21/3/12

Esta semana 4 Asembleas de barrio.-

Esta semana celebraranse catro novas asembleas de barrio.

Mércores, 21 de Marzo de 2012

redacción > ferrol

Unha vez concluídas as reunións informativas sobre o Regulamento de Participación Cidadá previas á elección dos representantes de cada barrio no Consello da Veciñanza, estase celebrando xa a segunda volta de encontros nos que se entregan as propostas de cada barrio para os próximos orzamentos participativos de 2013 e elíxese aos portavoces no Consello.

Na tarde de onte tivo lugar no local social de Serantes a reunión correspondente a esta parroquia e hoxe será a quenda de San Xoán-Bertón -19.30 horas no local social-. Para o venres convócase aos veciños de Caranza -20.30 horas no centro cívico- e o sábado terá lugar a última asemblea da semana en San Felipe -19.30 horas no local social- .

Pola súa banda, a Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá anima a todos os veciños/as a formular as propostas que consideren oportunas así como as candidaturas para os órganos do seu barrio. Así mesmo, a comisión denuncia que a concellaría de Participación Cidadá non faga unha publicidade diaria -nin nos medios de comunicación nin na páxina web do Concello- sobre as datas de reunións, algo que necesita este proceso constituínte das distintas asembleas de barrio.

A comisión considera que estas son órganos importantes de participación cidadá e fai un chamamento ás entidades sociais de cada barrio ou parroquia co obxectivo de fomentar e enriquecer estes foros de debate no seu ámbito territorial.

Entre as competencias das asembleas de barrio está o fomento de participación directa na xestión municipal de cada barrio, a promoción da colaboración entre entidades e a implicación na toma de decisións sobre investimentos e actuacións.
 
Diario de Ferrol.-
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario