tamén destacou a altísima participación da zona rural.

Máis ao detalle e tras a comprobación das solicitudes de participación se contabilizaron 353 votantes para a asamblea dos tres barrios urbanos e outras 231 para a asamblea das parroquias rurais.
Agora, o proceso seguirá mañá, cunha xuntanza de Grupo Motor e GAP no local social da asociación de veciños do Cruceiro de Valón, ás 19 horas mañá mércores.
Nela se preparará e organizará a convocatoria das asambleas de barrios dos días 2 e 3 de outubro.
Tras estas, se abrirá un periodo de propostas aberto a toda a cidadanía de Ferrol, residentes ou non nos barrios de intervención. Mais tan só as persoas que teñan unha vinculación -residan, traballen ou posúan unha propiedade- poden votar/puntuar os principais problemas e votar, nunha segunda rolda de asembleas, en decembro, as propostas que se recollan durante outubro.


Saúdos; Gabinete de Comunicación.-

-----------------------------------------------------------
Unhas 600 persoas decidirán o futuro

dos orzamentos participativos.
Nos últimos meses producíronse numerosas reunións informativas

O proceso de orzamentos participativos encara a súa recta final e a implicación superou as expectativas municipais.
Así, tal e como se informou desde a área de Participación Cidadá, durante o prazo aberto para o rexistro de participantes contabilizáronse preto de 600 solicitudes (agora levará a cabo un proceso de depuración co fin de evitar repeticións ou datos incorrectos) para expor ideas de face ao investimento dunha partida orzamentaria de 350.000 euros, que se contempla xa nos orzamentos aprobados de 2009.
Santa Mariña, San Xoán de Filgueira-Ou Bertón, San Pablo de Catabois, Doniños e San Xurxo son os barrios e parroquias que se verán beneficiados (orientativamente recibirán 140.000 euros as zonas rurais e 210.000 os barrios urbanos) e o interese suscitado ha levado a que os veciños empadroados nelas ou que traballen ou teñan algunha propiedade nos mesmas implicáronse de forma notable.

Agora virá o momento de coñecer as propostas dos veciños, e é aquí cando toda a poboación poderá dar a coñecer como investiría ese diñeiro nesas parroquias. Con esta medida, búscase asumir os problemas doutros como propios e construír un proxecto común e que beneficie a toda a cidadanía.

Serán finalmente as persoas que formalicen a súa inscrición no rexistro as que decidan cales das propostas serán unha realidade con contía económica fixada.

Para valorar as iniciativas, levarán a cabo o próximo mes de outubro dúas asembleas diagnóstico, de identificación de problemas e necesidades dos barrios. Unha será na zona rural (Doniños e San Xurxo) e outra na urbana (San Pablo, Santa Mariña e San Xoán-Ou Bertón). Nestas reunións priorizaranse os problemas, co obxectivo de puntuar as futuras propostas cidadás, que terán lugar nunha fase posterior.

Así, calquera veciño poderá presentar até seis iniciativas a estes barrios, pero só as puntuarán quen residan, traballen ou teñan unha propiedade nestas zonas. As propostas recolleranse en outubro e votaranse en decembro. Será tamén nas dúas reunións do próximo mes onde se elixirá aos representantes para a mesa de propostas, unha delegación da asemblea que estudará os proxectos xunto ao persoal técnico municipal, coa finalidade de ordenar as ideas viables (este paso terá lugar en novembro) facilitando o traballo da asemblea.

Puntuación -
As propostas que serán votadas polas preto de 600 persoas que se implicaron no proceso de orzamentos participativos dividiranse segundo refíranse a actuacións de investimento e mantemento ou propostas de actividades e programas.

Deste xeito, para investimento valoraranse con máis puntos as que dean resposta ás necesidades prioritarias non cubertas en materia de infraestruturas e equipamentos, seguidas das que contribúan á calidade de vida na cidade, resolvendo a problemas de mal estado, perigo ou innaccesibilidad xeral ou de colectivos concretos de cidadáns.
Finalmente, outorgaranse até cinco puntos ás que propoñen unha mellora da utilidade social de espazos públicos.

Con respecto ás propostas de actividades e programas, valoraranse polo colectivo ao que van dirixidas, até 20 puntos, (colectivos desfavorecidos, diversidade funcional, idade, etc.) e polo contido do programa, tamén até 20 puntos. Neste caso, as que maior valoración recibirán son aquelas que afecten a máis dun barrio. Xulgaranse con cinco puntos as que promovan valores de integración, diversidade, tolerancia, etc., as que favorezan a creación dun tecido cidadán autónomo e as relativas a un desenvolvemento sustentable e utilidade social de bens e espazos públicos.

As próximas citas serán o dous de outubro, ao sete da tarde, para os barrios urbanos e o día seguinte, ao seis, para as parroquias rurais.


Diario de Ferrol.-

15/9/09

CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN NOS OPs.

Chaman á cidadanía a decidir sobre os

investimentos a realizar nos seus barrios



Un momento da reunión que se celebrou onte no local social de San Xurxo

JORGE MEIS REDACCIÓN > FERROL






O concelleiro Manuel Santiago e as entidades que forman o Grupo Motor no proceso dos orzamentos participativos continuaron onte coa súa rolda de reunións informativas nos barrios e parroquias nos que se estreará, de forma experimental, a iniciativa. Como en anteriores ocasións, a mensaxe foi unha chamada á participación.

Os ferroláns van poder exercer, por primeira vez, como administradores do público, que é de todos.

En virtude do Regulamento de Participación Cidadá que se aprobou a principios deste mes, os veciños dos barrios de Santa Mariña, San Xoán de Filgueira-O Bertón, San Pablo de Catabois e Doniños-San Xurxo poderán decidir que investimentos execútanse.

Contan, iso si, con recursos limitados: o seu orzamento para os próximos dous anos é de dous millóns de euros, dos cales ao presente exercicio correspóndenlle 350.000 euros.
A iniciativa estase dando a coñecer polos barrios pioneiros, coa finalidade de que o maior número de veciños anímese a participar.

Na tarde de onte, o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, acudiu xunto coas entidades e particulares que forman o denominado Grupo Motor aos locais veciñais de San Xurxo e Santa Mariña.

Nelas explicouse que todas as persoas que desexen exercer a súa cota de poder terán que estar empadroadas nos barrios nos que bota a andar a iniciativa ou ben traballar ou ter unha propiedade neles.

Os interesados poden achegarse aos locais sociais do seu respectivo barrio para informarse e deberán inscribirse antes deste venres no Rexistro de Participantes.

Segundo infórmase desde o Concello, nos primeiros días de outubro realizaranse dúas asembleas -unha para as zonas urbanas e outra para as rurais- nas que se realizará o diagnóstico e a identificación de problemas e necesidades.

Despois chegará a fase aberta a toda a cidadanía, na que cada veciño poderá presentar ata seis iniciativas.

Os veciños inscritos antes do venres, é dicir, os que teñen unha vinculación real con cada un dos barrios, serán os que votarán e puntuarán as propostas.

Diario de Ferrol.-

------------------------------------------------------------------


Chamamento para deseñar


orzamentos participativos


O Concello e o Grupo Motor, un dos órganos de interacción dos Orzamentos Participativos, chaman á cidadanía a que se involucre máis na iniciativa que, segundo explicou o Concello de Ferrol, é pioneira en toda Galicia e axudará a mellorar a situación dos barrios da urbe naval.


Segundo explicou o edil de Participación Cidadá, Manuel Santiago, cos Orzamentos os habitantes dos barrios de Doniños, San Xoán de Filgueira, San Pablo, Catabois, San Xurxo e Santa Mariña poderán escoller as melloras para os seus barrios cunha partida orzamentaria de dous millóns de euros nos próximo 24 meses.

Requisitos
O único requisito, tal e como explicou o Concello, é estar empadroado nalgún dos barrios citados ou traballar e ter unha propiedade na zona, ademais de ser maior de 16 anos. Por iso, o edil animou á cidadanía a inscribirse no Rexistro de Participantes antes do venres 18 de setembro.

A partir do mes de outubro os inscritos nos Orzamentos Participativos poderán asistir a dúas asembleas de identificación dos problemas nos distintos barrios da cidade, para así poder actuar sobre eles coa partida orzamentaria asignada para este ano: 350.000 euros.

Todos os cidadáns da urbe poderán presentar a súa proposta de mellora para os distintos barrios citados, pero só os inscritos poden tomar parte na decisión con dereito a un voto nas asembleas que se realizarán no mes de decembro para concretar os puntos de actuación.

Tras as reunións que mantiveron o Concello cos organismos de intervención, GAP e Grupo Motor, para negociar as condicións dos Orzamentos Participativos, chegouse á conclusión de que os principios que deben rexer a iniciativa son o da participación e a solidariedade.

Deste xeito, os barrios que toman parte nos Orzamentos deben comprometerse a tomar os problemas de todas as zonas «como propios e facer un proxecto común para a cidadanía», tal e como asegurou o Concello.

La Voz de Galicia .-


Convocatoria_Preparación de Asembleas_Orzamentos Participativos









Estimados/as veciños/as,

Continuamos co traballo relativo ao proceso de orzamentos participativos; é o momento de preparar e organizar a convocatoria das Asambleas de Barrios dos próximos dias.

A xuntanza do Grupo Motor e GAP será no local social da A.VV. do Cruceiro de Valón, ás 19,00 horas o mércores 23 de setembro.

Trataremos os seguintes puntos:


1 .- Preparación das Asambleas: accións comunicativas de reforzo e difusión para a convocatoria.

2 .- Organización das Asambleas: Selección de persoas coordinadoras de Asambleas, coordinadoras de seguimento do rexistro.

3 .- Contidos e obxectivos da Asamblea: identificación e priorización de problemáticas nos barrios, selección de representantes na Mesa de Propostas e achega de información do prazo de presentación de propostas cidadás.

4 .- Outros temas que xurdan relacionados coa Asamblea e/ou co proceso de OP.


Unha aperta,

Área de Participación Cidadá ,

técnica en Participación Cidadá

Praza de Armas, s/n.

1º andar. 15402 Ferrol

Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691

participacion@ferrol.es

12/9/09

PERIODO DE ALEGACIÓNS.-

O Regulamento de Participación Cidadá
está aberto a aportacións antes da
aprobación definitiva.
- Dende a Concellería de Participación Cidadá infórmase que o Regulamento de Participación Cidadá, que foi a pleno o pasado mes de xullo para a súa aprobación inicial, nunha sesión extraodinaria na que participaron representantes veciñais, está en fase de achegas ate o 29 de setembro.
Esta normativa era publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 25 de agosto, abrindo un prazo de 30 días hábiles para recoller suxestións ao texto.
Todas aquelas persoas e entidades que desexen realizar aportacións ao texto co obxecto de perfilar máis os seus contidos e posterior posta en funcionamento, poden presentar as propostas mediante Rexistro Xeral do Concello de Ferrol.
Finalizada a fase de achegas, realizarase un estudo destas aportacións para continuar coa tramitación para a súa aprobación final no Pleno da Corporación, nunha nova sesión de carácter extraordianario na que se prevé a participación das numerosas entidades que estiveron a traballar neste proxecto dende maio de 2008.
O documento está dispoñible no taboleiro de anuncios de rexistro e na páxina web municipal (http://www.ferrol.es/); igualmente no departamento de Participación Cidadá facilítanse copias do texto e se asesorará a todas as persoas interesadas neste proceso.
O departamento de participación cidadá está emprazado no 1º andar da casa do Concello.
Tamén se poden consultar dúbidas ou concertar citas no 981.944.219 e 981.944.015.

11/9/09

Charla no local social de Valón sobre Orzamentos Participativos.





ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S "O CRUCEIRO" DE VALÓN

Orzamentos Participativos

A Asociación Veciñal do barrio de Valón e o Concello de Ferrol organizan unha charla sobre os orzamentos participativos.

A Asociación de Veciños "O Cruceiro" de Valón e a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol convocan a tódolos veciños do barrio o sábado día 12 de Setembro ás 20 horas a charla sobre os orzamentos participativos.

Dada a importancia do tema, prégase a asistencia de tódolos veciños e veciñas, para que entre todos e todas ver as necesidades dos barrios de Valón e asi poder presentar ante o Concello cuestións como investimentos, obras, adquisicións, servizos e actividades.

Na reunión poderán participar tódalas persoas maiores de 16 anos (conforme di o regulamento).

O presidente da entidade veciñal salienta a importancia da reunión xa que "nesta xuntanza os veciños e veciñas presentes poderán presentar as súas propostas"

Por outra banda, tódos aqueles que se queiran inscribir neste proceso xa o poden facer os Luns, Mércores e Venres de 18 a 20 horas no Local Social ou na propia charla do sábado.

--
AVV "O Cruceiro" de Valón
Tlf:981371272-981370246
asociaciondevalon@gmail.com


http://artabra21.blogspot.com/

8/9/09

APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.- 2 SETEMBRO-2009

Grupo Motor e GAP aproban o

autorregulamento de Orzamentos

Participativos para o 2009


Martes, 8 de setembro de 2009
Acordan o baremo a aplicar para seleccionar as propostas de investimento e de actividades que se financiarán este ano.

Os cidadáns que desexen participar no proceso poden inscribirse xa, e ata o día 18, nos sete Puntos de Información.




O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, deu conta dos principais acordos alcanzados na última sesión de traballo entre o Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta (GAP), órganos de participación que están a guiar o proceso de Orzamentos Participativos no Concello de Ferrol.





2 de Setembro de 2009 - Asoc. Veciñal VALON
Así, Manuel Santiago explicou que na xuntanza celebrada a semana pasada se aprobou o autorregulamento de orzamentos para o 2009 como experiencia piloto; se estableceron os criterios para determinar que propostas se financiarán con cargo á partida de 350.000 euros e se concretaron os horarios dos sete puntos de atención cidadá que se habilitarán na cidade para facilitar cumprida información sobre o proceso, favorecendo por tanto a participación no mesmo.


En relación aos criterios establecidos para a valoración e selección de propostas, Grupo Motor e GAP acordaron establecer unha clara diferenciación entre as propostas de investimento e mantenemento e as propostas de actividades e programas.

As primeiras se valorarán en función de dous aspectos, a súa natureza e a súa contribución para paliar o grao de abandono ou deterioro da zona obxeto de intervención. Segundo cumpra en maior ou menor grao con estes principios, a proposta recibirá unha puntuación de cero a 20 puntos.

En canto ás propostas de actividades e programas, se terá en conta o colectivo ao quen van dirixidas e o seu contido. Como no caso anterior, o grao de cumprimento establecerá unha maior ou menor puntuación cun máximo de 20 puntos.

A continuación, se detalla o baremo acordado:

Para as propostas de investimento (novo ou mantemento)

a) Pola natureza da proposta ata 20 puntos

Puntos
Natureza da proposta

Entre 10 e 20 puntos
Se a proposta supón a atención a necesidades prioritarias non cubertas en materia de infraestructuras e equipamientos, tal e como veñen definidas na planificación municipal, ben sexa pola carencia ou por graves deficiencias das existentes.


Entre 5 e 10 puntos
Se estando cubertas as necesidades básicas na materia á que se refire a proposta, esta contribúe á calidade de vida na cidade resolvendo problemas de mal estado, perigosidade ou inaccesibilidade xeral ou para colectivos concretos de cidadáns.


Entre 0 e 5 puntos
Se non dándose ningunha das circunstancias anteriores a proposta supón unha mellora da sostibilidade e/ou a utilidade social dos bens e espazos públicos.










b) Pola contribución da proposta a paliar o grao de abandono ou deterioro da zona obxecto de intervención, facilite a comunicación con outras zonas, a mellora da súa fisonomía urbana, do súa identidade e personalidade: ata 20 puntos.



Propostas de actividades e programas


a) Polo colectivo a quen van dirixidas as actividades ou programas: ata 20 puntos.
Puntos
Características

5 .-Xénero. Que afecten equitativamente tanto a mulleres como a homes.

5 .-Idade: que afecten a varios sectores da poboación (infancia, xuventude, maiores).

5 .-Colectivos LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais)

5 .-Colectivos desfavorecidos: que melloren a calidade de vida de persoas inmigrantes, paradas, minorías étnicas, etc.

5 .- Diversidade funcional: persoas con algunha disfuncionalidade psíquica, física e/ou sensorial.


b) Polo contido dos programas ata 20 puntos a repartir nos seguintes conceptos:
Puntos
Características
10 .-Por tratarse de actividades e programas comúns que afecten a máis dun barrio.
5 .-Por promover valores de integración, diversidade, tolerancia, interculturalidade e identidade.
5.-Por favorecer a creación dun tecido cidadán autónomo, participativo e comprometido.
5.-Desenvolvemento sostible e utilidade social dos bens e espazos públicos.

Así mesmo, na mesma xuntanza se acordou abrir o rexistro de participantes para aquelas persoas que desexen votas nas asembleas.

O prazo comeza hoxe e se manterá vixente ata o 18 de setembro.
A inscrición se realizará en calquera dos sete puntos de atención habilitados nos cincos barrios establecidos e no Concello, e as persoas que se inscriban poderán levar un resgardo ou comprobante.


A continuación, lugares e horarios:

Barrios e parroquias
Horarios
Enderezos.


San Xoán de Filgueira- O Bertón

-Luns a Domingo-11,00 a 22,00 horas
Local da Asociación veciñal San Xoán de Filgueira-Rúa Souto, 11. San Xoán


San Pablo de Catabois


-Luns a Sábado-10,00 a 14,00 horas17,00 a 22,00 horas
Local da Asociación veciñal San Pablo de CataboisRúa Carballo, s/n. San Pablo


Santa Mariña

-Luns a Venres-19,00 a 22,00 horas
Local da Asociación veciñal Santa Mariña do VilarO Sino. Santa Mariña

San Xurxo

-Martes a Domingo.-16,00 a 21,00 horas
Local da Asociación veciñal Río da PonteLugar Río da Ponte. San Xurxo

Doniños

-Luns a Sábado-17,00 a 20,00 horas
Local da Asociación de Mulleres RuraisLugar de Pereiro, s/n. Doniños

Doniños (Valón)

-Luns, Mércores e Venres-18,00 a 20,00 horas
Local da Asociación veciñal Cruceiro de ValónLugar da Torre, s/n. Valón

Concello

-Luns a Venres-9,00 a 14,30 horas
Departamento de Participación Cidadá Praza de Armas, s/n. 1º andar. Ferrol


Participación Cidadá - Concello de Ferrol.


REGULAMENTO ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.-







Os órganos de intervención aprobaron o


regulamento dos Orzamentos Participativos

Segundo informou onte o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, o Grupo Motor e GAP (Grupo de Análise e Proposta), órganos que están guiando o proceso dos Orzamentos Participativos, aprobaron o regulamento da iniciativa. Na mesma asemblea, que tivo lugar a semana pasada, ambos os organismos tamén estableceron os criterios para determinar a forma de valoración das propostas cidadás, que se financiarán cunha partida orzamentaria de 350.000 euros.

Nesta materia, Grupo Motor e GAP acordaron establecer unha diferenciación entre as propostas de mantemento e as que teña que ver con actividades.
As primeiras proposicións valoraranse en función da súa natureza e a contribución para paliar o grao de abandono do obxecto a intervir.
As ideas que teñan que ver coas actividades sufrirán un proceso parecido, pero se puntuarán en relación ao público ao que vai dirixido e o contido da tarefa.
Ambas as tendencias valoraranse entre 0 e 20 puntos.
La Voz de Galicia.-

2/9/09

OPs.- CONVOCATORIA GRUPO MOTOR E GAP.

Seis barrios acollerán Puntos de Información
cidadá sobre os Orzamentos Participativos

· O Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta pecharán esta tarde un acordo sobre os horarios dos mesmos.

· Na mesma sesión de traballo se establecerán os criterios de selección dos proxectos e as datas das primeiras asembleas

Ferrol, 02 de setembro de 2009.-

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou esta mañá da nova sesión de traballo dos grupos que están a deseñar o modelo experimental de Orzamentos Partipativos -Grupo Motor, dinamizador dos barrios e parroquias obxeto de intervención, e GAP, que definiu o Regulamento de Participación Cidadá hoxe en fase de achegas-.
A xuntanza se celebrará esta tarde, ás 19 horas, no salón de actos da asociación de veciños O Cruceiro de Valón, na parroquia de Doniños.
Trátase dunha sesión moi relevante, xa que se intentará ir pechando as últimas reformas e debates relativos ao Regulamento de Funcionamento de Orzamentos Partipativos 2009.
E, por isto, se tratarán catro puntos claves.

-O primeiro, os criterios de priorización para as propostas que van ser votadas na última asemblea.
Cada barrio e parroquia do Grupo Motor presentará a súa proposta, ao igual que o GAP, que tamén estivo a confeccionar un documento de traballo para expor ao Grupo Motor. En sesións anteriores xa se debatiu sobre a necesidade de incorporar criterios de valoración que garantisen a puntuación de determinadas propostas correctoras de carencias de infraestruturas, servizos ou equipamentos; proxectos que implicasen a varios barrios ou que tivesen unha perspectiva de cidade, ou determinados proxectos dirixidos a equilibrar situacións de desigualdade de colectivos desfavorecidos, entre outros. Na sesión de hoxe se tentará consensuar un listado de criterios e como vai afectar a súa puntuación á valoración das propostas presentadas polos veciños e veciñas.

-Na xuntanza, e como segundo punto da orde do día, tentarse chegar a un acordo sobre que órgano de participación deberá aprobar definitivamente o regulamento.
- Así mesmo, e como terceiro punto, abrirase o debate sobre as achegas realizadas polos diferentes grupos políticos.
E, pechando a sesión, se analizarán os horarios para os sete puntos de información que se van a instalar -un en cada barrio, dous na parroquia de Doniños e un no pazo municipal.

- En relación ao último punto, se achegan os enderezos dos ditos puntos de información:

Barrios e parroquias -- Enderezos

San Xoán de Filgueira- O Bertón / Local da asociación veciñal San- --Xoán de Filgueira, rúa Souto, 11.


San Pablo de Catabois / Local da asociación veciñal San- --- Pablo de Catabois, rúa Carballo.


Santa Mariña / Local da asociación veciñal --- Santa Mariña do Vilar. O Sino.


San Xurxo / Local da asociación veciñal Río Ponte .
--Lugar Río da Ponte.

Doniños / Local da Asociación de Mulleres Rurais. Lugar de Pereiro.

Doniños / Local da asociación veciñal Cruceiro de Valón.
--Lugar da Torre.

Concello / Departamento de Participación Cidadá. Praza de Armas.


Neste senso, nos sete puntos de información e a través da web se vai a abrir o rexistro de participantes con dereito a votar. Calquer veciño pode participar e presentar propostas, mais tan só as persoas que teñan unha vinculación co barrio poderán votar as propostas de inversión e actividade para o seu barrio. Para iso, deberán estar empradroados nos lugares obxeto de intervención -cun mínimo de idade establecida nos 16 anos, traballar nos barrios como empregado ou empresario ou ter unha propiedade nos barrios e parroquias-.

Por último, na mesma xuntanza de hoxe se determinarán as datas das primeiras asembleas, a celebrar previsiblemente durante as primeiras semanas de outubro. Nas mesmas se realizará un diagnóstico dos barrios, que axude a ordear posteriormente as propostas en función dos principais problemas detectados polos veciños e veciñas.


Saúdos; Gabinete de Comunicación

Ante o asasinato de Laura Alonso: Concentración en Ferrol contra a Violencia Machista




Ante o último asasinato machista: a Marcha

Mundial das Mulleres de Ferrol Terra,

convoca unha concentración o Mércores 2 de

Setembro ás 8 da Tarde na Praza do Concello.

A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres, CONVOCA para mércores 2 de setembro ás 20.00 h na Praza do Concello de Ferrol unha concentración en repulsa da violencia machista tras o último asasinato de Laura Alonso en Toen (Ourense) a maos do seu ex-compañeiro.


Esperamos a vosa asistencia


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info/


--
Colectivo Ártabra 21

Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural

Ferrol, Terra de Trasancos e Bezoucos

Blog do Colectivo Ártabra 21

http://artabra21.blogspot.com/