21/3/12

Convocatoria Asemblea cidadá na Praza de España - Porta Nova-

Unha decena de asociacións veciñais oponse

ao novo proxecto para a praza de España


A mesa de contratación estudará o venres tres ofertas para redactar a proposta final para o espazo


Escrito por: F. Fernández
Ferrol 21 de marzo de 2012

Unha decena de asociacións de veciños de Ferrol e a comisión de control provisional do regulamento de participación cidadá mostraron a súa oposición ao novo proxecto do goberno municipal para finalizar a urbanización da praza de España, que transformará este espazo nun gran parque arboledo e que superará os 700.000 euros de investimento. Mediante un comunicado, as asociacións manifestan que ese diñeiro é «excesivo». De momento, convocaron unha asemblea cidadá aberta para o vindeiro martes 27, a partir das 17.30 horas na mesma praza, para «debater, suxerir e formular propostas» sobre o espazo. As asociacións opositoras son as de Covas, San Xurxo, López Bouza, Esteiro, San Pablo de Catabois, O Rosario- Inferniño, Prioriño, San Xoán-O Bertón, Santa Mariña, Fuco Buxán e colectivo Ártabra 21.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, informou de que a mesa de contratación estudará o venres as tres ofertas que se presentaron ao concurso para redactar o proxecto final para a praza.

La Voz de Galicia.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario