13/3/12

ASEMBLEAS DE BARRIO.-

Comeza a 2ª volta das ASEMBLEAS DE BARRIO.

Constituiranse as Asembleas de Barrio coa elección de 2 Vice-presidentes/as.
Elixiranse tamén os 2 representantes de barrio para o Consello da Veciñanza que o Concelleiro de Participación Cidadá quere impulsar para o vindeiro mes de maio.

Estas Asembleas de barrio elixirán 3 propostas entre a veciñanza para trasladar ao concello. Isto non significa que estas Propostas aprobadas sexan vinculantes ao goberno, o contrario co anterior goberno.

Se aprobará un Regulamento Interno de método e funcionamento destas Asembleas de Barrio.

Comezan estas polo barrio de Stª Icía; San Xurxo; A Cabana; San Xoán-Bertón; Brión; Serantes; Caranza; San Felipe; Inferniño; Recimil; A Madalena; Esmelle; A Graña; Esteiro; Doniños; Covas; Ultramar; Canido; Mandiá; Ferrol-Vello; Marmancón; San Pablo; Santa Mariña...

No hay comentarios:

Publicar un comentario