2/3/12

CALENDARIO ENCONTROS INFORMATIVOS NOS BARRIOS.-


COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO R.P.C.

    A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); convocou ao tecido asociativos este pasado día 9 de Febreiro e a unha segunda xuntanza este 29 de febreiro a tarde no local da Asoc. Veciñal de Esteiro coa asistencia de ; A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais.


Esta xuntanza tiña como obxectivo principal facer unha avaliación do estado e aplicación actual do Regulamento de Participación Cidadá e todos os procesos participativos.


Outra xuntanza foi cos grupos políticos da oposición (PSOE; BNG;EU) este pasado día 16 de febreiro na casa do concello, onde realizamos unha análise da situación actual dos procesos participativos que coincidimos en cualificalos como moi grave posto que a participación cidadá tal e como a concibimos non existe. Lembramos que pedimos a intervención do Sr. Alcalde para apartar desta concellaría de Participación Cidadá ao actual titular, Sr. Vilariño.

Tamén lembramos a constante NEGATIVA deste concelleiro de Participación Cidadá en facilitar os informes técnicos ante os repetidos requirimentos da Comisión de Seguimento dos OP,s-2009 e a Comisión de Seguimento dos OP,S-2010.

Presentamos unha pregunta por Rexistro ao goberno local para que nos informe sobre a situación das PROPOSTAS aprobadas pola ASEMBLEA de CIDADE celebrada o pasado 18 de Decembro-2010.

Debatemos as pretensións do Concelleiro de Participación Cidadá e seu concepto de aplicar o regulamento nas Asembleas de Barrio, así como a constitución das mesas, as futuras propostas de Orzamentos Participativos que nada disto decidiu a cidadanía confirmando que non se corresponde ao modelo participativo desta cidade.
Observamos que o propio concelleiro non impulsa o caracter participativo e se limita dar conferencias repetitivas nas Asembleas de barrio as cales están baleiras de debate, formulación de propostas, falta de cantidades orzamentarias ou que órgano de participación van decidir

Non sabemos como se elixirán as propostas de toda a cidade e se van ser vinculantes. Temos dúbidas de que este concelleiro e o goberno local respecte os acordos das Asembleas cidadás por que estamos convencidos de que non cren na cidadanía nin no significado da Democracia Participativa.


Reclamase que a Comisión de Control participe activamente co fin de explicar polos barrios o verdadeiro compromiso alcanzado pola veciñanza a través de noso modelo de Participación Cidadá.


ACORDOS:


   1º- Que ante a obstinada anulación dos procesos participativos por parte do concelleiro de Participación Cidadá analizados todos estes antecedentes, o tecido asociativo e a propia Comisión de Control P. do RPC acordamos a necesidade de facer unha auto –convocatoria do FORO CÍVICO cidadá, inmediatamente despois da 1ª volta destas Asembleas de Barrio, a finais do mes de abril ou primeiras semanas de maio como lugar de formulación de propostas e lugar de debate.

   2 .- Que a Comisión de Control P do RPC faga un calendario de encontros e charlas informativas polos barrios e parroquias sobre o significado e importancia destas Asembleas de barrio, días antes de súas constitucións.

Ferrol, a 29 de Febreiro de 2012.

- A Comisión de Control .-

No hay comentarios:

Publicar un comentario