2/3/12

REXEITAMENTO GASTO 700.000 €


COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO R.P.C.


      A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais, REXEITAMOS ESTA ACTUACIÓN concreta de investimento de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como vanse investir os 700.000 €.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada a gastar, cando temos nesta cidade outras necesidades máis graves e importantes. Os cidadáns queremos decidir como e en que se vai a gastar o noso diñeiro.

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de caracter social e cultural como charlas , asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por todo isto pedimos que se convoque a Cidadanía para debater este tema concreto da Praza de España, nunha asemblea participativa, onde podamos suxerir, debater, formular propostas para unha cidade mellor.



Ferrol, a 29 de Febreiro de 2012.



- A Comisión de Control .-




No hay comentarios:

Publicar un comentario