13/3/12

Reclaman a Comisión de Seguimento dos OP,s.-

A AVV de San Pablo urxe a Comisión de

Seguimento dos Orzamentos Participativos.

Martes, 13 de Marzo de 2012.
redacción > ferrol

A Asociación de Veciños San Pablo de Catabois acordou na última asemblea de barrio solicitar a urxente convocatoria da Comisión de Seguimento dos Orzamentos Participativos 2009-2010. A entidade así llo trasladou ao edil da área, José Manuel Vilariño, a quen demandan os informes das propostas aprobadas nos procesos anteriores.

O colectivo asegura que Vilariño recoñeceu na asemblea de barrio celebrada en Canido que o orzamento participativo é un proceso consultivo de formulación de iniciativas sen vinculación por parte do Consistorio e instou a un veciño a presentar como proposta dentro do proceso a reparación da rotura dun tramo da rede de sumidoiros. A AVV criticou esa postura ante unha situación, sinalan, que non admite demora e que entra dentro das actuacións urxentes que debe levar a cabo calquera Concello.
 
Diario de Ferrol.-
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario