28/3/12

Asemblea CIDADÁ - Praza de España - Porta Nova.-

Ferrol Vecinos piden vetar as obras na praza de España ata o 2015



Dez asociacións queren evitar que se gaste "outro millón de euros".


Escrito por: Xosé V. Gago
ferrol / a voz 28 de marzo de 2012

  Máis dun centenar de persoas acudiron onte á asemblea cidadá convocada por dez asociacións de veciños, Fuco Buxán, a comisión de control provisional do regulamento de participación cidadá e Ártabra 21 para frear as obras proxectadas polo goberno local na praza de España. A reunión, que tivo lugar na mesma praza, buscaba alternativas para frear o proxecto de crear un pulmón verde. Os convocantes aseguran que superará o orzamento previsto de 700.000 euros e alcanzará o millón, «outro máis» a sumar aos once xa gastados desde que hai case dez anos, cumpriranse en maio, iniciásese a reforma da praza.

Na reunión pediuse que non se fagan máis obras ata que acabe o mandato, no 2015.

O directivo da asociación O Rosario-Inferniño, Xosé Mel Sanxoán, anunciou que pedirán unha audiencia co alcalde. Miguel López, da de Esteiro, acusou ao goberno local de «tirar o diñeiro». Ignacio Martínez, de Ártabra 21, tachou o proxecto de «despropósito» e José María Fontao, de Santa Mariña, cualificouno de «disparate»

A versión do goberno local
O edil de Urbanismo, Guillermo Evia, afirmou sobre a protesta que «todo o mundo ten dereito a mostrar a súa opinión e benvidas sexan esas concentracións», pero recordou que non se manifestaron nin tiveron discrepancias cando o goberno anterior (do Partido Socialista) «tirou grandes cantidades de diñeiro na praza». Unha cifra que «cando se faga pública forzaría a algún responsable político a irse se tivese dignidade», sinalou o responsable de Urbanismo que, sen especificar a cantidade, sinalou que os 700.000 euros que pensan investir son «unha cifra inferior á que aínda tiña pendente o anterior goberno para rematar unha obra que non fixo catro anos».

O concelleiro, tras insistir sobre a protesta en que ao final en Ferrol nos coñecemos todos e sabemos onde estamos», reiterou que a el lle toca «cumprir o compromiso cos cidadáns ,que por primeira vez elixiron un goberno con maioría absoluta, e acabar a praza España».

La Voz de Galicia.-

---------------------------

1 comentario: