10/3/12

Asembleas de Barrio e Propostas.-

 Os veciños decidirán en asemblea

69 actuacións prioritarias para os seus barrios.


  

O consello da veciñanza elixirá as propostas que se

incorporarán aos orzamentos participativos do 2013


ferrol 09 de marzo de 2012.
 O concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol, José Manuel Vilariño, anunciou este mediodía que os veciños elixirán en asembleas, que arrincan o luns, dous representantes por cada un dos 23 barrios para conformar o consello da Veciñanza e votarán as tres actuacións que consideren máis prioritarias na súa zona.

Vilariño indicou que, unha vez conformado, o futuro consello será o que decida cales das 69 propostas incorporaranse nos orzamentos participativos do 2013. Vilariño reiterou a vontade do goberno municipal de «potenciar» o proceso de participación cidadá e mostra diso, engadiu, é a próxima constitución do consello da veciñanza, que será o encargado de coordinar o procedemento.

Os veciños de Ferrol iniciarán o luns unha nova rolda de asembleas por barrio para elixir aos seus representantes e as súas actuacións prioritarias, pero nas últimas semanas xa mantiveron unha primeira volta de reunións informativas.

Segundo datos de Vilariño, nas 23 asembleas celebradas ata agora participaron case 1.200 veciños, que supoñen o 1,3% da poboación de Ferrol. «É desexable» que esa porcentaxe suba, destacou o edil.

La Voz de Galicia.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario